Francisco Lamas López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Lamas López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Mortefebreiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Lamas López, nado en Lugo en 1905 e finado en Madrid en febreiro de 1987, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Lamas Díaz e Manuela López Vázquez. Orfo de pai aos nove anos, ten que poñerse a traballar. Xa desde unha idade moi temperá se tiña iniciado na lectura dos autores clásicos galegos, fundamentalmente Rosalía de Castro, cuxos versos lía xunto cun grupo de amigos en reunións arredor da muralla de Lugo. Esta paixón inicial polos clásicos motivou a invitación para impartir unha conferencia organizada pola Asociación de Estudiantes del Instituto de Lugo (que titulou “Rosalía de Castro y Curros Enríquez”) cando tiña só dezaseis anos. Pouco despois iniciou a súa traxectoria no mundo do xornalismo e as colaboracións en periódicos como La Provincia, revistas e proxectos editoriais, época á que se fai referencia nas súas memorias:

Al mundo de la prensa le debo el contacto con lucenses como Aquilino Iglesia Alvariño, Anxel Fole, José Gayoso, y Álvaro Cunqueiro, entre otros. Los influjos de la Institución Libre de Enseñanza, matizados por un sentimiento galleguista intenso, serían nuestros cimientos ideológicos y, aunque con los años sacudidas violentas habrían de debilitar la fuerza con que declarásemos, no lo hicieron sobre la firmeza de los mismos. Defendíamos la fuerza de la vida sobre la tragedia que constituye el triste éxodo de exisitir, y la vuelta a los cauces biológicos desde el desequilibrado aturdimiento del romanticismo mórbido que caracterizó la literatura y la filosofía del siglo XIX. Defendíamos el equilibrio entre un sentido humanístico de la religión y la búsqueda de la verdad a través del conocimiento, y nobleza e idealismo como respuesta a la blasfemia biológica que es atribuír toda felicidad al sentido social y materialista de la vida.

En 1931 participou, xunto con Lorenzo Varela e outros intelectuais lucenses, na fundación do Ateneo Popular de Lugo, do que foi nomeado secretario primeiro, mais o proxecto non chegará a bo termo, sinalando Lamas, entre outros factores, a desidia e a indiferenza manifestadas polos propios socios. O Ateneo xogaba un papel oposto ao do Círculo de las Artes, cuxas actividades culturais e membros considerábanse en exceso institucionalizadas e burocratizadas. Neste momento o grupo do Ateneo comezou a organizar algunhas actividades xunto con grupos culturais (formais ou non) de Santiago de Compostela.

Colaborou e impulsou diferentes empresas do eido cultural, participou con Ánxel Fole, Xosé Gayoso Veiga e outros autores do grupo lugués en proxectos como Guión e Yunque, que codirixiu xunto con Fole. Xunto con eles un grupo de escritores e xentes do mundo das artes lucenses comezaron a pór en marcha diversas iniciativas culturais (cine-club, conferencias...).

Sobre Yunque comenta Lamas López nas súas memorias:

...Yunque, la primera publicación decididamente izquierdista de Lugo. Al menos así nos presentamos el 24 de Mayo de 1931 cuando nos separamos de Guión, en estes números que algunos dudan que existan, y que mis manos acarician hoy con la nostalgia impotente ante lo perdido. Textualmente nos definíamos como un periódico político y social dirigido a modificar el tono conservador que se pretendía imponer a la República Española y timonearla decididamente con rumbo de izquierda.

No eido político organizou Acción Republicana, foi secretario de Izquierda Republicana e alcalde de Lugo xusto antes do estoupido do levantamento militar que conduciu á guerra civil. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de xullo e ingresou no cuartel de San Fernando con Roberto Ouro e despois na cadea. Xulgado en Lugo en consello de guerra acusado de traizón, foi condenado a cadea perpetua e multa mancomunada de 1,5 millóns de pesetas. Conmutada a 30 anos, estivo preso no Fuerte San Cristóbal de Pamplona dende o 23 de decembro de 1936 ata o 31 de decembro de 1941 cando saíu en liberdade provisional.[1] Instalouse como médico privado en Vilagarcía de Arousa.[2] Logo foi profesor do Instituto Cajal (1947-1948), da Facultade de Medicina (1956-1959) e da Escuela de Terapia Ocupacional. Colaborador en distintos medios de comunicación, foi autor dos traballos El medio ambiente en el hospital de hoy e El médico ante la frontera de la muerte.


Predecesor:
Camilo López Pardo
 
Alcalde de Lugo
 
1936
Sucesor:
Juan Yáñez Alonso

Obras[editar | editar a fonte]

Escribiu traballos médicos para revistas, entre os que destacan "El hospital, la medicina y la evolución del pensamiento social", "Meditación de un médico en tomo al hoy del hombre" e "El médico ante la frontera de la muerte".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Melián, Elvira M. (2006). Do Castro, ed. Para los que no vieron. Francisco Lamas López, memorias del alma lucense republicana. Sada. ISBN 84-8485-217-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]