Hohenzollern-Hechingen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fürstentum Hohenzollern-Hechingen
Principado de Hohenzollern-Hechingen

Estado do Sacro Imperio Romano Xermánico até 1801

1576 — 1850 Flagge Preußen - Provinz Hohenzollern.svg
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Situación de Hohenzollern-Hechingen
Hohenzollern-Hechingen en 1848
Capital Hechingen
Relixión católica
Goberno Monarquía
Período histórico Idades Moderna e Contemporánea
 • Partición do Condado de Hohenzollern 1576
 • Incorporación ao reino de Prusia 12 de marzo de 1850
Membro de: Sacro Imperio Romano Xermánico, Confederación do Rin, Confederación Xermánica

Hohenzollern-Hechingen foi un pequeno Estado, primeiro condado e despois principado, no suroeste de Alemaña, que foi membro do Sacro Imperio Romano Xermánico, despois da Confederación do Rin e, finalmente, da Confederación xermánica, antes de integrarse no reino de Prusia.

A súa capital era a vila de Sigmaringen, hoxe no Land alemán de Baden-Württemberg.

Os seus gobernantes pertenceron á unha rama da liña maior, suaba, da dinastía Hohenzollern que, a diferenza dos seus parentes os Hohenzollern de Brandeburgo e Prusia, permaneceron sempre dentro da Igrexa católica romana.

Historia[editar | editar a fonte]

O condado de Hohenzollern-Hechingen foi creado en 1576, tras a partición do condado de Hohenzollern, un feudo do Sacro Imperio Romano Xermánico. En efecto, cando morreu o último conde de Hohenzollern, Carlos I de Hohenzollern (1512–1579), o territorio do seu estado dividiuse en tres condados, que recibiron os seus tres fillos:

En 1623, o condado de Hechingen foi elevado á categoría de principado.

O 23 de novembro de 1767 Franisco Cristobo Antón, conde de Hohenzollern-Haigerloch, morre se descendencia, e o seu condado foi incorporado ao principado de Hohenzollern-Hechingen.

Polo acordo da Dieta do Imperio de 25 de febreiro de 1803, o principado recibiu:

  • O señorío de Glatt,[1] na beira do Neckar, territorio da abadía de Muri,[2] enclavado no condado de Hohenberg,
  • O contiguo convento de Inzigkofen,[3] e
  • Os conventos de Klosterbeuern e Holzhein, no país de Augsburgo.

Os príncipes de Hohenzollern-Hechingen tiñan tamén dereitos feudais nos señoríos de de Duixmuide, Bergh,[4] Gendringen,[4] Elten,[5] Wisch,[4] Pannerden[6] e Mühlingen,[7][8] así como outros dominios en Bélxica.

O 9 de febreiro de 1801, pola paz de Lunéville, France adquire todos os países e domminios do Sacro Imperuo situados na ribeira esquerda do Rin.[9]

Polo tratdo de París de 12 se xullo de 1806, o principado convértese nun Estado soberano e entra na Confederación do Rin. O principado acrecéntase con:

  • Os señoríos de Achberg (Deutschordensherrschaft Achberg) e Hohenfels (Deutschordensherrschaft Hohenfels), dependentes da comenda de Altshausen (Deutschordenskommende Altshausen),
  • Os conventos de Wald (Zisterzienserinnenkloster Wald) e Habsthal,[10] (Dominikanerinnenkloster Habsthal),
  • Os señoríos de Gammertingen e Hettingen, terras ecuestres dos baróns de Speth,[11]
  • Os señoríos de Trochtelfingen e Jungnau,[12] así como parte do señorío de Messkirch situado na ribeira esquerda do Danubio, posesión do príncipes de Fürstemberg,
  • O señorío de Strassberg[13] e da bailía de Ostrach, posesións dos príncipes de Tour e Taxis.

O Estado de Hohenzollern-Hechingen foi despois, entre 1815 e 1850, un estado membro da Confederación Xermánica. A revolución democrática de 1848 tivo un relativo éxito en Hohenzollern e, o 16 de maio de 1848, o príncipe foi obrigado a aceptar o establecemento dunha Constitución. Porén, o conflito entre monárquicos e demócratas continuou e o 6 de agosto, Hohenzollern foi ocupado por forzas do reino de Prusia.

Polo tratado de Berlín de 7 de decembro de 1849, o príncipe Federico Guillermo Constantino cedeu en venda o estado ao seu parente lonxano, o rei Federico Guillerme IV de Prusia. O 20 de febreiro de 1850 o tratado foi ratificado e, o 12 de marzo Federico Guillerme de Prusia toma posesión do estado e, xunto co principado de Hohenzollern-Sigmaringen, formou a provincia de Hohenzollern.

Gobernantes[editar | editar a fonte]

Armas dos Hohenzollern-Hechingen.

Condes de Hohenzollern-Hechingen (1576-1623)[editar | editar a fonte]

Príncipes de Hohenzollern-Hechingen (1623-1850)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Glatt é hoxe un barrio de Sulz am Neckar.
  2. Hoxe en Suíza.
  3. "Bevölkerung und Erwerbstätigkeit 2011" (PDF). Landesamt Baden-Württemberg (en alemán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2012. Consultado o 17 de abril de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Hoxe en Holanda.
  5. Elten é hoxe un barrio de Emmerich am Rhein
  6. Pannerden forma parte hoxe da comuna de Rijnwaarden, Países Baixos.
  7. Mühlingen é hoxe un municipio do distrito de Constanza, Baden-Wurtemberg.
  8. Mühlingen en Páxinas badenses. (en alemán)
  9. Tratado de Lunéville de 9de febreiro de 1801, artigo 6, parágrafo 1º:
    "A S.M. o Emperador e Rei, tanto no seu nome como no do Imperio xermánico, acepta que a República francesa posúa agora, na súa total soberanía e propiedade, os países e dominios situados na beira esquerda do Rin, e que formaban parte do Sacro Imperio Romano; de maneira que conforme ao que fora expresamente consentido no Congreso de Rastatt pola Deputación do Imperio, e aprobado polo emperador, o curso do Rin é agora o límite entre a República francesa e o Imperio romano, a saber: desde o lugar onde o Rin deixa o territorio suízo, ate onde entra no territorio bátavo".
  10. Habsthal é hoxe un barrio de Ostrach
  11. Terras ecuestres: as pertencentes a unha Orde de Cabalaría.
  12. Jungnau é hoxe un barrio de Sigmaringen.
  13. O señorío de Strassberg (Herrschaft Straßberg) comprendía Strassberg e o seu castelo (Burg Straßberg), Frohnstetten e Kaiseringen. Frohnstetten forma parte hoxe de Stetten am kalten Markt, e Kaiseringen, de Strassberg.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]