Números

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"A Punición de Corá" (Sandro Botticelli)

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Contido[editar | editar a fonte]

Moisés tira agua da rocha (de Nicolas Poussin)

A narrativa abranxe un período de 38 anos, entre 1512 a 1473 a.C. (Números 1:1; Deuteronomio 1:3, 4) Estas descricións incluen os acampamentos das tribos (1:52, 53), a orde de marcha (2:9, 16, 17, 24, 31) e os sinais de trompeta para a asemblea e o acampamento (10:2-6). A lei sobre a corentena. (5:2-4) Diversas ordes son dadas: o uso de trompetas (10:9), a separación das cidades para os levitas (35:2-8), a acción contra a idolatría e os cananeos (33:50-56), a escolla das cidades de refuxio, instrucións sobre como lidar con homicidas accidentais (35:9-33), e leis sobre herdanzas e o casamento. (27:8-11; 36:5-9).

O agrupamento dos elementos do libro foi elaborado en torno dos principais textos, tarefa esta extremamente difícil. Por iso historicamente tense buscado estabelecer unha división mais simple, como por exemplo, segundo a rexión onde sucederon os acontecementos.

Así, pódese dividir Números en tres partes principais:

  1. No Sinaí: 1:1-10:10
  2. No deserto de Cades-Barnea: 10:11-22:1
  3. Nas planicies de Moabe: 22:2-36:13

Autor[editar | editar a fonte]

(ver Pentateuco)

Libro anterior:
Levítico
Números
(Pentateuco)
Libro seguinte:
Deuteronomio