Xosé Manuel Rodríguez Pampín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Manuel Rodríguez Pampín
Nacemento1940
Lugar de nacementoMelide
Falecemento5 de xuño de 1997
Lugar de falecementoMelide
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupacióntradutor, escritor e sacerdote católico
Na rede
Dialnet: 1635037
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Rodríguez Pampín, nado en Melide en 1940 e finado no mesmo concello o 5 de xuño 1997, foi un sacerdote católico, escritor, tradutor e dramaturgo galego en lingua galega.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia Comillas e foi profesor de relixión en varios institutos de ensino medio. Reivindicou a liturxia en galego e publicou principalmente en Encrucillada e Grial, incluído nesta última varios contos e tres pezas teatrais.[4] Formou parte do equipo que traduciu a Biblia ao galego. Finou en Melide o 5 de xuño de 1997.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1990 o equipo de José Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga, no que el tamén participara, recibiu o Premio Nacional de Tradución de España polo traballo de traslado ao galego da Biblia (1973-1989).[13]

O concello de Melide acordou en 1998 dedicarlle o nome dunha rúa, e executouno en 2011.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]