Saltar ao contido

Libro de Xob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libro de Xob
 Título
ספר איוב
Ijob
Job Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua
 Composto por
Job 1 (en) Traducir
Job 27 (en) Traducir
Job 28 (en) Traducir
Job 29 (en) Traducir
Job 30 (en) Traducir
Job 26 (en) Traducir
Job 24 (en) Traducir
Job 25 (en) Traducir
Job 23 (en) Traducir
Job 22 (en) Traducir
Job 31 (en) Traducir
Job 33 (en) Traducir
Job 38 (en) Traducir
Job 39 (en) Traducir
Job 40 (en) Traducir
Job 32 (en) Traducir
Job 37 (en) Traducir
Job 35 (en) Traducir
Job 36 (en) Traducir
Job 34 (en) Traducir
Job 41 (en) Traducir
Job 21 (en) Traducir
Job 19 (en) Traducir
Job 6 (en) Traducir
Job 7 (en) Traducir
Job 8 (en) Traducir
Job 9 (en) Traducir
Job 5 (en) Traducir
Job 3 (en) Traducir
Job 4 (en) Traducir
Job 2 (en) Traducir
Job 20 (en) Traducir
Job 10 (en) Traducir
Job 12 (en) Traducir
Job 17 (en) Traducir
Job 18 (en) Traducir
Job 11 (en) Traducir
Job 16 (en) Traducir
Job 14 (en) Traducir
Job 15 (en) Traducir
Job 13 (en) Traducir
Job 42 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
 Ambientado en
 Personaxes
Publicación
Identificadores
VIAF186698577 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01dqt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Libro de Xob (en hebreo אִיּוֹב, Iyov) é un libro da Biblia que forma parte dos chamados sapienciais. É unha reflexión, en forma de diálogo, sobre o sentido do sufrimento. Nas Biblias cristiás adoita situarse no primeiro lugar dos sapienciais.

Xob, un home piadoso e bendicido por Deus con riquezas e fillos, ve probada a súa fe coa enfermidade a perda da súa familia e a pobreza. No medio do sufrimento, uns amigos, Elifaz, Bildad e Sofar, veñen consolalo e comezan a dialogar sobre o sentido do mal e do sufrimento humano, que é o eixo do libro. Este diálogo complétase coa intervención dun quinto personaxe, Elihú, e culmina coa intervención do propio Iavé. O libro remata coa restitución a Xob da saúde e o patrimonio.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O libro consta dun corpo central en forma de diálogo, que se divide en varias seccións, máis un prólogo e un epílogo narrativos:

  • Prólogo: presentación do protagonista, a súa desgraza (capítulos 1 e 2)
  • Diálogo sobre o ben e o mal (capítulos 3-41):
  1. Intervencións de Elifaz, Bildad e Sofar e respostas de Xob (capítulos 3-31).
  2. Intervención de Elihú e resposta de Xob (capítulos 32-37).
  3. Deus fala desde o trebón (capítulos 38-41)
  • Epílogo: a restitución de Xob (capítulo 42).

Autor e data de composición

[editar | editar a fonte]

Para poder falar da autoría do libro, hai que facer primeiro unhas observacións sobre o contido:

  • O libro abre e pecha cunha narración dun home chamado Xob, probado por Deus e recompensado pola súa fe. Estas dúas seccións poderían ser lidas de corrido e terían sentido sen necesidade da parte do diálogo.
  • Hai clara diferenza, na linguaxe e no estilo, entre as partes narrativas do principio e a fin e a sección central dos diálogos.
  • Ao inicio da parte discursiva, son presentados os tres amigos de Xob, Elifaz, Bildad e Sofar, pero non Elihú, que aparece de súpeto ben avanzada a sección central, cando xa remataron os seus diálogos os tres amigos.

Con estes datos os expertos falan de tres fases compositivas:

  • Un relato de orixe popular, con intención moralizante, que tiña como protagonista a Xob.
  • Aproveitando este material, un autor posterior "abriu" o relato e introduciu a reflexión sobre o mal en forma de diálogo entre Xob, os tres amigos e Deus.
  • Un último autor engadiu a intervención de Elihú.

En canto á data de composición, dáse como máis probable o século IV.

O tema da retribución

[editar | editar a fonte]

O xudaísmo veterotestamentario non cría nunha vida máis alá da morte. Os mortos baixaban ao Xeol unha morada dos mortos similar ao Hades grego. Non había un ceo ou inferno no que os homes poidesen ser premiados ou castigados polas súas acións na terra.

Xob e os tres amigos

Pero si crían que Deus premiaba e castigaba as boas ou malas accións, só que este premio ou castigo cumpríase nesta vida. Boa saúde e longa vida, fillos e bens materiais eran os medios polos que Deus premiaba as boas accións. Consecuentemente, o pobre, enfermo ou estéril era, en realidade, un pecador castigado por Deus.

Esta crenza víase reforzada polo forte sentido comunitario e de pertenza á famila ou a tribo propio da cultura xudía. Podía ser que a desgraza dunha persoa boa e xusta fora causada polo pecado dalgún dos seus antergos. Do mesmo xeito, o malvado ao que todo lle ía ben podería ter descendentes moi desafortunados que cargarían coas consecuencias dos pecados del.

Tamén podía ser que toda unha colectividade pagara polo pecado dalgún dos seus membros. Así, o pecado do Rei David de intentar facer un censo de Israel, é castigado por Deus cun andazo que afecta a todo o pobo.

Críticas

[editar | editar a fonte]

Esta postura ortodoxa e maioritaria vai recibir fortes críticas:

  • Os profetas, que van apelar á responsabilidade persoal de cada un. Posto que esta doutrina da retribución tamén podía servir para desentenderse das consecuencias dos propios actos.
  • O Eclesiastés que laia o sinsentido da boa fortuna dos malvados.

A retribución en Xob

[editar | editar a fonte]

O libro enfronta as dúas posturas ante o tema, a ortodoxa, representada polos tres amigos e máis por Elihú e a crítica, representada por Xob.

As argumentacións dos tres amigos baséanse nunha exposición da postura ortodoxa, botando man dos argumentos propios dos mestres da lei. Pola contra, Xob fai unha reflexión máis experiencial, unha defensa da coherencia e xustiza da súa propia vida.

O autor do libro pecha a reflexión coa intervención do propio Deus. Aínda que dun xeito que tampouco pecha o tema. Deus e tan omnipotente e tan superior ao home, que este só pode acatar a súa vontade, pero non pode aspirar a entender o porqué dela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Libro anterior:
2 Crónicas
Xob
(Libros sapienciais)
Libro seguinte:
Salmos