Saltar ao contido

Jordy Nelson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJordy Nelson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jordy Ray Nelson Editar o valor en Wikidata
31 de maio de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaManhattan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidad Estatal de Kansas Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Peso98 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de fútbol americano (–2019) Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoWide receiver (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2018 Green Bay Packers (wide receiver)
2018–2018 Las Vegas Raiders

Sitio webjordynelson.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: JordyNelson87 Twitter: JordyRNelson Editar o valor en Wikidata

Jordy Ray Nelson, nado o 31 de maio de 1985 en Manhattan, Kansas, é un ex xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xogou na posición de wide receiver para os Green Bay Packers e os Oakland Raiders da National Football League (NFL). Formado na Universidade de Kansas State, onde gañou múltiples galardóns, foi elixido no Draft da NFL de 2008 no posto número 36 polos Packers. Está considerado por algún analistas deportivos como un dos poucos wide receivers de elite da liga.[1][2][3][4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nelson asistiu ao Instituto Riley County en Riley, Kansas, onde xogou ao fútbol americano para os Falcons. A súa posición durante o seu ano sénior era de quarterback, onde completou o 62% dos seus pases para 1.029 iardas e 8 touchdowns. Tras o seu paso pola escola secundaria, Nelson acudiu á Universidade Estatal de Kansas, onde xogou para os Wildcats de 2003 a 2005. Tras acabar o seu periplo universitario foi seleccionado polos Green Bay Packers na segunda rolda (posto 36) do draft de 2008, asinando o 17 de xullo contrato co equipo. En 2014 renovou o seu contrato 4 anos máis por un valor de 39 millóns de dólares, con 11,5 millóns de bonus por firmar e 14,2 millóns garantidos. Cos Packers, Nelson logrou gañar a Super Bowl (XLV) fronte os Pittsburgh Steelers por 31-25.

  1. Smith, Michael David (August 8, 2012). "Packers’ coaches consider Jordy Nelson "an elite receiver"". profootballtalk.nbcsports.com. 
  2. Wesseling, Chris (10-10-2013). "Dez Bryant climbing ATL's wide receiver rankings". NFL.com. 
  3. "Brady Poppinga: Packers’ Jordy Nelson Is Best Wide Receiver In NFL". 20-11-2014. 
  4. Imig, Paul. "Dynamic duo: Green Bay Packers' Randall Cobb, Jordy Nelson among league's best WR pairs". 
  5. "FBF BREAKDOWN: Jordy Nelson". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]