Curtis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: ja:クルティス
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Curtis, Galicia
Liña 144: Liña 144:
[[ja:クルティス]]
[[ja:クルティス]]
[[mk:Куртис, Галиција]]
[[mk:Куртис, Галиција]]
[[ms:Curtis, Galicia]]
[[nl:Curtis (A Coruña)]]
[[nl:Curtis (A Coruña)]]
[[pam:Curtis, Galicia]]
[[pam:Curtis, Galicia]]

Revisión como estaba o 16 de abril de 2011 ás 14:17

08' 20" N 08° 02' 09" O_E_ 0°N 0°L / 43_08_20_N_08_02_09_W, 43° 08' 20" N 08° 02' 09" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Curtis
Logo de Curtis
Bandeira de Curtis
Escudo de Curtis
Situación
Xentilicio[1]Curtiense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación4.246 hab. (2009)[2][3]
Área116,6 km²[3]
Densidade36,42 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias[4]
Capital do concelloTeixeiro
Política (2007)
AlcaldeJavier Francisco Caínzos Vázquez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Curtis
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,24%
Na rede
concellodecurtis.org
editar datos en Wikidata ]

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña. Segundo o IGE no 2009 tiña unha poboación de 4.246 habitantes (4.287 no 2006, 4.369 no 2005, 4.421 no 2004, 4.438 no 2003).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Curtiense.

Evolución da poboación de Curtis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.335 5.678 6.723 5.084 4.421
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Ríos

Os tres ríos principais do concello son o Mandeo, o Mendo e o Deo.

O río Mandeo percorre boa parte dos seus 53 km. polo concello. Nace no alto das Pías (720 msnm) ó lombo da Coba da Serpe e desemboca na ría de Betanzos. Teixeiro e Curtis, xunto con Sobrado forman a cunca lata deste río. No río dase a troita común.

O río Mendo nace no monte da Graña (580 msnm). Logo de pasar por San Mamede (Cesuras) e Bandoxa (Oza dos Ríos) recibe as augas do Minator. A partir de Souto (Coirós) vólvese máis sinuoso, e descende rapidamente, para discorrer paralelo ó Mandeo e desembocar coma este na ría de Betanzos.

O río Deo, de 16 km, é un afluente do Mandeo. Nace nos montes da Carriceira (548 msnm) e desemboca no Mandeo á altura da Castellana. Agás no seu tramo final no que se une ó Mandeo, o Deo discorre por terreos máis ou menos homoxéneos en altitude, producindo no seu curso abundantes brañas.

Flora e fauna

O tipo de solo que caracteriza a este concello é granitico nas súas dúas variantes: granitos de biotita e granitos de dúas micas. Cara ó oeste aparece unha reducida zona de esquistos e cara ó sur unha área de rochas básicas.

Coexiste unha gran diversidade de vexetación. As fragas contan con carballos, castiñeiros e bidueiros; cabe destacara existencia de acivros e sanguiños así como gramíneas e herbáceas.
As brañas, na actualidade, aprovéitanse forestalmente introducindo eucaliptos e piñeiros, e tamén para o aproveitamento gandeiro, sendo frecuentes os cabalos en liberdade.

A fauna esta atópase moi relacionada co tipo de clima e vexetación. Dentro da fauna cinexética destacan entre os mamíferos o raposo, corzo, xabarín, coello e a lebre. Entre as aves están a paspallás, a perdiz e o faisán. Tamén se dá o lobo, unha especie protexida.

Zonas verdes, roteiros e sendeirismo

Curtis, mantén un Patrimonio Natural de grande valor ecolóxico e paisaxístico, debendo estar a súa conservación na contemplación dunha estratexia de desenvolvemento integral vertebrada en torno á Axenda Local-21, proxecto de desenvolvemento económico e humano sostible impulsado pola ONU e da que Curtis é pioneiro na provincia da Coruña.

Roteiros

Curtis conta con 10 roteiros de carácter local-2 (SL), ofrecendo cada un deles non só un atractivo paisaxistico senón que discorren por núcleos rurais onde se poden observar a arquitectura tradicional. Trátanse duns percorridos onde o rustico acada unha grande relevancia e, para non perder a sensación de unidade, é moi recomendable culminar todo o camiño sunha soa vez.

A primavera e o outono son os mellores momentos para atravesar cada un deles xa que a diversidade de colores e olores que sorprenderán os camiñantes, como se pode observar na Guía de Recursos Naturais publicada polo Concello no ano 2001.

Tres roteiros cumpren os requisitos para ser homologados pola Federación Galega de Montañismo.

Arquitectura relixiosa

O Concello de Curtis conta con catro parroquias:

Santa Maria de Lourdes

Atópase aquí a igrexa de Nosa Señora de Lourdes, de recente construción.

Santa María de Fisteus

Nesta parroquia hai tres igrexas: a de Santa María de Fisteus, do século XIII, a de San Roque de Xabriño, do século XVIII en sillería de cachotería, e a da Illana de recente construción.

Santa Eulalia

Conta con dúas igrexas importantes. A da Nosa Señora dos Remedios (Teixeiro), orixinalmente do século X, foi construída probablemente para sacralizar un lugar de ritos célticos, conta cun carballo de mais de 200 anos e unha fonte próxima. A igrexa orixinal sufriu numerosas remodelacions nos séculos XVII, XVIII, XIX e XX.

A outra igrexa é a de Santaia, un templo primitivo construído no século X por Plasencio, avó do célebre San Pedro de Mezonzo. O templo está vencellado a este personaxe fundamental na historia de Galicia, porque naceu no lugar de Chacente no ano 930.

Santa María de Foxado

A igrexa principal de Foxado data do século XVIII. É de tipoloxía barroca. A súa fachada é de sillería de granito destaca a torre do seu campanario rematada en espadaña.

Casas rectorais

  • A casa rectoral da Nosa Señora de Lourdes, é unha edificación modernista de principios do século XX, está situada no centro do núcleo urbano de Curtis con galería e balcón de madeira.
  • A casa rectoral de Nosa Señora dos Remedios, foi recentemente restaurada e está situada fronte á igrexa, ás aforas do núcleo urbano.
  • A casa rectoral de Santaia, anterior ó século XVIII, tamén foi recentemente restaurada pola asociación de veciños pero sempre respetando a súa estrutura orixinal.
  • A casa rectoral de A Illana é do século XX e é, claramente, un edificio representativo da arquitectura rural.

Lugares de Curtis

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Curtis vexa lugares de Curtis.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal na galería de imaxes de Curtis

Parroquias

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Curtis".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Modelo:Véxase