Saltar ao contido

Confederación Alemá do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConfederación Alemá do Norte
Norddeutscher Bund (de) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°31′N 13°24′L / 52.52, 13.4
CapitalBerlín Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación32.914.800 (1870) Editar o valor en Wikidata (81,22 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie405.278 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de xullo de 1867:  causado por North German Confederation Treaty Editar o valor en Wikidata
Disolución31 de decembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porImperio Alemán Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal
monarquía dual Editar o valor en Wikidata
• Bundespräsidium (en) Traducir Editar o valor en WikidataGuillerme I de Alemaña (1867–1870) Editar o valor en Wikidata
• Xefe do gobernoOtto von Bismarck (1867–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoReichstag (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
MoedaMarco alemán Editar o valor en Wikidata

A Federación Alemá do Norte (en alemán, Norddeutscher Bund) tivo o seu inicio en 1867, logo da disolución da Confederación Xermánica. Formada por 22 estados do norte de Alemaña, foi un agrupamento transitorio, que durou só ata a proclamación do Imperio Alemán en 1871.

A diferenza da Confederación Xermánica, a Federación Alemá do Norte foi un verdadeiro estado. O seu territorio estaba comprendido polas partes da Confederación Xermánica que se atopaban ao norte do Main; os territorios orientais de Prusia e o Ducado de Schleswig, mais excluía a Austria, Baviera, Württemberg, Baden e os territorios meridionais do Gran Ducado de Hesse. Con todo, consolidou o poder prusiano no norte de Alemaña, e puxo os cimentos do control prusiano sobre o sur, grazas á Zollverein e a Tratados de Paz Secretos (asinados cos estados meridionais o día anterior á Paz de Praga).

Aínda que deixou de existir logo da creación do Imperio Alemán, foi a primeira pedra deste. A súa constitución daba grandes poderes ao novo Chanceler (Bismarck), quen foi designado pola Presidencia do Bundesrat. Isto foi así porque o chanceler era inmune ante o Reichstag, o que lle permitiu ser a única ligazón entre o Presidente e o pobo porén, a constitución non era tan conservadora. O Chanceler retivo o poder sobre o aparello militar (logo da amarga experiencia da Crise Constitucional de 1862 en Prusia, que case devora a Guillerme I). Porén, non se toleraba oposición algunha á Chancelaría: os civís que se opuxeran a Bismarck na década do 1860 tiñan prohibido exercer cargos públicos.

A Federación entrou na historia logo de que Prusia derrotara a Austria e ao resto dos estados da Confederación Xermánica na Guerra das Sete Semanas de 1866. Bismarck redactou a constitución que entrou en vigor o 1 de xullo de 1867. Nesta constitución declarábase Presidente ao Rei de Prusia e a Bismarck como Chanceler. Os estados estaban representados no Bundesrat (Congreso Federal) con 43 escanos (dos cales 17 eran prusianos). Para as eleccións ao Reichstag, Bismarck introduciu en Alemaña o sufraxio masculino. O Bundesrat converteuse no Parlamento da Zollverein en 1867, intentando crear unha proximidade maior cos estados meridionais, permitíndolles enviar representantes ao Bundesrat.

Logo da derrota francesa na Guerra Franco-Prusiana en 1871, Baviera, Württemberg, Baden e o Gran Ducado de Hesse (que orixinariamente non eran membros da Federación), se agruparon coa Federación para formar o Imperio Alemán, con Guillerme I como Káiser ou Emperador Alemán.

Selos postais

[editar | editar a fonte]
Selo de correos de 3 kreuzer da Confederación de Alemá do Norte (1869)

Unha da funcións da Federación era manexar o correo e emitir selos postais, cousa que comezou a facer o 1 de xaneiro de 1868. Para adaptarse aos diferentes sistemas monetarios que se usaban nos diferentes estados, emitíronse series valoradas en groschen para os estados do norte, e outras valoradas en kreuzer para os estados do sur, distinguíndoas con sinais simples: as valoradas en groschen tiñan o prezo encerrado nun cadrado e as valoradas en kreuzer, en círculos. Todas as estampas tiñan a inscrición "Norddeutscher Postbezirk" (en galego, "Distrito postal de Alemaña do Norte").

Ademais había estampas especiais dun cuarto de xilin para Hamburgo, coa inscrición adicional "Stadtpostbrief Hamburg" (en galego, "Carta postal da Cidade de Hamburgo").

Pouco antes de 1869 os selos empezáronse a emitir perforados para facilitar a administración e contabilidade destes, perforando tamén os que foron emitidas anteriormente. A partir do 1 de marzo do mesmo ano foron emitidas estampas valorizadas en 10 e 30 gramos de ouro, salientábeis por ser impresas en coiro de intestino de carneiro, para prever a súa reutilización.

O 1 de xaneiro de 1872 os selos da Federación foron substituídos polos primeiros selos do Imperio Alemán.

Lista de estados membros

[editar | editar a fonte]
Mapa dos estados confederados
Estado Capital
Reinos (Königreiche)
Prusia (Preußen) Berlín
Baviera (Bayern) Múnic
Saxonia (Sachsen) Dresde
Württemberg Stuttgart
Grandes Ducados (Großherzogtümer)
Baden Karlsruhe
Hesse (Hessen) Darmstadt
Mecklenburg-Schwerin Schwerin
Mecklenburg-Strelitz Neustrelitz
Oldenburg Oldenburg
Saxe-Weimar-Eisenach (Sachsen-Weimar-Eisenach) Weimar
Ducados (Herzogtümer)
Anhalt Dessau
Brunswick (Braunschweig) Braunschweig
Saxonia-Altenburg (Sachsen-Altenburg) Altenburg
Saxonia-Coburg e Gotha (Sachsen-Coburg und Gotha) Coburg
Saxonia-Meiningen (Sachsen-Meiningen) Meiningen
Principalities (Fürstentümer)
Lippe Detmold
Reuss Junior Line Gera
Reuss Elder Line Greiz
Schaumburg-Lippe Bückeburg
Schwarzburg-Rudolstadt Rudolstadt
Schwarzburg-Sondershausen Sondershausen
Waldeck-Pyrmont Arolsen
Cidades libres hanseáticas (Freie Hansestädte)
Bremen
Hamburgo
Lübeck
Territorio imperial (Reichsland)
Alsacia-Lorena (Elsaß-Lothringen) Estrasburgo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]