Fernando Pedrosa Roldán
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de novembro de 1923 Melilla |
| Morte | 16 de xullo de 2004 Pontevedra |
| 1986 – 1987 ← Xavier Suárez-Vence – Antolín Sánchez Presedo → | |
| 1974 – 1976 ← Manuel Arroyo Quiñones | |
| 11 de novembro de 1971 – 14 de decembro de 1973 – Antonio Pol → Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
| 6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
| 27 de decembro de 1966 – 15 de novembro de 1967 ← Antonio Quintana Peña Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
| 1966 – 1973 ← Antonio Quintana Peña – Antonio Pol → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Fillos | Juan Luis Pedrosa |
| Premios | |
Fernando Pedrosa Roldán, nado en Melilla o 26 de novembro de 1923 e finado en Pontevedra o 16 de xullo de 2004,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de militar. Rematou o bacharelato en Lugo e desde esta cidade fixo a carreira de Dereito por libre na Universidade de Santiago de Compostela (1943-1947). En 1953 ingresou no Corpo Nacional de Interventores da Administración Local. Asesor Inspector de Corporacións Locais. Foi alcalde de Lugo[2] (1966-1973), Secretario xeral da Dirección Xeral de Administración Local e gobernador civil de Pontevedra (1974-1976)[3] durante o franquismo.
Foi interventor da Deputación de Pontevedra (1977-1986) e conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (1986-1987).[4] En 1989 foi nomeado director-xerente do Centro Provincial de Asesoramento Municipal da Deputación de Pontevedra.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil en 1969.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Teresa Fernández Martínez e foi pai de Álvaro, Juan Luis, Teresa e José Ignacio Pedrosa Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-7-2004, p. 67.
- ↑ Redacción (11 de xaneiro de 2016). "Nuevo alcalde en Lugo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021.
- ↑ "REAL DECRETO 1293/1976, de 6 de junio, por el que se dispone el cese de don Fernando Pedrosa Roldán como Gobernador civil y Jefe provincial de Pontevedra" (PDF). boe.es (en castelán). 7 de xuño de 1976. Consultado o 2 de decembro de 2021.
- ↑ González Ibáñez, Juan (5 de novembro de 1986). "Fernández Albor recupera a varios ex consejeros para su nueva Xunta". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "PEDROSA ROLDÁN, Fernando". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 104. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Antonio Quintana Peña |
Alcalde de Lugo 1966 - 1973 |
Sucesor: Antonio Pol González |
| Predecesor: Xavier Suárez-Vence |
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas 1986-1987 |
Sucesor: Antolín Sánchez Presedo |