Eleccións lexislativas de Palestina de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O 25 de xaneiro de 2006, celebráronse as eleccións para o Consello Lexislativo Palestino (CLP), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina (ANP). Esta foi a primeira elección para o CLP dende 1996; ás eleccións anteriores atrasáranse en varias ocasións debido ao conflito árabe-israelí. Puideron votar os habitantes da Faixa de Gaza e Cisxordania, incluíndo Xerusalén Leste.

Os resultados finais mostraron a vitoria de Hamás, con 74 escanos, contra os 45 de Fatah, o que lle deu a Hamás unha maioría absoluta, 75 de 132 deputados, permitíndolle formar un goberno sen ter que chegar a alianzas.

Das listas electorais, Hamás recibíu o 44,45 % e Fatah o 41,43 %[1] e nos Distritos electorais, Hamás recibíu o 41,73 % contra o 36,96% .[1]

O Primeiro Ministro, Ahmed Qurei, matívose no poder como interino, pola petición do presidente Mahmoud Abbas, ata o 19 de febreiro, cando o líder de Hamás Ismail Haniya formou un novo goberno.

En resposta á vitoria de Hamás e ao conseguinte conflito con Fatah, o Cuarteto, un importante respaldo financieiro da ANP, conxelou os fondos desta tralas eleccións, ademais Israel retivo os ingresos fiscais recaudados no nome da Autoridade Nacional Palestina, o que fixo que se desplomase a economía.

Resultados[editar | editar a fonte]

A Comisión Electoral Central deu a coñecer os resultados o 29 de xaneiro, anunciando que Hamás conseguira 75 escanos e Fatah 45.[2] Segundo os resultados, Hamás gañou a maioría dos escanos da circunscrición, pero conseguiu unha menor marxe nas listas electorais.

A participación foi do 74,6% – 76 % na Faixa de Gaza e do 73.1 % en Cisxordania.[3]

Estimacións preelectorais[editar | editar a fonte]

O Centro Palestino de Investigación entrevistou 1.316 persoas adultas en Cisxordania e na Faixa de Gaza a comezos de decembro de 2005, para coñecer a súa intención de voto, cos seguintes resultados:[4]

  • Fatah: 50%
  • Hamás: 32%
  • Outros: 9%
  • Indecisos: 9%

Unha segunda enquita do PCPSR entre o 29 e o 31 de decembro feita a 4.560 votantes potenciais deu este resultado:[5]

  • Fatah: 43%
  • (Hamás): 25%
  • Palestina Independente: 5%
  • Martyr Abu Ali Mustafa: 3%
  • A Alternativa: 2%
  • A terceira Vía: 2%
  • Indecisos: 19%

Non hai outros partidos que superen o 2%.

Unha sondaxe de opinión pública, realizada entre o 5 e o 6 de xaneiro, a 1.360 persoas, mostrou un descenso de Fatah:[6]

  • Fatah 39.3%
  • Hamás: 31.3%
  • Palestina Independente: 10.4%
  • Martyr Abu Ali Mustafa: 6.8%
  • A Terceira Vía: 5.5%

Non hai outros partidos que superen o 2%.

Notas[editar | editar a fonte]