Eduardo Rosón López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Eduardo Rosón López
Eduardo Rosón López 1923.jpg
Nacemento 1879
  Becerreá
Nacionalidade España
Ocupación avogado e político
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Rosón López, nado en Becerreá en 1879, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu a avogacía en Lugo en foi decano do Colexio de Avogados. Foi gobernador civil de León, Ourense (1921-1922), Burgos e Oviedo (1930). Presidiu a Federación Católica Agraria de Lugo a principios dos anos vinte. Foi deputado provincial. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Lugo en xaneiro de 1925, e elixido alcalde o 13 de xaneiro.[1] Permaneceu no cargo até que foi destituído a finais de marzo de 1927.[2] Foi iniciativa súa a celebración en Lugo do Congreso de Economía Gallega os días 7 e 8 de outubro do 1925.


Predecesor:
Ramón Saavedra Salgado
 Escudo de Lugo 3.svg
Alcalde de Lugo
 
1925 - 1927
Sucesor:
Ángel López Pérez

Escribiu artigos dedicados á agricultura e varios folletos, entre eles El ferrocarril de Ribadeo a El Bierzo (1928).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Lucia Espinosa de la Iglesia. Foi tío de Antonio Rosón Pérez.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 14-1-1925, p. 4.
  2. El Regional, 29-4-1927, p. 2.