Hamás
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
| حركة المقاومة الاسلامية Harakat al-Muqáwama al-Islamiya Movemento de Resistencia Islámico | |
|---|---|
| Partido político de Palestina | |
| Dirixentes e organización | |
| Líder | Khaled Mashaal Ismail Haniyah Mahmoud Zahar |
| Historia | |
| Fundación | 1987 |
| Posicións políticas | |
| Ideoloxía | Islamismo Nacionalismo palestino Antisionismo |
| Outros datos | |
| Sede | Gaza |
Hamás (en árabe حماس, fervor, e acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, حركة المقاومة الإسلامية Movemento de Resistencia Islámica) é unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina.
Hamás fundouna Ahmed Yassin o 14 de decembro de 1987 na faixa de Gaza, coincidindo co levantamento popular, ou intifada, contra a ocupación israelí. Ten relacións estreitas cos Irmáns Musulmáns exipcios. En xaneiro de 2006 accede ao goberno de Gaza logo de vencer con claridade nas eleccións lexislativas.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
|