Evanxeo de Mateo

O Evanxeo de Mateo, encadrado dentro dos sinópticos, é o primeiro dos evanxeos sobre Xesucristo, tal como aparece nas biblias cristiás.
Ten unha grande influencia na relixiosidade popular e na arte relixiosa, por episodios como a Adoración dos Magos ou a matanza dos inocentes.
Tamén, os capítulos 5 a 7, chamado "Sermón do Monte", son claves para entender a formación da moral cristiá.
Data de composición e destinatarios[editar | editar a fonte]

Algúns autores antigos, como Agostiño de Hipona aseguraban que existía un evanxeo de Mateo anterior ao texto que temos hoxe, escrito en lingua aramea. Iso situaría a Mateo como o Evanxeo máis antigo, anterior incluso a Marcos.
A esa concepción tradicional contrapóñense unha serie de feitos:
- Non se atopou ata o de agora ningún manuscrito do chamado "Mateo aramaico", tódolos materiais coñecidos, tanto completos como fragmentarios son do Mateo en grego.
- A referencia a feitos históricos, que se produciron despois do suposto Mateo aramaico, sinaladamente a destrución do Templo, da que fala Mateo e que se produciu no ano 70.
Polo tanto, os estudosos inclínanse pola existencia dun único texto, escrito en grego, escrito no ano 70 ou pouco despois. Tendo en conta que no Evanxeo, ao contrario do que sucede en Marcos ou Lucas, non hai ningunha explicación sobre os costumes e leis xudeus pero, secasí, son moi abondosas as referencias críticas en contra dos fariseos, os destinatarios debían de ser unha comunidade cristiá de orixe xudía e radicada en Palestina.
Autor[editar | editar a fonte]
Atribuído tradicionalmente ao apóstolo Mateo. Sobre o autor podemos dicir que era de orixe xudía, posto que manexa con soltura conceptos do Antigo Testamento e da tradición xudía. Ademais, o grego que usa o autor está cheo de xiros e expresións hebreas.
Estrutura[editar | editar a fonte]
O evanxeo estrutúrase en seccións narrativas e discursivas que se van alternando.
Capítulos | Denominación | Contido | ||||||
1-4 | Evanxeo da infancia | Xenealoxía de Xesús Concepción e nacemento de Xesús Adoración dos Magos, matanza dos inocentes e fuxida a Exipto Volta e asentamento en Nazaret Bautismo de Xesús, tentacións e primeiros seguidores | ||||||
5-7 | Sermón do Monte | Benaventuranzas A nova Lei | ||||||
8-9 | Sección narrativa: milagres | Curacións | ||||||
10 | Seción discursiva: Misión dos Doce | Instrucións aos discípulos que envía a predicar | ||||||
11-12 | Sección narrativa | Viaxes, milagres e controversias Sentido da misión de Xesús | ||||||
13 | Seción discursiva central: O Reino de Deus | Parábolas do sementador, do gran de mostaza etc. | ||||||
14-17 | Sección narrativa | Morte do Bautista Curacións Multiplicacións dos pans Transfiguración | ||||||
18-20 | Discurso sobre o perdón e as riquezas | Parábola da ovella perdida Parábola do servo Controversias O perigo das riquezas | ||||||
21 | En Xerusalén | Entrada en Xerusalén Purificación do Templo | ||||||
22-25 | Predicación en Xerusalén | Parábolas O principal mandamento Denuncia dos fariseos Discurso apocalíptico Parábolas da fin: as dez mociñas, os talentos, o Xuízo Final | ||||||
26-28 | Paixón, morte e resurrección | Última Cea Paixón e morte Resurección e aparicións |
Edicións en galego[editar | editar a fonte]
A súa tradución foi encargada por Louis Lucien Bonaparte a Vicente Turnes, mais considerou a tradución moi castelanizada e encargoulle unha segunda versión a José Sánchez de Santa María, que saíu publicada en Londres en 1861 co título de Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evanxeo de Mateo ![]() |