Joaquín García Díez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Joaquín María García Díez, nado o 16 de setembro de 1954 en Ferrol, é un político e biólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Bioloxía e militante do Partido Popular de Galicia, comezou a súa carreira como director do Instituto Lucense para o Desenvolvemento Económico e Social.

En 1990 dá o salto á administración autonómica ao ocupar a secretaría xeral da consellería de Agricultura durante un ano. En 1991 presentouse como candidato a concelleiro dentro das listas municipais do PPdeG en Lugo, saíu elixido, e encargouse da primeira tenencia de alcaldía no equipo de Tomás Notario Vacas. Nas municipais de 1995 encabezou a lista do PPdeG e conseguiu a alcaldía da cidade das murallas, posto que ocupou durante catro anos.

En 1999 abandonou o cargo, e foi substituído polo seu concelleiro Ramón Arias Roca nas listas electorais, e polo socialista Xosé Clemente López Orozco na alcaldía. Regresou á administración autonómica, como secretario xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ata 2004, data en que concorreu como segundo candidato do PPdeG ás xerais de 2004. Saíu elixido deputado no Congreso e en 2008 presentouse á reelección, desta volta como cabeza de lista dos populares. Saíu elixido de novo, ao igual que en 2011


Predecesor:
Tomás Notario Vacas
Escudo Lugo.jpg
alcalde de Lugo

1995-1999
Sucesor:
Xosé Clemente López Orozco

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]