Xosé Novo Freire
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de outubro de 1928 A Coruña |
| Morte | 27 de xaneiro de 2012 Lugo |
| 1979 – 1983 – Vicente Quiroga Rodríguez → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Oviedo |
| Actividade | |
| Ocupación | político, avogado |
Xosé Novo Freire, nado na Coruña o 25 de outubro de 1928 e finado en Lugo o 27 de xaneiro de 2012, foi un avogado e político conservador galego, alcalde de Lugo entre 1979 e 1983.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo en 1956. Foi membro da xunta de goberno do Colexio de Lugo durante máis de dez anos. Foi o primeiro alcalde democrático de Lugo (1979, nas listas de UCD) e, posteriormente, un dos membros da executiva de Coalición Galega. Foi tamén director de Cáritas Diocesana en 1971 e promotor de Preescolar na Casa (1977).
Na súa labor de alcalde lucense destacou a creación das zonas residenciais da Piringalla e Garabolos, así como a recuperación do parque de Rosalía de Castro.
| Predecesor: Jesús Ibáñez Méndez |
Alcalde de Lugo 1979 - 1983 |
Sucesor: Vicente Quiroga |