Juan de Borbón y Battenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conde de Barcelona»)
Juan de Borbón e Battenberg
Infante de España e Conde de Barcelona
Juan de Borbón en 1959 nunha visita a Holanda.

Nome completoJuan Carlos Teresa Silverio Alfonso de Borbón y Battenberg
Nacemento20 de xuño de 1913
La Granja de San Ildefonso, España España
Falecemento1 de abril de 1993
Pamplona, España España
SepulturaCripta Real do Mosteiro de El Escorial
PredecesorAfonso XIII
SucesorXoán Carlos I
ConsorteMaría das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias
Descendencia
  • Casa realCasa de Borbón
    ProxenitoresAfonso XIII
    Vitoria Uxía de Battenberg

    Na rede
    WikiTree: Bourbon-76 Find a Grave: 11851805 Editar o valor em Wikidata

    Juan de Borbón y Battenberg, conde de Barcelona, nado no Palacio Real de La Granja de San Ildefonso o 20 de xuño de 1913 e finado en Pamplona o 1 de abril de 1993, foi o terceiro fillo varón do rei Afonso XIII e pai do rei Xoán Carlos I.

    Desde o 15 de xaneiro de 1941 ata o 14 de maio de 1977 foi o Xefe da Casa Real española.[1][2] Nese día, nun discurso dado no Palacio da Zarzuela, renunciou oficialmente ós seus dereitos sucesorios en favor do seu fillo o rei Xoán Carlos I, reservándose para si mesmo o título de conde de Barcelona, propio dos soberanos españois.

    Vida[editar | editar a fonte]

    Nacemento e formación[editar | editar a fonte]

    Nado Juan Carlos Teresa Silverio Alfonso de Borbón y Battenberg,[3] era fillo de Afonso XIII e de Vitoria Uxía de Battenberg. Tras realizar os seus primeiros estudos en Madrid, ingresou na Escola Naval Militar de Cádiz (actualmente en Marín). Tivo que interromper a súa formación, que continuou na Royal Navy, ao ter que partir cara ao exilio coa proclamación da Segunda República española.

    No ano 1927 foi nomeado cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro.

    Herdeiro dos dereitos dinásticos[editar | editar a fonte]

    Como terceiro fillo varón de Afonso XIII, non estaba destinado a herdar a coroa. Con todo, o primoxénito, Alfonso, renunciou á coroa para poder casar cunha persoa que non pertencía á realeza en 1933. O segundo, Jaime de Borbón, foi obrigado a renunciar porque era xordomudo (aínda que máis tarde arrepentiuse e quixo recobrar os seus dereitos). Tamén utilizouse como argumento, que reforzaría a renuncia de Jaime, a súa ligazón cunha muller que, aínda que nobre, non pertencía á realeza. A continuación viñan as súas dúas irmás máis vellas (Beatriz e María Cristina) sobre as que tivo preferencia por ser mulleres, o que converteu a Juan en herdeiro dos dereitos dinásticos da Casa de Borbón.

    Coa proclamación da República numerosos monárquicos españois, como José Calvo Sotelo, perseguiron a abdicación do seu pai e o nomeamento de don Juan como xefe da Casa Real española. Ao tempo, pretendíase unificar na figura de don Juan a todos os monárquicos españois, escindidos entre afonsinos e carlistas. Con todo, a negativa de Afonso XIII a renunciar ao trono e a desconfianza dos carlistas acabaría por imposibilitar a operación.[4]

    Guerra Civil[editar | editar a fonte]

    Ó comezo da Guerra Civil española, co apoio do seu exiliado pai Afonso XIII, pretendeu unirse aos sublevados contra a Segunda República. O 1 de agosto de 1936 cruzou a fronteira española por Dancharinea escoltado por un grupo de navarros monárquicos. Pasou coa identidade falsa de Juan López e traballador do Hotel "La Perla" de Pamplona. Chegou ao hotel pola mañá onde foi saudado polo director e púxose unha funda azul co símbolo da falanxe e unha boina vermella que lle regalaron. Ao asomarse a unha das xanelas foi recoñecido por carlistas que estaban no próximo "Círculo Tradicionalista" e recrimináronlle o uso do seu símbolo. Estes denunciárono e el partiu inmediatamente cara a Burgos para evitar ser coñecido e que isto impedise a súa incorporación. Pola noite, cando ceaba no parador de Aranda de Duero, telefonoulle o xeneral Fidel Dávila, que transmitía ordes do xeneral en xefe do levantamento militar, Emilio Mola, no que dispuxo que retornase, algo que fixo, pasando a fronteira o 2 de agosto.[5]

    Renuncia de Afonso XIII[editar | editar a fonte]

    Monumento a Juan de Borbón en Madrid

    Desde a renuncia de Afonso XIII como xefe da Casa Real española o 15 de xaneiro de 1941 (apenas un mes antes da súa morte), Juan foi o pretendente ao trono de España e encabezou a defensa da causa monárquica contra a ditadura de Franco, ligando o proxecto de restauración da monarquía a unha concepción política liberal e democrática (Manifesto aos españois, 1945), liderando parte da oposición ao franquismo. En 1946 instalouse en Estoril, Portugal coa súa familia e desde alí, asesorado por un consello privado, despregou un paciente labor diplomático en favor da súa propia causa.

    No ano 1956 sufriu un duro golpe que afectou á súa familia: a morte accidental do seu fillo máis pequeno, o infante Alfonso, de 15 anos, mentres xogaba cun revólver co seu irmán Xoán Carlos. O irmán máis vello de Juan e tío de Xoán Carlos I, Jaime de Borbón, arrepentido de renunciar aos seus dereitos sucesorios, solicitaría máis tarde unha investigación en profundidade, ao considerar que tal suceso podía afectar á liña sucesoria.

    Varias entrevistas co xeneral Franco convencérono de que non tiña intención de devolverlle o Trono; pero consentiu en que o seu fillo Xoán Carlos fose educado en España baixo a tutela do ditador e en que este o nomease sucesor co título de rei na Xefatura do Estado (19 de xullo de 1969). Este feito distanciou durante algúns anos a pai e fillo. De feito, non se pode considerar rei a Xoán Carlos I segundo a tradición borbónica ata que Juan de Borbón abdicou na persoa do seu fillo en 1977, unha vez que comprobou as conviccións democráticas do seu fillo, que o propio Juan de Borbón puxera en dúbida tras aceptar a proposta de Franco de aceptar a Xefatura do Estado á súa morte. Conseguiuse así a reinstauración da monarquía borbónica, aínda que á custa de renunciar ás súas propias aspiracións á Coroa, pois foi Xoán Carlos I quen fora proclamado rei de España, o 22 de novembro de 1975 segundo desexo do xeneral Franco, que esperaba que mantivese o réxime imperante. Até o 9 de marzo de 1976 non tivo o primeiro encontro co seu fillo tras a súa proclamación como rei. Para iso fixo unha viaxe a Madrid desde Lisboa, volvendo o mesmo día.

    Renuncia ao trono e morte[editar | editar a fonte]

    O 14 de maio de 1977, nunha sinxela e breve cerimonia celebrada no Palacio da Zarzuela, Juan de Borbón renunciou oficialmente aos seus dereitos dinásticos, cedendo ao seu fillo, o xa rei Xoán Carlos I desde 1975, a xefatura da Casa Real española. Desde entón mantivo o título de conde de Barcelona, que xa usara durante o seu exilio.

    No ano 1978 foi nomeado Almirante Honorario da Armada Española. O goberno ascendeulle o 4 de decembro de 1988 a Capitán Xeneral da Armada.

    No ano 1980 diagnosticóuselle no Memorial Hospital de Nova York un cancro de larinxe, enfermidade que lle provocou a morte o 1 de abril de 1993, aos 79 anos de idade, na Clínica Universitaria de Navarra. Foi soterrado no Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial, con honores de rei de España.

    Descendencia[editar | editar a fonte]

    Juan de Borbón casou coa súa prima a princesa María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias o 12 de outubro de 1935 na basílica d'Os Anxos en Roma, tiveron catro fillos:

    • S.A.R. a infanta Pilar de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, duquesa de Badaxoz (María del Pilar Alfonsa Juana Victoria Luisa Ignacia de Todos los Santos) (n. 1936), quen casou con Luis Gómez-Acebo e Duque de Estrada, Vizconde da Torre.
    • S.M. o rei Xoán Carlos I (Juan Carlos Alfonso Víctor María de Todos los Santos) (n. 1938), quen casou coa princesa Sofía de Grecia e Dinamarca, hoxe raíña consorte de España.
    • S.A.R. a infanta Margarida de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, duquesa de Soria e de Hernani (Margarita María de la Victoria Esperanza Jacoba Felicidad Perpetua de Todos los Santos) (n. 1939), quen casou co doutor Carlos Zurita y Delgado.
    • S.A.R. o infante Afonso (Alfonso Cristino Teresa Angelo Francisco de Asis y Todos los Santos) (1941–1956)

    Antepasados[editar | editar a fonte]

     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    8. Francisco de Asís de Borbón, rei consorte de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    4. Afonso XII, rei de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    9. Isabel II, raíña de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    2. Afonso XIII, rei de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    10. Arquiduque Carlos Fernando de Austria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    5. Arquiduquesa María Cristina de Austria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    11. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    1. Juan de Borbón, conde de Barcelona
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    12. Príncipe Alexandre de Hesse-Darmstadt
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    6. Príncipe Henrique de Battenberg
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    13. Condesa Xulia von Hauke, princesa de Battenberg
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    3. Vitoria Uxía de Battenberg
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    14. Alberte de Saxonia-Coburgo, príncipe consorte do Reino Unido
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    7. Princesa Beatriz do Reino Unido
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    15. Vitoria I, raíña do Reino Unido e de Irlanda e emperatriz da India
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    Predecesor:
    Afonso de Borbón e Battenberg

    Príncipe de Asturias[6]

    1933 - 1941
    Sucesor:
    Xoán Carlos de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias

    Notas[editar | editar a fonte]

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]