Saltar ao contido

Xoio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O xoio, lerica ou tarela[1] (Lolium temulentum), é unha planta anual pertencente á familia das Gramíneas e ao xénero Lolium.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Habitus
Lolium temulentum

Gramínea de inflorescencia simple e longa. As espiguiñas sentadas, están dispostas de xeito alterno, unha a seguir da outra a cada banda do talo. Diferénciase este Lolium doutros pola forma (oval non lanceolada), tamaño e consistencia das glumelas; tamén porque a gluma é case tan longa como a espiguiña. Tamén é característico desta planta a presenza dunha argana (aresta), bastante longa e visíbel a simple vista, na glumela das flores basais, aínda que non sexa un carácter fixo.[2]

De talo rexo, pode medrar até 1 metro de altura, con inflorescencias na espiga e gran de cor violácea.

Adoita medrar nas mesmas zonas produtoras de trigo considerándose unha herba daniña desa cultura. A semellanza entre estas dúas plantas é tan grande, que nalgunhas rexións díselle ao xoio "falso trigo".

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Cosmopolita e subcosmopolita. Terófito. Atópase en leiras e nas beiras dos camiños. Herba daniña dos cultivos.

  1. Nomes vulgares galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. Lolium temulentum en Herbario virtual
  3. "Xoio". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]