Tomás Notario Vacas
Tomás Notario Vacas | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1926 |
Córdoba, Arxentina | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e enxeñeiro de camiños |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tomás Notario Vacas, nado en Córdoba (Arxentina) o 22 de agosto de 1926, é un político galego de tendencia conservadora.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É doutor enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. Desempeñou distintos postos na Administración do Estado entre os anos 1957 e 1991. Dirixiu diversas obras hidráulicas e de estradas en lugares de Galicia e de España, como a ponte sobre o río Miño que cruza a estrada de Santiago ao seu paso pola cidade de Lugo.
Foi alcalde de Lugo de febreiro de 1976 a outubro de 1977 e desempeñou o cargo de procurador en Cortes en representación dos municipios de Lugo entre marzo de 1976 e xuño de 1977. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia e foi elixido alcalde de Lugo de xuño de 1991 a xuño de 1995. Baixo o seu mandato, derribouse o Gran Teatro de Lugo en 1992[1].
Predecesor: Víctor Basanta Varela |
![]() alcalde de Lugo 1976 - 1977 |
Sucesor: Jesús Ibáñez Méndez |
Predecesor: Vicente Quiroga |
![]() alcalde de Lugo 1991 - 1995 |
Sucesor: Joaquín María García Díez |
Distincións[editar | editar a fonte]
En 2010 recibiu a Medalla ao mérito no traballo.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Gran Teatro cumpliría 80 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-05-24. Consultado o 2020-05-25.
- ↑ Nova na páxina web do Goberno de España (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha como Procurador en Cortes
- Entrevista a Notario Vacas en El Progreso o 14 de decembro de 2009. (en castelán)