Brett Favre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brett Favre
No. 4
Posición:Quarterback
Información persoal
Nacemento:10 de outubro de 1969
(54 anos)
Lugar:Mississippi Gulfport, Mississippi
Altura:6 ft 2 in (1,88 m)
Peso:222 lb (101 kg)
Información da carreira
Instituto:Kiln (MS) Hancock NC
Universidade:Southern Miss
NFL Draft:1979 / Rolda: 2 / Pick: 33
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XXXI)
  • 3× MVP da NFL (1995–1997)
  • 11× Pro Bowl (1992, 1993, 1995–1997, 2001–2003, 2007–2009)
  • 3× Primeiro equipo All-Pro (1995–1997)
  • Xogador ofensivo do ano (1995)
  • #23 Retirado por Green Bay Packers
Estatísticas NFL
Intentos de pase:10.169
Pases completados:6.300
Porcentaxe:62,0
TD–Intercepción:508–336
Iardas de pase:71.838
Eficiencia de pase:86,0
Estatísticas en NFL.com

Brett Lorenzo Favre (AFI: [ˈfɑːrv]  ( escoitar)), nado o 10 de outubro de 1969 en Gulfport, Mississippi, é un ex xogador profesional de fútbol americano estadounidense que xogaba na posición de quarterback. A maior parte da súa carreira xogou para os Green Bay Packers da National Football League (NFL), aínda que durante os seus 20 anos na competición tamén formou parte dos Atlanta Falcons, New York Jets e Minnesota Vikings. Favre foi o primeiro quarterback da historia da NFL en superar os 500 pases de touchdown, as 70.000 iardas de pase, os 6.000 pases completos e as 10.000 tentativas de pase.[1][2][3]

Favre foi o quarterback titular da Universidade de Southern Mississippi durante catro anos, sendo posteriormente seleccionado na segunda rolda do Draft da NFL polos Atlanta Falcons (33º posto). Tras finalizar a súa primeira temporada, foi traspasado aos Green Bay Packers en troques dunha elección de primeira rolda (a 19º) do Draft de 1992. Tras catro partidos co equipo de Wisconsin, Favre fíxose coa titularidade ao substituír a un mancado Don Majkowski, sendo desde ese momento até 2007 titular en todos os partidos de liga.[4] En 2008 foi traspasado aos New York Jets, onde foi titular até que o 18 de agosto de 2009 é de novo traspasado, esta vez aos Minnesota Vikings, onde seguiu a ser titular. Isto fai que Favre posúa o récord de titularidades consecutivas na NFL con 297 (321 se se inclúen os playoffs).

Favre é o único xogador en gañar o título de Mellor xogador da NFL (MVP) en tres anos consecutivos, alén dun dos únicos seis quarterbacks en conseguilo para despois ser o MVP da Super Bowl. A nivel colectivo, gañou oito títulos de división (1995, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2007, 2009), cinco títulos da Conferencia NFC (1995, 1996, 1997, 2007, 2009) e dúas aparicións na Super Bowl (XXXI e XXXII), gañando a primeira delas. Alcumado "The Gunslinger", Favre foi introducido no Salón da Fama do Fútbol Profesional de 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "All-Time Leaders QB Pass Completions". Pro Football Reference. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  2. "All-Time Leaders QB Pass Attempts". Pro Football Reference. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  3. "All-Time Leaders QB Pass Yards". Pro Football Reference. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  4. Thompson, Ted (4 de marzo 2008). "Favre Informs Thompson He Intends To Retire". Green Bay Packers. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2007. Consultado o 18 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]