Alcaldes de Lugo
O alcalde de Lugo é a máxima autoridade política do Concello de Lugo. De acordo coa Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral[1] (actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Lugo con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas. É proclamado electo o candidato que obtén a maioría absoluta dos votos. Se ningún deles obtén esta maioría é proclamado alcalde o concelleiro que encabeza a lista máis votada.
Eleccións municipais de 2023
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 2023 presentáronse as seguintes candidaturas, das que só tres conseguiron representación na corporación.[2] Lara Méndez, do PSdeG-PSOE, foi escollida alaldesa cos votos do seu partido e do BNG.
Candidatura | Votos | Porcentaxe | Concelleiros | Corporación
anterior |
---|---|---|---|---|
Partido Popular (PP) | 21.459 | 43,59% | 12 | 10 |
Partidos dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) | 13.641 | 27,71% | 8 | 8 |
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 9.810 | 19,93% | 5 | 5 |
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (C's) | 1.349 | 2,74% | 0 | 2 |
Vox (VOX) | 1.141 | 2,32% | 0 | 0 |
Podemos-Esquerda Unida (PODEMOS-EU-AV) | 713 | 1,45% | 0 | 0 |
Contamos-Galicia Sempre-Partido Galego (CONTAMOS Ga.S GLG) | 389 | 0,79% | 0 | 0 |
Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) | 160 | 0,33% | 0 | 0 |
A actual corporación municipal lucense está composta por 25 concelleiros e o alcalde da cidade, dende 2025, é Miguel Fernández Méndez do PSdeG-PSOE. Paula Alvarellos accedeu á alcaldía cando Lara Méndez renunciou á acta de concelleira para se presentar ás eleccións de 2024 ao Parlamento de Galicia.[3] Alvarellos faleceu en mazo de 2025 e foi sucedida na alcaldía polo actual rexidor.
Alcaldes de Lugo dende a Restauración
[editar | editar a fonte]Alcaldes de Lugo a partir do período democrático (1979 en adiante)
[editar | editar a fonte]Período | Imaxe | Nome | Partido | Notas |
---|---|---|---|---|
1979-1983 | Xosé Novo Freire | UCD | ||
1983-1991 | Vicente Quiroga Rodríguez | Coalición Popular | En 1987, presentouse pola CPG. | |
1991-1995 | Tomás Notario Vacas[4] | PP | 2º mandato; 1º na democracia. | |
1995-1999 | Joaquín María García Díez[5] | PP | ||
1999-2015 | ![]() |
Xosé Clemente López Orozco | PSdeG-PSOE | |
2015-2024 | ![]() |
Lara Méndez López[6] | PSdeG-PSOE | Nas eleccións municipais de 2015 ía no segundo posto da lista do PSOE; converteuse en alcaldesa logo da renuncia do número 1, Xosé Clemente López Orozco. |
2024- 2025 | Paula Alvarellos[7] | PSdeG-PSOE | Foi nomeada alcaldesa de Lugo o 18 de xaneiro de 2024, despois da dimisión de Lara Méndez para se presentar ás eleccións ao parlamento de Galicia. | |
2025- | Miguel Fernández Méndez[8] | PSdeG-PSOE | Accedeu á alcaldía o 11 de marzo de 2025 após o falecemento de Paula Alvarellos. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General" (PDF). boe.es (en castelán). 19 de xuño de 1985. pp. 68–69. Consultado o 21 de agosto de 2020.
- ↑ "Mapa Electoral". infoelectoral.interior.gob.es (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ Redacción (12 de xaneiro de 2024). "Lara Méndez deixa oficialmente a Alcaldía de Lugo: "Marcho orgullosa"". Nós Diario. Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
- ↑ Redacción (26 de decembro de 2009). "Fomento entregará hoy la Medalla al Mérito en el Trabajo al ex alcalde de Lugo Notario Vacas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ Uz, Carmen (5 de maio de 2024). ""Me hubiera gustado acabar lo que empecé, pero lo digo sin rencor, la decisión fue mía"". El Progreso (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2024.
- ↑ Seijo, Pepe (23 de xullo de 2018). "Orozco afirma que “siempre” estará en política, aunque renuncia a volver a “un cargo institucional”". cadenaser.com. Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
- ↑ Uz, Carmen (18 de xaneiro de 2024). "Alvarellos asume hoy la alcaldía con el reto de recomponer y de afianzar el gobierno". El Progreso (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024.
- ↑ RAC (12 de marzo de 2025). "Miguel Fernández es investido como nuevo alcalde de Lugo". La Opinión (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2025.