Adolph von Menzel
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Adolph von Menzel | |
---|---|
Nome completo | Adolph Friedrich Erdmann von Menzel |
Nacemento | 8 de decembro de 1815 |
Lugar de nacemento | Wrocław |
Falecemento | 9 de febreiro de 1905 |
Lugar de falecemento | Berlín |
Soterrado | Friedhöfe vor dem Halleschen Tor |
Nacionalidade | Reino de Prusia |
Alma máter | Prussian Academy of Arts e Berliner Akademie der Künste |
Ocupación | pintor, ilustrador, gravador e litógrafo |
Coñecido por | Studio Wall, Laying out the March Dead e Frederick the Great Playing the Flute at Sanssouci |
Premios | Orde da Aguia Negra, cidadán de honor de Berlín, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes e Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte |
Na rede | |
http://www.adolph-von-menzel.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adolph Friedrich Erdmann (posteriormente: von) Menzel é un pintor de etnia alemá nado o 8 de decembro de 1815 en Wrocław e finado o 9 de febreiro de 1905 en Berlín. Notábel polos seus debuxos, gravados e pinturas. Os temas da súa obra son frecuentemente inspirados na historia e é considerado o máis salientábel representante alemán do realismo pictórico do século XIX.
Biografía[editar | editar a fonte]
Menzel recibiu as súas primeiras leccións artísticas no estudo litográficos de seu pai. No ano de 1833, estudou por seis meses na Real Academia de Berlín, a época coñecida pola súa énfase na arte retratista e perspectiva. Un ano despois, von Menzel xuntouse á Asociación Xoves Artistas. Até entón el estaba a traballar máis en óleos. En 1838 foi admitido na Asociación de Artistas Elder.
Conquistou a súa fama artística aos 25 anos de idade, en 1839, cando ilustrou a obra A vida de Frederico, o Grande do historiador Franz Kugler; para este proxecto Menzel preparou centos de esbozos a fin de reproducir coidadosamente a arquitectura, os traxes e o mobiliario da época. Desde entón a súa preparación exhaustiva e precisa garantiulle o recoñecemento por parte da elite política e social de Berlín - retratada en moitas das súas pinturas.
En 1853 ingresa na Real Academia da Arte. En 1855 viaxa a París para visitar a Exposición Universal e ver o Pavillón do realismo de Gustave Courbet. En 1867 recibe a Cruz da Lexión de Honra Francesa pola pintura histórica de Frederico e as súas tropas na batalla de Hochkirch. En 1875 é nomeado profesor e membro do Senado. En 1884 ten a súa primeira exposición individual.
Menzel obtén en 1885 un doutoramento na Universidade de Berlín. De 1880 e até o seu falecemento en 1905 en Berlín, abandonou a pintura de relevancia pública ou de valor histórico e pasou a retratar rúas, xardíns e fragmentos de paisaxes. Deixou para a posteridade unha abondosa contribución artística, composta por máis de dez mil deseños e outros milleiros de litografías, xilogravados, acuarelas...
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolph von Menzel ![]() |