Bart Starr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bart Starr
No. 15
Posición:Quarterback
Información persoal
Nacemento:9 de xaneiro de 1934 (85 anos)
Lugar:Alabama Montgomery (Alabama)
Altura:6 ft 1 in (1,85 m)
Peso:193 lb (88 kg)
Información da carreira
Instituto:Montgomery (AL) Sidney Lanier
Universidade:Alabama
NFL Draft:1956 / Rolda: 17 / Pick: 200
Historial de equipos
Como xogador:
Como adestrador:
Premios e galardóns
  • Super Bowl (I , II)
  • 2× MVP da Super Bowl (I , II)
  • 5× Campión da NFL (1961, 1962, 1965–1967)
  • 1× MVP da NFL (1966)
  • 4× Pro Bowl (1960–1962, 1966)
  • 1× Primeiro equipo All-Pro (1966)
  • #15 Retirado por Green Bay Packers
Estatísticas NFL
Intentos de pase:3.149
Pases completados:1.808
Porcentaxe:57,4
TD–Intercepción:152–138
Iardas de pase:24.718
Eficiencia de pase:80,5
Estatísticas en NFL.com

Bryan Bartlett Starr, máis coñecido como Bart Starr, nado o 9 de xaneiro de 1934 en Montgomery, Alabama, e finado o 26 de maio de 2019,[1] foi un xogador e adestrador profesional de fútbol americano estadounidense. Xogou como quarterback para os Green Bay Packers da National Football League (NFL) desde 1956 até 1971. Starr foi un dos dous únicos quarterbacks da historia en liderar ao seu equipo a cinco títulos (1961–62, 1965–67) xunto con Tom Brady (New England Patriots). Starr tamén liderou ao seu equipo á consecución de dúas Super Bowls, a I e a II. Como adestrador dos Packers non tivo tanto éxito, conseguindo un balance final de 52–76–3 (40,8%) desde 1975 até 1983.

Starr foi nomeado como o Xogador máis valioso (MVP) das dúas primeiras edición da Super Bowl, da NFL en 1966, sendo ademais seleccionado catro veces Pro Bowl. Starr posúe o mellor quarterback rating dos playoffs de toda a historia (104,8),[2] tendo conseguido nestas eliminatorias nove vitorias por tan só unha derrota. Starr foi incluído no Salón da Fama do fútbol americano profesional en 1977, e o seu dorsal número 15 foi retirado polos Packers.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Christl, Cliff (26 de maio de 2019). "Packers legend Bart Starr dies at 85". Packers.com (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2019. 
  2. "Pass Rating Career Playoffs". Pro Football Reference (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Claerbaut, David (2004), Bart Starr: When Leadership Mattered, Lanham, MD.:Taylor Trade Publishing ISBN 1-58979-117-7 (en inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.