Alguén voou sobre o niño do cuco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
| imdb_id = 0073486
| imdb_id = 0073486
}}
}}
'''''Alguén voou sobre o niño do cuco''''' (en {{lang-en|One Flew Over the Cuckoo's Nest}}) é un filme [[Estados Unidos de América|americano]] de [[1975]] dirixido por [[Miloš Forman]]. A historia foi adaptada da novela de [[Ken Kesey]] publicada baixo o mesmo nome. Na historia do [[cine]], a película foi a primeira que gañou os cinco [[Premios Óscar]] máis cobizados (Mellor filme, Mellor actor protagonista, Mellor actriz protagonista, Mellor guión, e Mellor director) desde ''[[It Happened One Night]]'' ([[1934]]), un logro que non se volvería repetir ata [[1991]] co filme ''[[O silencio dos cordeiros]]''. O filme foi rodado no Hospital Estatal de [[Oregón]], en [[Salem]].
'''''Alguén voou sobre o niño do cuco''''' (en {{lang-en|One Flew Over the Cuckoo's Nest}}) é un filme [[Estados Unidos de América|americano]] de [[1975]] dirixido por [[Miloš Forman]]. A historia foi adaptada da novela de [[Ken Kesey]] publicada baixo o mesmo nome. Na historia do [[cine]], a película foi a primeira que gañou os cinco [[Premios Óscar]] máis cobizados (Mellor filme, Mellor actor protagonista, Mellor actriz protagonista, Mellor guión, e Mellor director) desde ''[[It Happened One Night]]'' ([[1934]]), un logro que non se volvería repetir ata [[1991]] co filme ''[[O silencio dos cordeiros]]''. O filme foi rodado no Hospital Estatal de [[Oregón]], en [[Salem, Oregón|Salem]].


Estreouse en galego na [[TVG]] o [[6 de outubro]] de [[1989]].<ref>''La Voz de Galicia'', 6 de outubro de 1989. Páx. 71</ref>
Estreouse en galego na [[TVG]] o [[6 de outubro]] de [[1989]].<ref>''La Voz de Galicia'', 6 de outubro de 1989. Páx. 71</ref>

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2020 ás 07:09

Alguén voou sobre o niño do cuco
Ficha técnica
Título orixinalOne Flew Over the Cuckoo's Nest
DirectorMiloš Forman
ProdutorSaul Zaentz
Michael Douglas
GuiónLawrence Hauben
Bo Goldman
Baseado enOne Flew Over the Cuckoo's Nest de Ken Kesey
IntérpretesJack Nicholson
Louise Fletcher
William Redfield
Brad Dourif
Danny DeVito
Christopher Lloyd
Will Sampson
MúsicaJack Nitzsche
FotografíaHaskell Wexler
MontaxeRichard Chew
Sheldon Kahn
Lynzee Klingman
DistribuidoraUnited Artists
Estrea 19 de novembro de 1975
Galicia 6 de outubro de 1989 (TVG)
Duración133 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$3 000 000[1]
Recadación$108 981 275
Na rede
IMDB: tt0073486 Filmaffinity: 371621 Allocine: 2072 Rottentomatoes: m/one_flew_over_the_cuckoos_nest Mojo: oneflewoverthecuckoosnest Allmovie: v36363 TCM: 85669 Metacritic: movie/one-flew-over-the-cuckoos-nest TV.com: movies/one-flew-over-the-cuckoos-nest Netlix: 825812Editar o valor em Wikidata

Alguén voou sobre o niño do cuco (en inglés: One Flew Over the Cuckoo's Nest) é un filme americano de 1975 dirixido por Miloš Forman. A historia foi adaptada da novela de Ken Kesey publicada baixo o mesmo nome. Na historia do cine, a película foi a primeira que gañou os cinco Premios Óscar máis cobizados (Mellor filme, Mellor actor protagonista, Mellor actriz protagonista, Mellor guión, e Mellor director) desde It Happened One Night (1934), un logro que non se volvería repetir ata 1991 co filme O silencio dos cordeiros. O filme foi rodado no Hospital Estatal de Oregón, en Salem.

Estreouse en galego na TVG o 6 de outubro de 1989.[2]

Título

O título é tradución literal do inglés, como nas outras linguas románicas. En inglés cuckoo significa 'cuco' pero tamén en argot 'tolo'. Aparece na novela como parte duns versos que un dos amigos de McMurphy lembra da súa nenez. Os versos proceden dun poema de Louis Untermeyer: "One flew east, one flew west,/ and one flew over the cuckoo's nest" ('Un voou ó leste, un voou ó oeste,/ e un voou sobre o niño do cuco'). O cuco non ten niño propio e pon os ovos nos niños doutros paxaros. Por conseguinte as crias do cuco son hóspedes que se alimentan de paxaros que non son seus pais. No filme o niño está representado polo manicomio no que se mantén ós seus hóspedes baixo unha férrea e sádica disciplina, só en aparencia terapéutica. A novela homónima de Ken Kesey fora publicada en 1962. Non está traducida ó galego. O autor escribiuna inmediatamente despois da experiencia que tivera no hospital psiquiátrico onde traballara como enfermeiro.

Argumento

Randle Patrick McMurphy (Jack Nicholson), para non ter que ir a prisión, faise pasar por tolo e é enviado a un hospital psiquiátrico. Nel intentará animar a vida dos internos organizando partidas de cartas e partidos de básquet, influíndo no comportamento dos outros enfermos. Ó infrinxir as regras de disciplina do centro e rachar as súas rutinas comeza a ser perseguido pola sádica enfermeira Mildred Ratched (Louise Fletcher).

Personaxes

Galardóns e nomeamentos

Notas

  1. Box Office Mojo (en inglés)
  2. La Voz de Galicia, 6 de outubro de 1989. Páx. 71

Véxase tamén

Ligazóns externas