Reggie White
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1961 Chattanooga, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 26 de decembro de 2004 (43 anos) Cornelius, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | Arritmia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Carolina do Norte | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Baptismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Howard School of Academics and Technology (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 136 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensive end (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Reginald Howard White, nado o 19 de decembro de 1961 en Chattanooga (Tennessee) e finado o 26 de decembro de 2004, foi un xogador profesional de fútbol americano estadounidense que se desenvolvíaa na posición de Defensive end. A maior parte da súa carreira xogou para os Philadelphia Eagles e os Green Bay Packers da National Football League (NFL), aínda que tamén formou parte durante unha temporada dos Carolina Panthers. Co equipo de Green Bay conseguiu gañar a súa única Super Bowl (XXXI).
A nivel universitario formouse na Universidade de Tennessee, onde foi recoñecido como All-American. Despois de xogar dúas temporadas como profesional para os Memphis Showboats da United States Football League (USFL), foi seleccionado na primeira rolda do Draft suplementario da NFL de 1984. Tras unha carreira de 15 temporadas, converteuse nun dos xogadores máis premiados na historia da competición. Durante a súa carreira profesional foi tamén coñecido por ser ordenado ministro evanxélico, o que levou a que fose coñecido co alcume de "the Minister of Defense" (do inglés: o Ministro de Defensa).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reggie White. Minister of Defense". 1983 Football Program - UT vs Georgia Tech (en inglés). 22-10-1983. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 05-07-2017.