Sofía de Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sofía de Prusia
Queen Sofia of Greece.jpg
Nome completo Sofía Dorothea Ulrike Alice
Nacemento 14 de xuño de 1870
Lugar Potsdam
Falecemento 13 de xaneiro de 1932 (61 anos)
Lugar Frankfurt
Soterrado Palácio de Tatoi
Nacionalidade Alemaña
Ocupación raíña consorte
Cónxuxe Constantino I de Grecia
Fillos Xurxo II de Grecia, Alexandre I da Grécia, Helena da Grécia, Paulo I de Grecia, Irene da Grécia e Princess Katherine of Greece and Denmark
editar datos en Wikidata ]
Sofía de Prusia

Sofía Dorothea Ulrike Alice, nada no Palacio Novo de Potsdam o 14 de xuño de 1870 e finada en Frankfurt o 13 de xaneiro de 1932, foi princesa de Prusia, princesa de Alemaña e raíña consorte de Grecia tras a súa voda con Constantino I de Grecia. Os seus pais foron o emperador Federico III de Alemaña e a princesa real Vitoria, princesa do Reino Unido.

Foi educada directamente pola súa nai, quen lle inculcou certos sentimentos anglófilos.

O 27 de outubro de 1889 casou co príncipe Constantino de Grecia, futuro Constantino I. A voda celebrouse en Atenas, aínda que o compromiso pasara por dificultades na corte de Berlín, especialmente por que era mal visto que unha princesa luterana casase cun ortodoxo.

Os príncipes tiveron seis fillos:

Considerouse como influente no seu esposo o rei, sobre todo nos sentimentos prol-alemáns que Constantino mostrou durante a Primeira Guerra Mundial.

O 11 de xullo de 1917 tivo que abandonar o país xunto co seu marido cara a Suíza, tras complicacións políticas. En 1920 regresaron a Grecia por motivo dos funerais do seu fillo Alexandre e ese mesmo ano o rei Constantino retomou o poder, para abdicar tan só dous anos despois, en 1922, e enseguida partir novamente ao exilio, esta vez a Italia.

Sofía quedou viúva en 1923. Ela falecería de cancro na cidade alemá de Frankfurt, en 1932.