James Harden: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:جیمز هاردن
Liña 114: Liña 114:
[[en:James Harden (basketball)]]
[[en:James Harden (basketball)]]
[[es:James Harden]]
[[es:James Harden]]
[[fa:جیمز هاردن]]
[[fr:James Harden]]
[[fr:James Harden]]
[[he:ג'יימס הארדן]]
[[he:ג'יימס הארדן]]

Revisión como estaba o 15 de maio de 2012 ás 04:49

James Harden
Oklahoma City Thunder – No. 13
Posición Escolta
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 26 de agosto de 1989 (34 anos)
Os Ánxeles, California
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 99 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Artesia, California
Universidade Arizona State
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Oklahoma City Thunder
Carreira dende 2009
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies da NBA (2010)
Mellor Sexto Home (2012)
Información en nba.com

James Harden, nado o 26 de agosto de 1989 en Os Ánxeles, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que pertence ao equipo dos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de altura xoga na posición de escolta.

Traxectoria

Universidade

Xogou dúas tempadas cos Sun Devils da Universidade Estatal de Arizona, onde acadou 19,0 puntos e 5,5 rebotes por partido.[1] Na súa segunda tempada foi un dos 50 finalistas no prestixioso Premio John R. Wooden.[2] Conseguiu a súa mellor marca anotadora o 30 de novembro de 2008, ao conseguir 40 puntos ante UTEP.[3] Foi elixido mellor xogador do torneo da Pacific-10 Conference tras derrotar a USC no Staples Center, e posteriormente xogador do ano da conferencia, ademais de entrar no primeiro equipo All-American.[4] Tras dous anos na universidade, declarouse elixible para o draft de 2009.[5]

Estatísticas

Tempada Equipo P PTS REB AST ROUB TAP %TC %3P %TL MIN PER
2007-08 Arizona State Sun Devils 34 17.8 5.3 3.2 2.1 0.6 .527 .407 .754 34.1 2.6
2008-09 Arizona State Sun Devils 35 20.1 5.6 4.2 1.7 0.3 .489 .356 .756 35.8 3.4
Total: 69 19.0 5.4 3.7 1.9 0.4 .506 .376 .755 35.0 3.0

Profesional

Harden foi elixido na terceira posición do Draft da NBA do 2009 polos Oklahoma City Thunder.[6] Esto fixo que se convertira no primeiro xogador drafteado polos Oklahoma City Thunder dende que a franquía tivo ese nome.

Na súa primeira tempada na NBA, Harden xogou máis de 22 minutos por partido, facendo 9.9 puntos por encontro. Foi elixido no segundo equipo de rookies ao remate da tempada. No seu segundo ano, xogou nos 82 partidos da tempada regular, con 12.2 puntos de media. Nos playoffs acadou 13.0 puntos por partido, cunha porcentaxe de 47% de tiros de campo.

O 18 de abril de 2012, anotou 40 puntos na vitoria por 109-97 contra os Phoenix Suns, a máxima anotación da súa carreira. A tempada 2011-12 foi a súa mellor tempada dende que chegou á NBA, con 16.8 puntos en 31.4 minutos por partido, aínda que tan só xogou 2 partidos de 62 coma titular. Ao remate da tempada, foi elixido coma Mellor Sexto Home da NBA, convertíndose no segundo xogador máis novo en conseguilo. Liderou aos suplentes da NBA con 16.8 puntos por partido.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas