Provincia de Hohenzollern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 48°05′00″N 9°13′00″L / 48.0833, 9.21667

Hohenzollernsche Lande
Hohenzollern / Territorio de Hohenzollern / Provincia de Hohenzollern

Provincia do Reino de Prusia (1850-1918)
Prov. do Estado Libre de Prusia (1918-1947)

Flag of Hohenzollern-Hechingen and Sigmaringen.png
Flag of Hohenzollern-Hechingen and Sigmaringen.png
1850 — 1947
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Situación de {{{nome_común}}}
A provincia de Hohenzollern (en vermello), no reino de Prusia, dentro do Imperio alemán
Capital Sigmaringen
Relixión Católica
Goberno Monarquía e, desde 1918, república
Período histórico Idade Contemporánea
 • Establecemento:
Unión dos principados de Hohenzollern-Sigmaringen e Hohenzollern-Hechingen
12 de marzo de 1850
 • Disolución: Proclamación polos Aliados da lei n° 46[1] 25 de febreiro de 1947
Superficie
 • 1939 1.142 km2
Poboación
 • 1939 est. 73.844 
     Densidade 64,7/km²

Hohenzollern, tamén coñecido como País de Hohenzollern e Provincia de Hohenzollern (en alemán: Hohenzollernsche Lande) foi unha provincia do reino de Prusia, e despois do Estado Libre de Prusia.

Historia[editar | editar a fonte]

A provincia foi creada como principado en 1850 pola fusión dos principados de Hohenzollern-Sigmaringen e Hohenzollern-Hechingen despois de que ambas as dúas liñas principescas gobernantes católicas e independentes da dinastía Hohenzollern entregaran a súa soberanía a Prusia, gobernada pola rama protestante dos Hohenzollern. Usaba o mesmo escudo de armas que a casa gobernante.

O 7 de decembro de 1849, polo tratado de Berlín, os príncipes Carlos Antonio de Hohenzollern-Sigmaringen e Constantino de Hohenzollern-Hechingen cederon os seus principados ao rei Federico Guillerme IV de Prusia.

O 20 de febreiro de 1850 se intercambiaron as ratificacións.

O 12 de marzo de 1850, Federico Guilllerme IV promulgou a lei que incorporaba os dous principados ao reino de Prusia e, por Patente real, toma posesión de ambos.

Hohenzollern non foi unha provincia propiamente dita, e constaba dun único distrito, o Regierungsbezirk de Sigmaringen. A capital era Sigmaringen. Mentres Hohenzollern gozaba de todos os dereitos como unha nova provincia de Prusia, incluíndo a súa representación no parlamento prusiano, os asuntos militares eran gobernados pola provincia do Rin. O Regierungsbezirk Sigmaringen foi subdividido en sete Oberamtsbezirke, aínda que só catro deles permanecían en 1925, cando foron fusionados e redivididos como dous novos Kreise.

A Constitución do Estado Libre de Prusia excluía o territorio da súa lista de provincias[2] pero prevía a súa representación no Consello do Estado (Staatsrat)[3] creado pola representación das provincias na lexislación e na administración do Estado Libre.[4] Porén, Hohenzollerne non estaba representado no Reichsrat.

Segundo o censo de 1939 contaba con 74.000 habitantes.

Tras a Segunda Guerra Mundial, en 1945, a provincia quedou situada na zona de ocupación francesa.

En 1946, a administración militar francesa incluíuna no Estado de Wurtemberg-Hohenzollern que reagrupou despois co sur da antiga República Popular de Wurtemberg para formar o Land de Wurtemberg-Hohenzollern.

Mapa da provincia prusiana de Hohenzollern, 1930.

Desde 1952 Hohenzollern froma parte do Land de Badem-Wurtemberg.

Despois das reformas rexionais de 1973 as fronteiras de Hohenzollern foron finalmente eliminadas, e a rexión agora pertence aos distritos de Sigmaringen e Zollernalbkreis, que tamén inclúe territorio que previamente non pertencía á provincia de Hohenzollern.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Territorial Reorganization Inside Germany. Abolition of the State of Prusia. Control Council Law No. 46 and Excerpt from Report of Military Governor (en inglés).
  2. Artigo 32. 1. O Conselllo do Estado (Staatsrat) componse de delegados provinciais. Cómpre entender por provincias as seguintes: Prusia Oriental, Brandeburgo, a cidade de Berlín, Pomerania, a Marca fronteiriza de Posnania-Prusia-Oriental, Baixa Silesia, Alta Silesia, Saxonia, Sleswig-Holstein, Hannóver, Westfalia, a Provincia renana e Hesse-Nassau.
  3. Artigo 32. 3. Por outra parte, o territorio de Hohenzollern enviará un delegado.
  4. Artigo 31. Constitúese, por representantes das provincias para a lexislación e a administración do país, un Consello de Estado (Staatsrat).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Específica sobre Hohenzollern[editar | editar a fonte]

  • Bernhardt, Walter & Rudolf Seigel (1975): Bibliographie der Hohenzollerischen Geschichte. (= Arbeiten zur Landeskunde Hohenzollerns; Bd. 12). Sigmaringen: Thorbecke. ISBN 3-7995-6212-5.
  • Genzmer, Walter (1955): Hohenzollern (Deutsche Lande – Deutsche Kunst). München/Berlin 1955.
  • Zingeler, Karl Theodor & Wilhelm Friedrich Laur (1896): Die Bau- und Kunst-Denkmäler in den Hohenzollern’schen Landen. Stuttgart: Neff.

Sobre Prusia no seu conxunto[editar | editar a fonte]

  • Bled, Jean-Paul (2007): Histoire de la Prusse. Paris: Fayard. ISBN 978-2213626789.
  • Clark, Christopher (2006): Iron Kingdom. The Rise and the Downfall of Prussia, 1600-1947. Allen Lane/ Penguin Books. ISBN 0-713-99466-5.
  • Koch, H. W. (1984): A History of Prussia. London: Longman. ISBN 0-582-48190-2.
  • MacDonogh, Giles (1994): Prussia. London: Sinclair-Stevenson. ISBN 1-85619-267-9.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]