Roberto Ouro Vázquez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xuño de 1900 Palas de Rei, España |
| Morte | 30 de outubro de 1975 A Coruña, España |
| 25 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Pai | José Ouro Arias |
| Irmáns | Gumersindo Ouro Vázquez |
Roberto Ouro Vázquez, nado en Palas de Rei o 7 de xuño de 1900 e finado na Coruña o 30 de outubro de 1975, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Ouro Arias, licenciouse en dereito. Militou na ORGA e presentouse ás eleccións xerais de 1933 pola candidatura de esquerdas, pero non resultou elixido. Ingresou en Izquierda Republicana e nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Fronte Popular. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de xullo e ingresou no cuartel de San Fernando con Francisco Lamas López. O 24 de abril de 1937 foi conducido ao cárcere de Cáceres. Expedientado por responsabilidades civís e políticas, foi desterrado a Las Hurdes, onde pasou case tres anos, e multado con máis de 250.000 ptas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "OURO VÁZQUEZ, Roberto". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 59. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
- Souto Blanco, Mª Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). Sada: Do Castro. p. 144. ISBN 84-7492-891-5.