Camilo López Pardo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1895 valor descoñecido |
| Morte | 7 de maio de 1963 Lugo, España |
| 1934 – 1936 ← Carlos Vázquez Fernández-Pimentel – Francisco Lamas → | |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
Camilo López Pardo, nado cara a 1895 e finado en Lugo o 7 de maio de 1963, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do grupo republicano de Lugo (1930). Foi candidato a deputado da Alianza Republicana pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, pero non foi elixido. Militante do Partido Radical, do que foi secretario do Comité provincial, foi nomeado membro da Xestora municipal e elixido alcalde de Lugo en outubro de 1934, permanecendo no posto ata as eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 7 de setembro de 1936. Foi posto en liberdade o 27 de xaneiro de 1938. O Tribunal de Responsabilidades Políticas abriulle expediente.[1] Finou en Lugo o 7 de maio de 1963.[2]
| Predecesor: Carlos Vázquez Pimentel |
Alcalde de Lugo 1934 - 1936 |
Sucesor: Francisco Lamas López |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Emilia Bonet Peñalver.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 21-4-1941, p. 1553.
- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 8-5-1963, p. 14.