Nanterre 92
Nanterre 92 | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A |
Alcume | Les Verts |
Fundación | 1927 |
Historia | JSF Nanterre (1927−2016) |
Cores | Verde, branco |
Presidente | Jean Donnadieu |
Adestrador | Pascal Donnadieu |
Localización | |
Cidade | Nanterre, Francia |
Pavillón | Maurice Thorez |
Capacidade | 3 004 |
Campionatos | |
FIBA Europe Cup | 1 (2017) |
EuroChallenge | 1 (2015) |
Liga | 1 (2013) |
Copa | 2 (2014, 2017) |
Supercopa | 2 (2014, 2017) |
nanterre92.com |
O Nanterre 92, antes coñecido como Jeunesse sportive des Fontenelles de Nanterre ou JSF Nanterre, é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Nanterre (Hauts-de-Seine, Illa de Francia). Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés. Os seus maiores éxitos concéntranse na década de 2010, onde conseguen gañar unha Liga, dúas Copas, o EuroChallenge e a FIBA Europe Cup.
Historia
[editar | editar a fonte]A Jeunesse sportive des Fontenelles de Nanterre foi fundada no ano 1927. Entre os anos 1990 e 1995, o equipo foi reforzado pola fusión entre a sección de baloncesto do club e o Entente Sportive de Nanterre. Coa súa sede en Nanterre, nos Hauts-de-Seine, o club vaga até o final da década de 1980 nas divisións departamentais e rexionais inferiores. Após a chegada dunha nova directiva ao club en 1987, o club comeza a subir de categoría. Desde 1989 até 2004 o equipo ascende até dez veces en quince anos sen descender nunca. As pezas angulares deste proxecto foron o presidente Jean Donnadieu e o adestrador Pascal Donnadieu, que permaneceron no posto durante todo este tempo.
O equipo debuta na Pro B, segunda categoría do baloncesto francés, na temporada 2004–05. No ano 2007 o club abre un centro de formación que permite, co apoio do Consello Rexional e o Concello de Nanterre, a doce xogadores compatibilizar os estudos co deporte de alto nivel. Ese mesmo ano o equipo chega á final da Copa de Francia, onde perden por 92–83 ante o Pau-Orthez. No ano 2011 o club gaña o campionato de Segunda División e ascende por vez primeira á máxima categoría. Despois do ascenso o equipo segue a mellorar até gañar en tan só dous anos o seu primeiro título de Liga, que virá acompañado da consecución de dúas Copas, e dous títulos europeos: o EuroChallenge e a FIBA Europe Cup. En febreiro de 2016 o club muda o seu nome de JSF Nanterre a Nanterre 92.[1]
Ano a ano
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Leaders Cup | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2006–07 | 2 | Pro B | 5º | Subcampión | |||
2007–08 | 2 | Pro B | 7º | Semifinais | |||
2008–09 | 2 | Pro B | 9º | Rolda de 32 | |||
2009–10 | 2 | Pro B | 6º | Rolda de 16 | |||
2010–11 | 2 | Pro B | 1º | Rolda de 32 | |||
2011–12 | 1 | Pro A | 11º | Rolda de 16 | |||
2012–13 | 1 | Pro A | 1º | Subcampión | |||
2013–14 | 1 | Pro A | 10º | Campión | Subcampión | 1 Euroliga | LR |
2 Eurocup | OF | ||||||
2014–15 | 1 | Pro A | 5º | Oitavos de final | 3 EuroChallenge | C | |
2015–16 | 1 | Pro A | 8º | Semifinais | Semifinais | 2 Eurocup | LR |
2016–17 | 1 | Pro A | 6º | Campión | Semifinais | 4 FIBA Europe Cup | C |
2017–18 | 1 | Pro A | 7º | Semifinais | Semifinais | 3 Champions League | R16 |
2018–19 | 1 | Pro A | 4º | Cuartos de final | 3 Champions League | CF | |
2019–20 | 1 | Pro A | 7º | Rolda de 16 | 2 EuroCup | ||
2020–21 | 1 | Pro A | 10º | Rolda de 16 | 2 EuroCup | ||
2021–22 | 1 | Pro A | 10º | Rolda de 32 |
Pavillóns
[editar | editar a fonte]O Nanterre 92 xoga os seus partidos coma local da liga francesa no Palais des Sports Maurice Thorez, con capacidade para 3.000 espectadores. Porén, ocasionalmente e para partidos europeos, o club usa o Halle Georges Carpentier de París con capacidade para 5.009 espectadores. O 11 de marzo de 2018, o equipo xogou un partido de Liga no U Arena de Nanterre, onde o Nanterre 92 venceu ao ASVEL Basket por 81–80 ante 15.220 espectadores, máxima asistencia a un partido da competición gala da súa historia.[2]
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Souarata Cissé
- Mamoutou Diarra
- Evan Fournier
- Joseph Gomis
- Hugo Invernizzi
- Edwin Jackson
- Mouhammadou Jaiteh
- Marc Judith
- Lahaou Konaté
- Mathias Lessort
- Adrien Moerman
- Johan Passave-Ducteil
- Ali Traoré
- Kevin Lisch
- Joachim Ekanga-Ehawa
- Jeremy Nzeulie
- Juan Palacios
- Ivan Almonte
- Erik Murphy
- Jamar Wilson
- Myles Hesson
- Heiko Schaffartzik
- Alade Aminu
- Talib Zanna
- Miguel Cardoso
- Malick Badiane
- Sergiy Gladyr
- Steffon Bradford
- Spencer Butterfield
- T.J. Campbell
- Brian Conklin
- Rashaun Freeman
- Diante Garrett
- Kevin Jones
- David Lighty
- Deshaun Thomas
- Ivan McFarlin
- Trent Meacham
- Mykal Riley
- Gerald Robinson
- Jamal Shuler
- Chris Warren
- Kyle Weems
Títulos
[editar | editar a fonte]Competicións locais
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2013
- Campións (1): 2014, 2017
- Subcampións (2): 2007, 2013
Supercopa
- Campións (2): 2014, 2017
- Subcampións (1): 2013
- Campións (1): 2011
Competicións europeas
[editar | editar a fonte]FIBA Europe Cup
- Campións (1): 2017
- Campións (1): 2015
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaudot, Christophe (15 de febreiro de 2016). "La JSF Nanterre change de nom et devient Nanterre 92" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018.
- ↑ "15.220 fans in the U Arena!". eurohoops.net (en inglés). 11 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 08 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en francés)