Reino de Prusia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "Acprussiamap3.gif" por "Acprussiamap3.png" segundo o ordenou McZusatz. Motivo: Replacing GIF by exact PNG duplicate..
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 208: Liña 208:
*[http://wwwtest.library.ucla.edu/libraries/mgi/maps/blaeu/prvssia.jpg Mapa de Prusia en 1660]
*[http://wwwtest.library.ucla.edu/libraries/mgi/maps/blaeu/prvssia.jpg Mapa de Prusia en 1660]
*[http://www.rulers.org/prusprov.html Lista dos gobernantes das provincias prusianas]
*[http://www.rulers.org/prusprov.html Lista dos gobernantes das provincias prusianas]
*[http://www.frombork.art.pl/Frombork-foto/merkator.jpg Mapa parcial da Prusia por Gerard Mercator, Atlas sive cosmographica., Amsterdam 1594]
*[https://archive.is/20121221081737/www.frombork.art.pl/Frombork-foto/merkator.jpg Mapa parcial da Prusia por Gerard Mercator, Atlas sive cosmographica., Amsterdam 1594]
*[http://www.frombork.art.pl/Frombork-foto/Mprus.jpg Mapa parcial de Prusia por Kasper Henneberger, Königsberg 1629]
*[https://archive.is/20121221113153/www.frombork.art.pl/Frombork-foto/Mprus.jpg Mapa parcial de Prusia por Kasper Henneberger, Königsberg 1629]
*[http://www.frombork.art.pl/Frombork-foto/Hart3_m.jpg Mapa da Antiga Prusia por K. Henneberger, século XVII.]
*[https://archive.is/20121221093833/www.frombork.art.pl/Frombork-foto/Hart3_m.jpg Mapa da Antiga Prusia por K. Henneberger, século XVII.]
*[http://www.frombork.art.pl/Frombork-foto/Hart4_m.jpg Mapa da Prusia por K. Henneberger, en Christoph Hartknoch, ''Alt- und neues Preussen...'', Frankfurt 1684]
*[https://archive.is/20121221093948/www.frombork.art.pl/Frombork-foto/Hart4_m.jpg Mapa da Prusia por K. Henneberger, en Christoph Hartknoch, ''Alt- und neues Preussen...'', Frankfurt 1684]
*[http://www.frombork.art.pl/Frombork-foto/m_reyilly.jpg Mapa da Prusia e do Estado Libre Danzig do século XVIII.]
*[https://archive.is/20121221122258/www.frombork.art.pl/Frombork-foto/m_reyilly.jpg Mapa da Prusia e do Estado Libre Danzig do século XVIII.]
*[http://www.frombork.art.pl/Frombork-foto/mapaXIX.jpg Mapa da Prusia Oriental, K. Flemming, F. Handtke, Głogów ca. 1920, despois que o Tratado de Versalles retirou Memel da área da Alemaña.]
*[https://archive.is/20121221073350/www.frombork.art.pl/Frombork-foto/mapaXIX.jpg Mapa da Prusia Oriental, K. Flemming, F. Handtke, Głogów ca. 1920, despois que o Tratado de Versalles retirou Memel da área da Alemaña.]
*[http://web2.airmail.net/napoleon/Prussian_army.htm Exército da Prusia durante as Guerras Napoleónicas.]
*[http://web2.airmail.net/napoleon/Prussian_army.htm Exército da Prusia durante as Guerras Napoleónicas.]



Revisión como estaba o 5 de setembro de 2014 ás 06:07

Coordenadas: 52°31′N 13°24′L / 52.517, -13.400

Königreich Preußen
Reino de Prusia
Escudo de Brandeburgo
1701 — 1918

Bandeira

Escudo
Localización do Reino de Prusia
Localización do Reino de Prusia
O Reino de Prusia na súa meirande extensión, na época da formación do Imperio Alemán, 1871
Capital Berlín
Forma de goberno Monarquía
Rei
 - 17011713 Frederico I
 - 18881918 Guillerme II
Primeiro ministro
 - 1848 Adolf Heinrich von Arnim-Boitzenburg
 - 1918 Maximilian von Baden
Lexislativo Landtag
 - Cámara Superior Herrenhaus
 - Cámara Inferior Abgeordnetenhaus
Historia
 - Establecemento 18 de xaneiro de 1701
 - Dominación francesa 14 de outubro de 1806
 - Restauración 9 de xuño de 1815
 - Monarquía Constitucional 5 de decembro de 1848
 - Imperio Alemán 18 de xaneiro de 1871
 - Extinción 9 de novembro de 1918

O Reino de Prusia (en alemán Königreich Preußen) foi un reino de 1701 a 1918 e a partir de 1871, un Estado membro do Imperio Alemán, comprendendo case dous terzos da área do imperio. O seu nome ten orixe no territorio de Prusia, aínda que a súa base de poder foi Brandeburgo.

Historia

Artigo principal: Historia de Prusia.

1701: O crecemento de Brandeburgo

Federico Guillerme, o "Grande Elector" de Brandeburgo-Prusia, morreu en 1688. As súas propiedades pasaron ao seu fillo Federico III (1688-1701) que se converteu no Rei Federico I de Prusia (1701-1713). A excepción do Ducado de Prusia, todas as terras de Brandeburgo formaban parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, nesa época baixo o goberno hereditario da Casa de Habsburgo. Posto que había só un Rei dos Xermanos no Imperio, Federico obtivo o consentimento do Emperador Leopoldo I (a cambio da alianza contra Francia na Guerra de Sucesión Española) en adoptar (en Königsberg, 18 de xaneiro de 1701) o título de "Rei en Prusia" con base nos seus territorios non imperiais. O título pasou a ser de aceptación xeral co Tratado de Utrecht.

1701-1740: O novo Reino

O novo Reino de Prusia era moi pobre -aínda non se recuperara totalmente da devastación da Guerra dos Trinta Anos- e o seu territorio abarcaba máis de 1.200 km, que ía dende as terras do Ducado de Prusia, na costa sureste do Mar Báltico, pasando pola área central dos Hohenzollern en Brandeburgo, e abarcando os enclaves do Ducado de Cleves, Condado de Mark e Ravensberg, en Renania. En 1708, aproximadamente un terzo da poboación do Ducado de Prusia foi prexudicada pola peste bubónica. A peste chegou a Prenzlau en agosto de 1710, pero desapareceu antes de chegar á capital, Berlín, que se situaba a só 80 km de alí.

A derrota dos suecos por parte de Rusia, Saxonia, Polonia, Dinamarca-Noruega, Hannover e Prusia na Gran Guerra do Norte (1700-1721) marcou a fin do dominio sueco no litoral sur do Mar Báltico. No pruso-sueco Tratado de Estocolmo (xaneiro de 1720), Prusia recuperou Stettin (Szczecin) e outras partes das posesións suecas en Pomerania. Os Hohenzollerns de Brandeburgo obtiveran a reversión do Ducado de Pomerania dende 1472 (anteriormente, Pomerania xa fora anexada a Brandeburgo-Prusia en 1648 pola Paz de Westfalia).

Durante este tempo, o plan trazado polo Grande Elector alcanzou o seu clímax.

1740-1760: As guerras de Silesia

Artigo principal: Guerras de Silesia.
Adolph von Menzel: Mesa redonda, o Rei Federico II (centro) en Sanssouci con Voltaire (esquerda) e os principais científicos da Academia de Ciencias de Berlín, 1850

En 1740, o Rei Federico II (Federico o Grande) subiu ao trono. Valéndose dun suposto tratado de 1537 (vetado polo Emperador Fernando I) polo cal algunhas partes de Silesia pasarían a Brandeburgo trala extinción da dinastía Piast, Federico invadiu Silesia, dando inicio á Guerra de Sucesión Austríaca. Trala rápida ocupación de Silesia, Federico ofreciería protección á Arquiduquesa María Teresa de Austria se a provincia volvía ao seu dominio. A oferta foi rexeitada, pero Austria atopou outros opoñentes e Federico foi o bastante hábil para conseguir a cesión formal co Tratado de Berlín de 1742.

Para sorpresa de moitos, Austria conseguiu renovar a vantaxe de Prusia na guerra. En 1744, Federico invade de novo áreas do Imperio para evitar represalias e reivindicar, esta vez, a provincia de Bohemia. Non tivo éxito, pero a presión francesa sobre o aliado de Austria, Gran Bretaña, levou a unha serie de tratados e acordos, que culminaron en 1748 coa sinatura do Tratado de Aquisgrán, que restaurou a paz e concedeu a Prusia a maior parte do territorio de Silesia.

Humillada pola cesión de Silesia, Austria buscou unha alianza segura con Francia e Rusia, mentres que Prusia buscou unha aproximación con Gran Bretaña ("Revolución Diplomática"). Cando Federico invadiu Saxonia e Bohemia durante uns poucos meses de 1756-1757, deu inicio á Guerra dos Sete Anos.

Esta guerra foi unha loita desesperada para os prusianos e a forma como a levaron causou en Europa un grande respecto polas habilidades do exército de Federico. Enfrontándose simultaneamente a Austria, Rusia, Francia e Suecia e tendo só como aliados Hannover (e Gran Bretaña, non continental), Federico conseguiu evitar importantes invasións até outubro de 1760, cando o exército ruso ocupou por un curto período de tempo Berlín e Königsberg. Con todo, a situación foise agravando até a morte da Emperatriz Isabel de Rusia. A ascensión ao trono ruso do simpatizante das causas prusianas Pedro III aliviou a presión na fronte oriental. Suecia tamén abandonou a guerra nesa mesma ocasión.

Derrotando ao exército austríaco na Batalla de Burkersdorf e confiando no continuado éxito británico contra Francia no escenario da guerra colonial, Prusia foi, ao fin, capaz de forzar un statu quo ante bellum no continente. Este resultado confirmou o papel principal de Prusia nos estados alemáns e consolidouno como unha gran potencia europea. Federico, intimidado polas últimas derrotas de Prusia, viviu os seus últimos días como un gobernante pacífico.

1772, 1793, 1795: Particións de Polonia

Artigo principal: Particións de Polonia.

Para o leste e o sur de Prusia, a República das Dúas Nacións fórase enfeblecendo gradualmente ao longo do século XVIII. Preocupado pola crecente influencia rusa nos asuntos polacos e por unha posible expansión do Imperio Ruso, Federico participou na primeira partición de Polonia entre Rusia, Prusia e Austria en 1772 a fin de manter o equilibrio de forzas. O Reino de Prusia anexionou a maioría das provincias polacas de Prusia Real, incluída Varmia. As terras anexadas foran organizadas no ano seguinte como Provincia de Prusia Occidental (Westpreußen). O novo territorio ligouse a Prusia Oriental (Ostpreußen - territorio anteriormente coñecido como Ducado de Prusia) con Pomerania (Pommern), unindo entre si os territorios orientais do reino.

Logo da morte de Federico en 1786, o seu sobrino Fedrico Guillerme II continuou as particións, gañando unha grande parte do oeste de Polonia en 1793.

En 1795, deixa de existir o Reino Polaco e un gran territorio (inclusive Varsovia) ao sur de Prusia Oriental pasa a ser parte de Prusia. Eses novos territorios organizáronse na Provincias de Nova Silesia (Neuschlesien), Prusia do Sur (Südpreußen) e Nova Prusia Oriental (Neuostpreußen).

1806-1815: Guerras Napoleónicas

Artigo principal: Guerras Napoleónicas.

En 1806 foi abolido o Sacro Imperio Romano Xermánico como resultado das vitorias de Napoleón Bonaparte sobre Austria. O título de Kurfürst (Príncipe elector) de Brandeburgo xa non tiña sentido e suprimiuse. Antes diso, o soberano Hohenzollern ostentara moitos títulos, dende o de Xefe da Igrexa Evanxélica até o de Rei, Elector, Gran Duque e Duque de varias rexións e reinos baixo o seu goberno. Logo de 1806, era simplemente o de Rei de Prusia.

Como consecuencia da derrota prusiana na Batalla de Iena-Auerstedt en 1806, o Rei Federico Guillerme III foi forzado temporalmente a fuxir a Memel. Despois do Tratado de Tilsit en 1807, Prusia perdeu case a metade do seu territorio, incluídas as terras gañadas nas Segunda e Terceira Particións de Polonia (que agora se resumía ao Ducado de Varsovia) nas terras ao oeste do Río Elba. O que quedou do Reino foi ocupado polas tropas francesas (pagando Prusia todos os gastos da súa manutención) e o Rei estivo obrigado a facer unha alianza con Francia e adherirse ao Bloqueo Continental.

Trala derrota de Napoleón en Rusia, Prusia desvinculouse da alianza e participou de lado da Sexta Coalición durante as "Guerras de Liberación" (Befreiungskriege) contra a ocupación francesa. As tropas prusianas, baixo o mando do Marechal Gebhard Leberecht von Blücher, contribuíron de forma crucial na Batalla de Waterloo de 1815 á vitoria final sobre Napoleón.

1815: Prusia despois de Napoleón

Expansión de Prusia 1807-1871

A recompensa de Prusia pola súa participación na derrota de Napoleón chegou co Congreso de Viena, no que Prusia recuperou a meirande parte dos seus territorios perdidos e até gañou o 40% do Reino de Saxonia e a maior parte de Renania. Moitos dos territorios anexados na Terceira Partición de Polonia foron entregados ao Congreso de Polonia baixo o goberno ruso.

Debido a estas nova adquisicións prusianas, o reino reorganizouse en dez provincias. A maior parte do Reino, aparte das provincias de Prusia Oriental, Prusia Occidental e Pousen, pasou a integrar a Confederación Xermánica, que substituíu ao extinto Sacro Imperio Romano Xermánico.

Como consecuencia das Revolucións de 1848, os principados de Hohenzollern-Sigmaringen e Hohenzollern-Hechingen foron anexionados por Prusia en 1850.

1848-1871: As guerras xermanas de unificación

Durante medio século despois do Congreso de Viena, había un conflito de ideais dentro da confederación entre a formación dunha única nación alemá e a conservación da actual unión de pequenos estados. A creación da Unión Aduaneira Xermana (Zollverein) en 1834, que excluía Austria, aumentou a influencia prusiana sobre os Estados membros. Como consecuencia das Revolucións de 1848, o Parlamento de Fráncfort ofreceu a coroa dunha Alemaña unificada ao Rei Federico Guillerme IV. Este rexeitou a oferta alegando que as asembleas revolucionarias non podían conceder títulos reais. Pero había outras dúas razóns polas que a rexeitou: porque non era suficiente para terminar coa loita interna de poder entre Austria e Prusia e porque todos os reis prusianos (até aquel momento, incluíndo a Guillerme I) temían que a formación dun Imperio Alemán significase o fin da independencia de Prusia.

En 1848, as accións tomadas por Dinamarca contra os ducados de Schleswig e Holstein levaron á Primeira Guerra de Schleswig (1848-1851) entre Dinamarca e a Confederación Xermánica, que acabou coa derrota da primeira. Porén, Prusia foi forzada a consentir que Dinamarca se quedase con ambos ducados.

En 1862, o Rei Guillerme I elixiu a Otto von Bismarck para que ocupase o cargo de Primeiro Ministro de Prusia. Estaba determinado a unir os Estados Xermanos baixo o dominio prusiano e, para iso, levou a Prusia a tres guerras que culminaron coa conquista deste obxectivo.

A primeira delas foi a Segunda Guerra de Schleswig (1864), que Prusia iniciou e gañou, coa axuda de Austria. Dinamarca foi derrotada e entregou Schleswig e Holstein a Prusia e Austria respectivamente.

A consecuencia da Guerra Austro-prusiana (1866). Prusia (azul escuro) e os seus aliados (azul) contra Austria (vermello) e os seus aliados (rosa). Os membros neutrais da Confederación Xermánica están en verde, e as adquisicións territoriais de Prusia trala guerra están en azul claro

A administración dividida de Schleswig e Holstein foi o motivo para a Guerra Austro-prusiana (1866 - tamén coñecida como a Guerra das Sete Semanas), na que Prusia, aliada co Reino de Italia e varios estados xermanos do Norte, declararon a guerra ao Imperio Austríaco. A coalición comandada por Austria foi derrotada e algúns estados xermanos (o Reino de Hannover, o Gran Ducado de Hesse, o Ducado de Nassau e a Cidade Libre de Fráncfort) se anexionaron a Prusia. Os territorios disputados de Schleswig e Holstein pasaban baixo pleno dominio prusiano. Grazas á adquisición destes territorios foi posible a unión dos territorios de Renania e Westfalia co resto do Reino. Foi nese momento que Prusia alcanzou a súa maior extensión, que mantivo até a extinción do Reino en 1918.

A Confederación Xermánica foi substituída en 1867 pola Confederación Alemá do Norte, baixo o dominio de Prusia, e con alianzas militares cos estados xermanos do Sur (excepto Austria). A unificación de Alemaña Kleindeutschland planeada por Bismarck estaba moi preto de concretizarse. O Rei Guilllerme estaba determinado a conquistar o territorio de Austria, aínda que Bismarck convenceulle para que abandonase a idea (Bismarck vía en Austria un valioso aliado futuro).

O acto final foi a Guerra franco-prusiana (1870), na que Bismarck forzou ao Emperador Napoleón III de Francia a declarar a guerra contra Prusia. Mediante a activación das alianzas alemás establecidas trala Guerra austro-prusiana, os Estados Xermanos uníronse e derrotaron rapidamente a Francia. Esta vitoria comandada por Prusia posibilitou a creación do Imperio Alemán, e Guillerme foi proclamado Káiser Guillerme I o 18 de xaneiro de 1871 (xusto 170 anos logo da coronación do primeiro rei prusiano, Federico I) na Galería dos Espellos de Versalles, nos arredores de París, mentres a capital francesa aínda se atopaba asediada.

1871-1918: Apoxeo e caída de Prusia

Artigo principal: Imperio Alemán.
Prusia ao redor de 1895

Co Imperio Alemán liderado por Prusia, Bismarck desexou preservar a paz en Europa e para tal efecto actuou no Congreso de Berlín. O novo Imperio Alemán fortaleceu aínda máis as boas relacións xa existentes co Reino Unido, (o Káiser Federico III casou coa filla primoxénita da Raíña Vitoria). Con todo, todo cambiou coa morte de Federico III en 1888 (despois de só 99 días no trono) e a ascensión do seu fillo de 29 anos de idade, Guillerme II. O novo Káiser destruíu rapidamente as boas relacións coas familias reais británica e rusa (malia ser íntimo delas), converténdose no seu rival e para rematar no seu inimigo.

Guillerme II destituíu a Bismarck das súas funcións en 1890 e puxo en marcha unha campaña de militarización e interferencia na política externa que levou ao illamento de Alemaña. Unha análise incorrecto do conflito austrohúngaro con Serbia por parte do Káiser e os precipitados planos de mobilización de varias nacións levaron ao desastre da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Como prezo pola súa retirada da guerra, os bolxeviques pasaron o control de grandes rexións do oeste do Imperio Ruso, algunhas das cales fronterizas con Prusia, ao Imperio Alemán segundo os termos do Tratado de Brest-Litovsk (1918). Con todo, o control alemán sobre eses territorios só durou uns poucos meses, por mor da derrota sufrida polos efectivos militares alemáns e como consecuencia da Revolución Alemá, que levou á abdicación e ao exilio do Káiser.

O Tratado de Versalles, que considerou a Alemaña única responsable da guerra, asinouse na Galería dos Espellos de Versalles, o mesmo lugar onde se creou o Imperio Alemán. Coa abdicación de Guillerme II en 1918, o Reino de Prusia deixou de existir e foi substituído polo Estado Libre de Prusia.

Política

Ludwig von Elliott: Sesión do Parlamento Nacional (Paulskirche, Frankfurt), en xuño de 1848.

O Reino de Prusia foi unha monarquía autocrática até as Revolucións de 1848 nos Estados xermánicos, despois das que Prusia tornouse unha monarquía constitucional e Adolf Heinrich von Arnim-Boitzenburg foi electo o primeiro primeiro ministro de Prusia. A primeira constitución do Reino de Prusia — moito menos liberal que a constitución federal do Imperio Alemán— foi aprobada en 1850, e emendada nos anos que seguiron. Após a súa promulgación, formouse un parlamento bicameral. A cámara inferior, ou Landtag foi elixida por todos os contribuíntes de impostos, que foron divididos en tres clases de acordo coa cantidade de impostos pagos. Isto permitiu que apenas un terzo dos votantes escollesen o 85% dos parlamentares, asegurando unha maior dominancia dos elementos mais prósperos da poboación. A cámara superior, que foi formada posteriormente, renomeada Herrenhaus ("Casa dos Lores"), foi indicada polo rei. El mantiña a autoridade total do executivo e os ministros eran só da súa responsabilidade. Como consecuencia, a clase dos grandes propietarios de terras, os junkers, permaneceu intocable, principalmente nas provincias orientais. A Policía Secreta de Prusia, formada en resposta ás Revolucións de 1848 nos Estados Alemáns, auxiliou o goberno conservador a permanecer no poder. A constitución prusiana liberalizouse somentes despois de Prusia tornarse República, en 1918, o que fixo que os junkers perdesen boa parte das súas propiedades rurais para o territorio de Polonia, cedido por Prusia, mais continuaron exercendo influencia nos bastidores até 1932, cando Franz von Papen tornouse chanceler de Prusia.

Subdivisións de Prusia

Artigo principal: Provincias de Prusia.

As rexións que deron inicio ao Reino de Prusia foron o Margrave de Brandeburgo e o Ducado de Prusia, que xuntas formaban a Brandeburgo-Prusia. Pomerania Posterior fora adquirida por Prusia dende 1648. Sumadas ás conquistas recentes de Suecia en 1720, esta rexión pasaría a ser máis tarde a provincia de Pomerania. As adquisicións prusianas nas Guerras de Silesia levaron á formación da provincia de Silesia en 1740.

Trala Primeira Partición de Polonia en 1772, a recentemente anexada Prusia Real e Varmia convertéronse na provincia de Prusia Occidental, mentres que o Ducado de Prusia (xunto con parte de Varmia) pasaran a conformar a provincia de Prusia Oriental. Outras anexiones ao longo do río Noteć (Netze) formaron o Distrito de Netze. Tralas segunda e terceira particións (1793-1795), as novas adquisicións prusianas constituíron as provincias de Nova Silesia, Prusia do Sur e Nova Prusia Oriental, sendo dividido o Distrito de Netze entre as Prusias Occidental e do Sur. Finalmente, esas tres provincias foron perdidas en favor do Reino do Congreso despois do Congreso de Viena en 1815, excepto a parte occidental de Prusia do Sur, que formaría a provincia de Pousen.

As dez provincias do Reino de Prusia, despois do Congreso de Viena (1815). Os outros Estados membros da Confederación Xermánica están mostrados en gris. O Cantón de Neuchâtel, no suroeste, estivo baixo a administración prusiana até 1848.

Despois de que Prusia fixese a maior parte das súas conquistas, despois do Congreso de Viena, creáronse un total de dez provincias, cada unha delas subdivididas en rexións administrativas menores coñecidas como Regierungsbezirke. As provincias eran:

  • Brandeburgo
  • Prusia Oriental
  • Jülich-Cleves-Berg
  • Baixo Rin
  • Pomerania
  • Pousen
  • Saxonia
  • Silesia
  • Prusia Ocidental
  • Westfalia

En 1822, as provincias de Jülich-Cleves-Berg e do baixo Rin fusionáronse para formar a Provincia do Rin. En 1829, as provincias de Prusia Oriental e Occidental fusionáronse para formar a provincia de Prusia, pero volveron separarse en 1878. Os principados de Hohenzollern-Sigmaringen e Hohenzollern-Hechingen foran anexionados en 1850 e viñeron formar a Provincia de Hohenzollern.

Logo da vitoria de Prusia na Guerra Austro-prusiana, os territorios anexados por esta foran reorganizados en tres novas provincias: Hannover, Hesse-Nassau e Schleswig-Holstein.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Clark, Christopher (2006) Iron Kingdom. The rise and the downfall of Prussia, 1600-1947, Allen Lane Penguin Books, 777 blz. ISBN 0-713-99466-5
  • Morrison, J. Michael (2005) King of Prussia, Arcadia-EUA, ISBN 0-7385-3917-1
  • Craig, Gordon A. (2003) The end of Prussia, Wisconsin University, ISBN 0-299-09734-X
  • Shennan, Margaret (1995) The rise of Brandenburg-Prussia 1618-1740, Routledge-EUA, ISBN 0-415-12938-9
  • Köbler, G. (1990) Historisches Lexikon der deutschen Länder. Die deutschen Territorien vom Mittelalter bis zur Gegenwart. 3., verbesserte, um ein Register erweiterte Auflage. C.H. Beck, München, ISBN 3-406-34838-6
  • Haffner, Sebastian (1979) Preußen ohne Legende. Gruner + Jahr, Hamburg, ISBN 3-442-75544-1
  • Koch, H.W. (1978) A History of Prussia. Longman, London, ISBN 0-582-48190-2
  • Meyers Konversations-Lexikon. Eine Encyklopädie des allgemeinen Wissens. 4., gänzlich umgearbeitete Auflage (1885-1890) Bibliographisches Institut, Leipzig, [1].

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA