María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias
María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias | |
---|---|
Condesa de Barcelona, Infanta de España, Princesa das Dúas Sicilias e Princesa da Casa de Borbón. | |
![]() |
|
Busto da María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias. | |
|
|
Nome completo | María de las Mercedes Cristina Genara Isabel Luisa Carolina Victoria de Todos los Santos de Borbón-Dos Sicilias y Orleans |
Nacemento | 23 de decembro de 1910 Madrid, España ![]() |
Falecemento | 2 de xaneiro de 2000 Residencia Real de La Mareta, Lanzarote, España ![]() |
Sepultura | Cripta Real do Mosteiro de El Escorial |
Consorte | Juan de Borbón y Battenberg (1935 - 1993) |
Descendencia | |
Casa real | Casa de Borbón-Dúas Sicilias |
Proxenitores | Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias Luisa de Orleans |
|
|
María de las Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, nada en Madrid o 23 de decembro de 1910 e finada en Lanzarote o 2 de xaneiro de 2000, foi princesa das Dúas Sicilias, princesa da Casa de Borbón coas mesmas dignidades e honras que os infantes de España (concesión de Afonso XIII ao nacer), infanta de España e condesa de Barcelona por matrimonio (1935-2000).
Índice
Primeiros anos de vida[editar | editar a fonte]
Bautizada como María de las Mercedes Cristina Genara Isabel Luisa Carolina Victoria de Todos los Santos, era filla do infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias (1870-1949) e da súa segunda esposa, a princesa Luisa de Orleans (1882-1958) que foi filla do príncipe Filipe de Orleans, conde de París e de María Isabel de Orleans, infanta de España por parte de nai e princesa de Orleans por parte de pai.
Naceu no denominado Palacio de Villamejor, no cal residían os seus pais e que é a actual sede do Ministerio de Administracións Públicas, Paseo da Castellana, 3, de Madrid. Unha placa no edificio recorda este feito. En 1929 foille concedida a Banda da Real Orde da Raíña María Luisa.
Viviu en Madrid durante os primeiros anos da súa vida. Trasladouse a Sevilla (cidade pola que sentiu especial predilección) co resto da súa familia cando o seu pai foi destinado á capital andaluza como capitán xeral da rexión militar correspondente. En 1931 por mor da proclamación da II República partiu cara ao exilio en Francia xunto á súa familia, residiu primeiro en Cannes e posteriormente en París.
Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]
En 1935 con motivo da voda da infanta Beatriz, irmá de Xoán de Borbón, María das Mercés atopouse ao seu futuro marido en Roma. O infante Xoán de Borbón, conde de Barcelona, converteuse en sucesor dos dereitos dinásticos do seu pai Afonso XIII pola renuncia do seu dous irmáns maiores, e xa que logo, en Xefe da Casa Real Española e pretendente ao trono de España. El e María das Mercedes non se viron desde a proclamación da II República. O 12 de outubro de 1935 contraeron matrimonio na basílica de Santa María dos Anxos e os Mártires en Roma. Tiveron catro fillos:
- A infanta Pilar, duquesa de Badaxoz (María del Pilar Alfonsa Juana Victoria Luisa Ignacia de Todos los Santos) (n. 1936).
- O rei Xoán Carlos I, rei de España (Juan Carlos Alfonso Víctor María) (n. 1938).
- A infanta Margarita, duquesa de Soria e de Hernani (Margarita María de la Victoria Esperanza Jacoba Felicidad Perpetua de Todos los Santos) (n. 1939).
- O infante Afonso (Alfonso Cristino Teresa Angelo Francisco de Asís de Todos los Santos) (1941-1956).
Importancia pública[editar | editar a fonte]
Don Juan e dona María de las Mercedes residiron en Cannes (onde naceu a súa primoxénita, Pilar), Roma (onde naceron os seus outros tres fillos), e, ao desencadearse a II Guerra Mundial, trasladáronse a Lausana (na neutral Suíza) para vivir xunto á raíña Vitoria Euxenia, nai de don Xoán. Finalizado o conflito, fixaron a súa residencia en Estoril (Portugal), onde permanecerían ata o seu regreso a España en 1976, restaurada a monarquía por Franco. Durante o seu exilio María das Mercés visitou España nalgunhas ocasións: en 1949, para acudir ao enterro do seu pai en Sevilla, en 1964 para asistir ao bautizo a súa neta a infanta Elena e en 1969 acudiu ao do seu neto Felipe de Borbón, actual Príncipe de Asturias.
María de las Mercedes mediou entre o seu fillo e marido, distanciados por mor da designación de Xoán Carlos como sucesor por parte do xeneral Franco en 1969. O 14 de maio de 1977, Juan de Borbón renunciou á xefatura da Casa Real Española e aos seus dereitos sucesorios en favor do seu fillo o rei Juan Carlos I (monarca desde o 22 de novembro de 1975).
Don Juan e a súa dona conservaron o título de condes de Barcelona que xa utilizaran durante o seu exilio.
Últimos anos de vida[editar | editar a fonte]
Dona María de las Mercedes fracturouse a cadeira dereita en 1982 e o fémur esquerdo en 1985, accidentes que lle fixeron ter que utilizar unha cadeira de rodas. O 1 de abril de 1993 morreu don Juan de Borbón a consecuencia dun cancro de larinxe.
A Condesa de Barcelona foi unha muller afeccionada á pintura, a música, a cultura andaluza e os touros. Ademais, foi socia de honra do Real Betis.
Desde o seu regreso a España, viviu sempre na urbanización Puerta del Hierro de Madrid, nun chalé chamado "Villa Giralda", como no que viviu en Estoril. Dona María faleceu repentinamente por mor dun ataque cardíaco na Residencia Real de La Mareta, na illa canaria de Lanzarote onde acudira toda a Familia Real para pasar uns días de descanso en Ano Novo, aos 89 anos de idade. Foi enterrada no Mosteiro de El Escorial.
Títulos[editar | editar a fonte]
- Princesa da Casa de Borbón (23 de decembro de 1910 - 14 de abril de 1931)
- Condesa de Barcelona (26 de xullo de 1947 - 1 de abril de 1993)
- Condesa viúva de Barcelona (1 de abril de 1993 - 2 de xaneiro de 2000)
Antepasados[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|