Martín Eliodoro Rúa López
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1834 valor descoñecido |
| Morte | 23 de febreiro de 1917 Lugo |
| 1883 – 1888 – Francisco Hermida Noya → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Martín Eliodoro Rúa López, nado en 1834 e finado en Lugo o 23 de febreiro de 1917[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procurador, foi o primeiro decano do Colexio provincial de procuradores de Lugo. Foi nomeado alcalde de Lugo en xuño de 1883. Volveu ser nomeado alcalde en xullo de 1885. En 1888 presentou a dimisión.
| Predecesor: Manuel Valcárcel |
Alcalde de Lugo 1883 - 1888 |
Sucesor: Francisco Hermida Noya |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Norte de Galicia, 24-2-1917, p. 3.