Vicente Turnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente Turnes
Nacemento16 de setembro de 1786
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento13 de xaneiro de 1865
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Vicente Turnes del Río Maldonado, nado en Santiago de Compostela o 16 de setembro de 1786 e finado na mesma vila o 13 de xaneiro de 1865, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seguiu a carreira de Leis na súa cidade natal, doutorándose na mesma. Aos vinte e sete anos, Turnes comezou a padecer de cegueira, motivo polo cal non desenvolveu unha actividade literaria máis extensa. De tendencia liberal provincialista, colaborou en El Centinela de Galicia, El Eco de Galicia e La Esperanza. Participou en diversas actividades da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, para a que elaborou a “Memoria sobre los obstáculos que se oponían a los progresos de la Agricultura”.

Publicou unha abundante obra poética en castelán. Foron atribuídos a el, igualmente, algúns diálogos. Os seus versos en galego non foron recollidos en ningún libro, mais si en xornais e follas soltas. Segundo Ricardo Carvalho Calero, a súa produción poética pode dividirse en catro grandes bloques temáticos: Poesías áulicas de tema palatino, poesías patrióticas, poesías satíricas e vilancicos de Nadal. Traduciu ao galego o Evanxeo de Mateo por encargo de Louis Lucien Bonaparte, mais este considerou a tradución moi castelanizada e encargoulle unha segunda versión a José Sánchez de Santa María.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Tertulias de Picaños, 1836.
  • Diálogos en la Alameda, 1836.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Tristes recuerdos del Dr. D. Vicente Turnes Río Maldonado, 1834.
  • Último adiós del Dr. D. Vicente de Turnes del Río Maldonado, á su pinar, 1851.
  • Composiciones poéticas, 1875.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]