Saltar ao contido

Paula Alvarellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaula Alvarellos
Biografía
Nacemento(es) Mercedes Paula Alvarellos Fondo Editar o valor en Wikidata
9 de decembro de 1963 Editar o valor en Wikidata
Ponteceso, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 2025 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Lugo
18 de xaneiro de 2024 – 1 de marzo de 2025 (morte)
← Lara Méndez LópezMiguel Fernández Méndez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito
Centro de Estudos Financeiros - Mestrado Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, política Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Asociación Galega de Consumidores e Usuarios Editar o valor en Wikidata

Twitter: Palvarellos LinkedIn: paula-alvarellos-fondo-67bb2a36 Editar o valor en Wikidata

Mercedes Paula Alvarellos Fondo,[1] coñecida como Paula Alvarellos, nada en Ponteceso o 21 de febreiro de 1963 e finada na Coruña o 1 de marzo de 2025,[2] foi unha avogada e política galega.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e Mestrado en Tributación e Asesoría Fiscal polo Centro de Estudos Financeiros. Foi profesora no Mestrado da Avogacía da USC en Lugo, profesora-colaboradora en IFFE business school, avogada para Lugo de ACOUGA, membro do Consello Social da USC, ademais de exercer de avogada e de mediadora en Lugo.[4] Tamén traballou na inserción de expresos coa asociación Concepción Arenal.

Nas eleccións municipais de 2019 foi escollida concelleira polo PSOE, e formou parte do goberno de Lara Méndez como tenenta de alcaldesa delegada da Economía e Recursos Humanos,[5] e Sostibilidade Urbana e Recursos Internos.[6]

O 18 de xaneiro de 2024[7] foi nomeada alcaldesa de Lugo despois da dimisión de Lara Méndez para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Galicia.[8][9][10]

O 28 de febreiro de 2025, durante o pregón das festas do Antroido, deulle un infarto. Alvarellos atopábase estable no momento da primeira intervención no Hospital Universitario Lucus Augusti. Con todo, o seu estado complicouse durante as horas posteriores, o que motivou o seu traslado urxente ao hospital da Coruña, especializado en procedementos cardiovasculares complexos. A pesar dos esforzos médicos, a alcaldesa non superou o episodio cardíaco e finou ás poucas horas.[11]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Casou en Lugo cun arquitecto da cidade.[12] É curmá do poeta bergantiñán Miguel Anxo Mato Fondo.

  1. "Mercedes Paula Alvarellos Fonco". lugo-virtual.com. Consultado o 14/01/2024. 
  2. "Falece a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos". Nós Diario. 1 de marzo de 2025. 
  3. Uz, Carmen (2020-01-23). "Paula Alvarellos, de militante de base a gobernanta". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-01-14. 
  4. "Mercedes Paula Alvarellos Fondo - Abogado en Lugo". Infogal (en castelán). Consultado o 2024-01-14. 
  5. "Documentos" (PDF). concellodelugo.gal. Consultado o 14/01/2024. 
  6. "Portada". concellodelugo.gal. Consultado o 14/01/2024. 
  7. Uz, Carmen (18 de xaneiro de 2024). "Alvarellos asume hoy la alcaldía con el reto de recomponer y de afianzar el gobierno". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024. 
  8. REDACCIÓN (2024-01-14). "Paula Alvarellos tomará el relevo a Lara Méndez al frente de la Alcaldía de Lugo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-01-14. 
  9. "Paula Alvarellos será la nueva alcaldesa de Lugo en sustitución de Lara Méndez". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-01-13. Consultado o 2024-01-14. 
  10. Diario, Nós (2024-01-13). "Paula Alvarellos será a nova alcaldesa de Lugo". Nós Diario. Consultado o 2024-01-14. 
  11. Gómez, Sofía R. (1 de marzo de 2025). "Muere la alcaldesa de Lugo tras sufrir un infarto". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2025. 
  12. "Paula Alvarellos, próxima alcaldesa de Lugo: una abogada de carácter que se pasó a política y la ejerce con determinación". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-01-14. Consultado o 2024-01-14. 


Predecesor:
Lara Méndez
 
Alcaldesa de Lugo
 
2024 - 2025
Sucesor:
Miguel Fernández Méndez