Casa del-Rei de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Casa real española»)
Escudo de armas de Filipe VI.

A Casa da Súa Maxestade el-Rei é o organismo que, baixo a dependencia directa do rei de España ten como misión servirlle de apoio en cantas actividades derívense das súas funcións como xefe de Estado. Tamén atende á organización e funcionamento do réxime interior da residencia da Familia Real.

Instaurouse o 22 de novembro de 1975 o mesmo día que Xoán Carlos I foi proclamado rei de España. En virtude do Real decreto 434/1988, de 6 de maio, sobre Reestruturación da Casa de S. M. o Rei, e as Ordes do Xefe da Casa de 17 de abril de 1996 e 21 de decembro de 2006, ditadas ao amparo do artigo 14 do citado Real decreto, a súa estrutura actual é a seguinte:

  • Xefe da Casa da súa Maxestade o Rei.
  • Secretaría Xeral, cuxo responsable é o segundo xefe da Casa Real e secretario xeral, do que dependen as seguintes unidades:
    • Gabinete de Planificación e Coordinación, do que dependen a Secretaría de Despacho e Actividades e Programas.
    • Secretaría de S.M. a Raíña.
    • Secretaría de S.A.R. o Príncipe de Asturias.
    • Servizo de Seguridade, do que depende o Centro de Comunicacións e Informática.
    • Relacións cos Medios de Comunicación.
    • Protocolo.
    • Unidade de Administración, Infraestrutura e Servizos.
  • Cuarto Militar, do que dependen:

Residencia oficial[editar | editar a fonte]

O Palacio da Zarzuela, localizado no quilómetro 3.4 da Nacional VI é a residencia oficial da Familia real española, é un pequeno palacio que data do século XVIII restaurado en 1959.

Xefe da casa real[editar | editar a fonte]

O xefe da casa real dirixe e inspecciona todas as súas seccións e é o encargado de contactar con todos os organismos e institucións que afecten ao funcionamento da casa, propón os orzamentos e contratos e crea as normas de coordinación entre a Garda Real e os servizos de seguridade. O lugués Jaime Alfonsín foi xefe da Casa Real dende 2014 ata 2024. Na actualidade o xefe da Casa del-Rei é o diplomático Camilo Villarino.

Secretaría xeral[editar | editar a fonte]

Á secretaría xeral correspóndelle a tramitación dos asuntos correspondentes á actividade e funcionamento da Casa Real.

Cuarto Militar[editar | editar a fonte]

O Cuarto Militar constitúe a representación de honor dos exércitos dentro da Casa, cuxo responsable é un Oficial Xeneral en activo. A Garda Real proporciónalles á Familia Real e os xefes de Estado estranxeiros de visita oficial en España o servizo de garda militar, rendición de honra e escolta en actos solemnes.