Olga Constantinovna de Rusia
Olga Constantinovna de Rusia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de agosto de 1851 |
Lugar de nacemento | Pavlovsk |
Falecemento | 18 de xuño de 1926 |
Lugar de falecemento | Roma e Pau |
Soterrada | Florencia e Cemiterio Real de Tatoi |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Reino de Grecia |
Etnia | Pobo ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | consorte, regente, aristócrata, charity worker, filántropa e nobre |
Pai | Constantino Nikolaevich de Rusia |
Nai | Alexandra Iosifovna |
Cónxuxe | Xurxo I de Grecia |
Fillos | Constantino I de Grecia, Jorge da Grécia e Dinamarca, Alexandra Georgievna da Grécia e Dinamarca, Nicolau da Grécia e Dinamarca, Maria da Grécia e Dinamarca, Príncipe André da Grécia e Dinamarca, Cristóvão da Grécia e Dinamarca e Princess Olga of Greece and Denmark |
Irmáns | Vera Constantinovna da Rússia, Vyacheslav Constantinovich da Rússia, Demetrio Constantinovich de Rusia, Constantino Constantinovich da Rússia e Nicolau Constantinovich da Rússia |
Premios | Grand Cross of the Order of the Redeemer, Dame of the Order of Queen Maria Luisa e Dame Grand Cordon of the Order of Saint Catherine |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia (en ruso: Великая Княжна Ольга Константиновна). Nada o 3 de setembro de 1851 e finou o 18 de xuño de 1926. Foi a Raíña Consorte de Grecia durante o reinado de Xurxo I de Grecia, e rexente de Grecia en 1920. É a avoa de Filipe, duque de Edimburgo e marido da raíña Isabel II.
Vida[editar | editar a fonte]
Mocidade[editar | editar a fonte]
Naceu en Pavlovsk e foi filla do Gran Duque Constantino Nikolaevich de Rusia e da Gran Duquesa Alexanda Iosifovna, foi neta do tsar Nicolao I de Rusia e prima de Alexandre III de Rusia. O rei de Grecia, Xurxo I visitou Rusia en 1863 para agradecer ó seu tío Alexandre II o seu apoio na súa elección para o trono de Rusia. Foi neste momento cando Olga coñeceu o seu futuro marido.
Xurxo volveu visitar Rusia outra vez no 1867, para reunirse coa súa irmá Dagmar, que casara co seu primo Alexandre III un ano antes. Olga e Xurxo namoráronse e casaron o 27 de outubro de 1867, cando ela tiña 16 anos. A raíña Olga era unha descendente directa da Emperatriz Bizantina Euphrosyne Doukaina Kamatera (1155–1211), consorte do Emperador Alexios III Angelos que reinou entre 1195-1203.
Raíña de Grecia[editar | editar a fonte]
Olga foi moi popular en Grecia e estivo moi envolta nas tarefas de caridade, traballando tanto no Hospital Evangelismos, o máis grande de Grecia, e no Hospital Ruso en Piraeus. No 1898, insistiu en seguir coas súas tarefas sen protección militar, incluso despois de que dispararan ó seu marido e a súa filla.
Rexente de Grecia[editar | editar a fonte]
Cando o seu neto Alexandre I finou o 25 de outubro de 1920, o goberno grego ofreceulle o trono o seu irmán, Paulo. Este rexeitou o cargo, alegando que o seu pai Constantino e o seu irmán Xurxo aínda vivían. O goberno nomeou entón como rexente a Olga, que estivo no cargo ata que o seu fillo Constantino volveu ó trono de Grecia tras un plebiscito.
Finou en Roma, onde vivía a familia real grega no exilio, coa restauración da monarquía en Grecia (1935) foi trasladada a Tatoi o 17 de novembro de 1936.
Descendencia[editar | editar a fonte]
Olga e Xurxo tiveron oito fillos:
- Constantino (1868–1923), quen sucedeu ó seu pai como rei;
- Xurxo (1869–1957);
- Alexandra (1870–1891), casada co Gran Duque Paulo Alexandrovich de Rusia. Nai de Dimitri Pavlovich Romanov, asasino de Grigori Rasputín;
- Nicolao (1872–1938), casado coa Gran Duquesa Helena Vladimirovna de Rusia;
- María (1876–1940), casada co Gran Duque Xurxo Mikhailovich de Rusia e despois con Pericles Ioannides;
- Olga (7 de abril de 1880-2 de novembro de 1880);
- Andreas (1882–1944), pai do Príncipe Filipe, duque de Edimburgo;
- Cristovo (1888–1940).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olga Constantinovna de Rusia |