Federico Guillerme II de Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico Guillerme II de Prusia
Rei de Prusia e Elector de Brandeburgo
Frederick Wilhelm II.png
Reinado 17 de agosto de 1786 -
16 de novembro de 1797
Nacemento 25 de setembro de 1744
Berlín, Flag of Prussia 1892-1918.svg Reino de Prusia
Falecemento Potsdam, Flag of Prussia 1892-1918.svg Reino de Prusia
Predecesor Federico II
Sucesor Federico Guillerme III
Consorte Isabel Cristina Ulrica de Brunswick-Wolfenbüttel
Frederica Luísa de Hesse-Darmstadt
Descendencia Federica Carlota
Federico Guillerme III
Luis Carlos
Guillermina de Prusia
Augusta
Carlos
Guillerme
Dinastía Hohenzollern
Pai Príncipe Augusto Guillerme de Prusia
Nai Duquesa Luísa Amalia de Brunswick-Wolfenbüttel

Federico Guillerme II de Prusia, nado en Berlín o 25 de setembro de 1744 e finado en Potsdam o 16 de novembro de 1797, foi o cuarto rei de Prusia, cargo que ostentou dende 1786 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Federico Guillerme era o fillo do príncipe Augusto Guillerme e da duquesa Luísa Amalia. Naceu en Berlín e converteuse en herdeiro do trono ao Reino de Prusia cando morreu o seu pai, en 1758, pois o irmán deste, Federico II o Grande, quen era o Rei de Prusia, non tivo fillos. Foi un mozo de carácter fácil e amante dos praceres.

O seu matrimonio con Isabel Cristina, filla de Carlos I de Brunswick-Wolfenbüttel, celebrado o 14 de xuño de 1765 en Charlottenburg, foi disolto en 1769. Posteriormente casouse con Frederica Luísa, filla de Luís IX, o 14 de xullo de 1769, tamén en Charlottenburg. Aínda que tivo coa súa esposa numerosa familia, a súa amante, Guillermina Enke -posteriormente condesas de Lichtenau- exerceu unha poderosa influencia sobre el.[1]

Federico Guillerme foi un home ben parecido, dotado dun brillante intelecto e devoto patrón das artes (Beethoven e Mozart gozaron dos seus favores, e a súa orquestra privada fíxose famosa en Europa). Pero esta sensibilidade artística escaso servizo faría a un rei de Prusia en vésperas da Revolución francesa; e Federico o Grande, quen o empregou para varios servizos –notablemente nunha abortada misión confidencial á corte de Rusia, en 1780– expresou abertamente a súa aprensión polo carácter do príncipe e de quen o rodeaban.[1] His favourite son—with Wilhelmine Enke—was Graf Alexander von der Mark.[2]

Reinado[editar | editar a fonte]

O receo resultou xustificado polo ulterior desenvolvemento dos acontecementos. O ascenso de Federico Guillerme ao trono o 17 de agosto de 1786 estivo, en verdade, seguido por unha serie de medidas destinadas a alixeirar as cargas do pobo, reformando o opresivo sistema francés de recolección de impostos introducido por Federico o Grande e incentivando o comercio coa diminución dos dereitos de aduana e a construción de camiños e canles.[2][3] Isto deu ao novo rei popularidade entre as masas, mentres as clases educadas miraban compracidas a eliminación das restricións impostas por Federico Guillerme sobre a lingua alemá, pola admisión de escritores alemáns á Academia Prusiana, e polo impulso dado ás escolas e universidades.

Influencia de Wollner[editar | editar a fonte]

Pero estas reformas estiveron viciadas desde a súa fonte. En 1781, Federico Guillerme, entón príncipe de Prusia, inclinado ao misticismo, uniuse aos Rosacrucistas e caera baixo o influxo de Johann Christoff Wollner (1732 – 1800), ata o punto de que, en diante, a política real seguiría sendo inspirada por aquel.[3]

Wollner, a quen Federico o Grande describira como un "traizoeiro e intrigante sacerdote", comezara a vida como titor da familia do Xeneral von Itzenplitz, un nobre da Marca de Brandeburgo e, logo da morte do xeneral e para escándalo do Rei e a nobreza, casouse coa filla do xeneral e, co apoio da súa sogra, instalouse nunha pequena facenda.

Polos seus experimentos prácticos e polos seus escritos, Wollner gañou unha considerable reputación como economista. Pero a súa ambición non quedou satisfeita con iso, e buscou estender a súa influencia uníndose, primeiro, aos Francmasones e, despois, aos Rosacrucistas. Coa súa impresionante personalidade e elocuencia, Wollner foi o home xusto para conducir un movemento desta clase. Baixo o seu influxo, a orde estendeuse rápidamente e, pronto, el converteuse no director supremo (Oberhauptdirektor) de varios círculos que incluían, entre os seus membros, príncipes, oficiais e altos funcionarios.[4]

Como Rosacrucista, Wollner interesouse na alquimia e noutras artes místicas, pero tamén resultou ser un celoso defensor da ortodoxia cristiá, colocada en situación de perigo polo patrocinio de Federico o Grande á "Ilustración". Uns poucos meses antes da morte de Federico o Grande, escribiu ao seu amigo, o Rosacrucista Johann Rudolph von Bischoffswerder (1741 - 1803), que a súa máis alta ambición era ser posto á cabeza do departamento relixioso do Estado, como un indigno instrumento nas mans de Ormesus (o nome do príncipe dos Rosacrucistas de Prusia), "co propósito de salvar millóns de almas da perdición, e traer a todo o país de volta á relixión de Xesucristo".[4]

Tal era o home a quen Federico Guillerme II, inmediatamente logo de ascender ao trono, chamou ao seu consello. O 26 de agosto de 1786, Wollner foi designado conselleiro privado para as finanzas (Geheimer Oberfinanzrath) e, o 2 de outubro de 1786, foi ennobrecido. Aínda que non de nome, de feito foi o primeiro ministro en todos os asuntos internos: era el quen decidía, e as reformas fiscais e económicas do novo reinado foron a aplicación das súas teorías. Tamén Bischoffswerder -ata entón un simple alcalde- foi chamado aos consellos reais e, para 1789, era xa un asistente xeral.

Estes foron os dous homes que envolveron ao rei nunha rede de misterio e intriga rosacrucistas, o cal obstaculizou calquera posible desenvolvemento saudable da súa política e conduciu finalmente ao desastre. A oposición a Wollner foi, ao principio, o suficientemente forte para impedir que se lle confiase o departamento de relixión; pero isto tamén foi superado co tempo e o 3 de xullo de 1788 foi designado conselleiro privado de estado e de xustiza e cabeza do departamento espiritual para os asuntos Luteranos e Católicos.[5]


A guerra foi declarada a quen moito tempo despois haberían de ser chamados "modernistas". O rei, con tal de que Wollner estivese conforme con perdoar a súa inmoralidade (que Bischoffswerder - para ser xustos con el – condenou), estaba ansioso de axudar á cruzada ortodoxa. O 9 de xullo de 1788 expediuse o famoso edicto relixioso que prohibiu aos ministros evanxélicos ensinar calquera cousa que non estivese contida na letra dos seus libros oficiais; proclamou a necesidade de protexer a relixión cristiá contra os "ilustrados" (Aufklärer) e colocou os establecementos educativos baixo a supervisión do clero ortodoxo. O 18 de decembro de 1788 foi promulgada unha nova lei de censura, para asegurar a ortodoxia de todos os libros publicados e, finalmente, en 1791, foi creada, en Berlín, unha especie de Inquisición Protestante (Immediat-Examinationscommission) para vixiar todos os cargos eclesiásticos e escolásticos.

No seu celo pola ortodoxia, Federico Guillerme excedeu ao seu ministro: reprochou a –ociosidade e vaidade– de Wollner polo inevitable fallo de intentar regular a opinión desde o poder e, en 1794, privouno dun dos seus cargos seculares, a fin de que puidese ter máis tempo para dedicarse el mesmo ás cousas de Deus. En sucesivos edictos, o rei proseguiu, ata o fin do seu reinado, facendo regulacións "en orde a manter nos seus estados un verdadeiro e activo cristianismo, como camiño para o xenuino temor de Deus".

Os efectos desta política de cegueira e escurantismo pesaron moito máis que o bo que puidese resultar dos ben intencionados esforzos do rei, respecto da reforma económica e financeira, a cal, ademais, foi espasmódica e parcial, e terminou espertando un maior descontento.

Fracaso administrativo[editar | editar a fonte]

Pero o máis fatídico para Prusia foi a actitude do rei cara ao exército e a policía. O exército foi o verdadeiro fundamento do estado prusiano, unha verdade que Federico Guillerme I e Federico o Grande comprenderan plenamente. O exército fora o primeiro coidado destes e a súa eficiencia fora mantida pola constante supervisión do seu persoal. Federico Guillerme, a quen non gustaban os asuntos militares, puxo a súa autoridade como "Kriegsherr" (Señor da Guerra) en mans dunha comisión dependente dun supremo colexio de guerra, baixo a dirección do Duque de Brunswick e do Xeneral Wichard Joachim Heinrich von Möllendorf. Isto foi o comezo do proceso que terminou en 1806, na Batalla de Jena.[1]

En tales circunstancias, a intervención de Federico Guillerme nos asuntos de Europa non resultou benéfica para Prusia. A campaña holandesa de 1787, emprendida por puras razóns familiares foi, en verdade, de gran éxito, pero non compensou a Prusia o prezo da súa intervención. Un intento para intervir na guerra de Rusia e Austria contra o Imperio otomán fallou no seu obxectivo: Prusia non tivo éxito en obter concesións de territorio dos seus aliados, e a destitución de Hertzberg (5 de xullo de 1791) sinalou o abandono final da tradición anti-austríaca de Federico o Grande.

Mentres, a Revolución francesa entrara na súa fase máis alarmante e, en agosto de 1791, Federico Guillerme, no encontro de Pillnitz, acordou co emperador Leopoldo II unirse en apoio da causa do rei Luís XVI de Francia. Pero nin o carácter do rei, nin a confusión das finanzas prusianas debida ás súas extravagancias, prometían ningunha acción efectiva. O 7 de febreiro de 1792 foi asinada unha alianza formal, e Federico Guillerme tomou parte, persoalmente, nas campañas de 1792 e 1793.

A súa acción tivo obstáculos, con todo, por falta de fondos, e os seus consellos concentráronse nos asuntos de Polonia, que prometían un botín máis rico, o cal podería ser gañado pola cruzada antirrevolucionaria de Francia. Un tratado subsidiario cos poderes marítimos (19 de abril de 1794) encheu as súas arcas, pero a insurrección en Polonia, que seguiu á partición de 1793, e a ameaza da intervención de Rusia, precipitárono a asinar, por separado, o Tratado de Basilea, coa República Francesa (5 de abril de 1795), que foi mirado polas grandes monarquías como unha traizón e deixou a Prusia moralmente illada en Europa, en vésperas da titánica loita entre os principios monárquicos e o novo credo político da revolución.

Prusia pagara un caro prezo polos territorios adquiridos a expensas de Polonia, en 1793 e 1795, e cando morreu Federico Guillerme o 16 de novembro de 1797, deixou o Estado en bancarrota e confusión, o exército descaecido e a monarquía desacreditada. Foi sucedido polo seu fillo Federico Guillerme III.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

Federico Guillerme II tivo os seguintes fillos:[1]

Ademais das súas relacións coa súa amante con título de nobreza, a condesas de Lichtenau, o rei -quen era francamente polígamo- contraeu dous matrimonios morganáticos: con Julie von Voss e con Sophie von Dönhoff.[1]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Feldhahn, Ulrich (2011). Kunstverlag Josef Fink, Lindenberg, ed. Die preußischen Könige und Kaiser (German). pp. 15–16. ISBN 978-3-89870-615-5. 
  2. 2,0 2,1 Komander, Gerhild H. M. "Friedrich Wilhelm II. König von Preußen (German)". Verein für die geschichte Berlins e.V. Consultado o 29 de abril 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Preussenchronik: Der neue König macht wenig besser und vieles schlimmer (German)". Rundfunk Berlin Brandenburg. Consultado o 29 de abril 2013. 
  4. 4,0 4,1 Clark, Christopher (2006). Iron Kingdom: The Rise and Downfall of Prussia, 1600 to 1947. Cambridge, MA: Belknap Press of Harvard University Press. p. 270. 
  5. Rundfunk Berlin Brandenburg (ed.). "Preussenchronik: Friedrich Wilhelm II. Preußen (German)". Consultado o 29 de abril 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Federico Guillermo II

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • David E. Barclay: Friedrich Wilhelm II. (1786–1797). In: Frank-Lothar Kroll (Hrsg.): Preußens Herrscher. Von den ersten Hohenzollern bis Wilhelm II.
  • Beck, München 2006, S. 179–196.
  • Wilhelm Moritz Freiherr von Bissing: Friedrich Wilhelm II. König von Preußen. Ein Lebensbild. Duncker & Humblot, Berlin 1967.
  • Wilhelm Bringmann: Preußen unter Friedrich Wilhelm II. (1786–1797). Lang, Frankfurt am Main u. a. 2001, ISBN 3-631-37427-5.
  • Julius von Hartmann: Friedrich Wilhelm II. In: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 7, Duncker & Humblot, Leipzig 1877, S. 685–700.
  • Hans Haussherr: Friedrich Wilhelm II.. In: Neue Deutsche Biographie (NDB). Band 5, Duncker & Humblot, Berlin 1961, ISBN 3-428-00186-9, S. 558–560 (Digitalisat).
  • Brigitte Meier: Friedrich Wilhelm II. – König von Preußen (1744–1797). Ein Leben zwischen Rokoko und Revolution. Pustet, Regensburg 2007.[10]
  • Hans-Joachim Neumann: Friedrich Wilhelm II. Preußen unter den Rosenkreuzern. Edition q im Quintessenz Verlag, Berlin 1997, ISBN 3-86124-332-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Federico II de Prusia
Prussiaflag small.jpg
Rei de Prusia

17861797
Sucesor:
Federico Guillerme III de Prusia