Nanterre 92

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «JSF Nanterre»)
Nanterre 92
Información xeral
Liga Pro A
Alcume Les Verts
Fundación 1927
Historia JSF Nanterre (1927−2016)
Cores           Verde, branco
Presidente Francia Jean Donnadieu
Adestrador Francia Pascal Donnadieu
Localización
Cidade Francia Nanterre, Francia
Pavillón Maurice Thorez
Capacidade 3 004
Campionatos
FIBA Europe Cup 1 (2017)
EuroChallenge 1 (2015)
Liga 1 (2013)
Copa 2 (2014, 2017)
Supercopa 2 (2014, 2017)
nanterre92.com

O Nanterre 92, antes coñecido como Jeunesse sportive des Fontenelles de Nanterre ou JSF Nanterre, é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Nanterre (Hauts-de-Seine, Illa de Francia). Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés. Os seus maiores éxitos concéntranse na década de 2010, onde conseguen gañar unha Liga, dúas Copas, o EuroChallenge e a FIBA Europe Cup.

Historia[editar | editar a fonte]

A Jeunesse sportive des Fontenelles de Nanterre foi fundada no ano 1927. Entre os anos 1990 e 1995, o equipo foi reforzado pola fusión entre a sección de baloncesto do club e o Entente Sportive de Nanterre. Coa súa sede en Nanterre, nos Hauts-de-Seine, o club vaga até o final da década de 1980 nas divisións departamentais e rexionais inferiores. Após a chegada dunha nova directiva ao club en 1987, o club comeza a subir de categoría. Desde 1989 até 2004 o equipo ascende até dez veces en quince anos sen descender nunca. As pezas angulares deste proxecto foron o presidente Jean Donnadieu e o adestrador Pascal Donnadieu, que permaneceron no posto durante todo este tempo.

O equipo debuta na Pro B, segunda categoría do baloncesto francés, na temporada 2004–05. No ano 2007 o club abre un centro de formación que permite, co apoio do Consello Rexional e o Concello de Nanterre, a doce xogadores compatibilizar os estudos co deporte de alto nivel. Ese mesmo ano o equipo chega á final da Copa de Francia, onde perden por 92–83 ante o Pau-Orthez. No ano 2011 o club gaña o campionato de Segunda División e ascende por vez primeira á máxima categoría. Despois do ascenso o equipo segue a mellorar até gañar en tan só dous anos o seu primeiro título de Liga, que virá acompañado da consecución de dúas Copas, e dous títulos europeos: o EuroChallenge e a FIBA Europe Cup. En febreiro de 2016 o club muda o seu nome de JSF Nanterre a Nanterre 92.[1]

Ano a ano[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. Copa Leaders Cup Competicións europeas
2006–07 2 Pro B Subcampión
2007–08 2 Pro B Semifinais
2008–09 2 Pro B Rolda de 32
2009–10 2 Pro B Rolda de 16
2010–11 2 Pro B Rolda de 32
2011–12 1 Pro A 11º Rolda de 16
2012–13 1 Pro A Subcampión
2013–14 1 Pro A 10º Campión Subcampión 1 Euroliga LR
2 Eurocup OF
2014–15 1 Pro A Oitavos de final 3 EuroChallenge C
2015–16 1 Pro A Semifinais Semifinais 2 Eurocup LR
2016–17 1 Pro A Campión Semifinais 4 FIBA Europe Cup C
2017–18 1 Pro A Semifinais Semifinais 3 Champions League R16
2018–19 1 Pro A Cuartos de final 3 Champions League CF
2019–20 1 Pro A Rolda de 16 2 EuroCup
FG
2020–21 1 Pro A 10º Rolda de 16 2 EuroCup
R16
2021–22 1 Pro A 10º Rolda de 32

Pavillóns[editar | editar a fonte]

O Nanterre 92 xoga os seus partidos coma local da liga francesa no Palais des Sports Maurice Thorez, con capacidade para 3.000 espectadores. Porén, ocasionalmente e para partidos europeos, o club usa o Halle Georges Carpentier de París con capacidade para 5.009 espectadores. O 11 de marzo de 2018, o equipo xogou un partido de Liga no U Arena de Nanterre, onde o Nanterre 92 venceu ao ASVEL Basket por 81–80 ante 15.220 espectadores, máxima asistencia a un partido da competición gala da súa historia.[2]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

Competicións locais[editar | editar a fonte]

Liga

  • Campións (1): 2013

Copa

  • Campións (1): 2014, 2017
  • Subcampións (2): 2007, 2013

Supercopa

  • Campións (2): 2014, 2017
  • Subcampións (1): 2013

Segunda División

  • Campións (1): 2011

Competicións europeas[editar | editar a fonte]

FIBA Europe Cup

  • Campións (1): 2017

EuroChallenge

  • Campións (1): 2015

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaudot, Christophe (15 de febreiro de 2016). "La JSF Nanterre change de nom et devient Nanterre 92" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  2. "15.220 fans in the U Arena!". eurohoops.net (en inglés). 11 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]