Eleccións Xerais 1901 en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Eleccións Xerais de 19 de maio de 1901 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

En base ao Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 17 de novembro de 1900 María Cristina de Habsburgo-Lorena autorizaba o matrimonio da princesa de Asturias, María das Mercedes de Borbón e Habsburgo-Lorena, con Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, pretendente carlista, esta decisión provoca graves disturbios en Madrid a principios do mes de febreiro.

O 2 de marzo de 1901 cesa Marcelo Azcárraga Palmero como Presidente do Goberno de España, ocupando o seu posto novamente Sagasta

Características[editar | editar a fonte]

O 25 de abril de 1901 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

Descoñécese o número de votantes para estas eleccións, todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 402 deputados os días 19 de maio e 2 de xuño de 1899.

Composición do Congreso dos Deputados[editar | editar a fonte]

Eleccións Xerais en España, 19 de maio de 1901

Partido Escanos Líder
Partido Liberal 245 Práxedes Mateo Sagasta
Partido Liberal-Conservador 84 Francisco Silvela
Coalición Republicana 14 Nicolás Salmerón
Partido Liberal Gamacista 13 Germán Gamazo y Calvo
Partido Liberal Reformista 8 Francisco Romero Robledo
Conservadores Tetuanistas 7 Carlos O'Donnell y Álvarez de Abreu
Comunión Tradicionalista 6 Matías Barrio Mier
Lliga Regionalista 6 Bartomeu Robert i Yarzábal
Partido Integrista 3 Ramón Nocedal y Romea
Republicanos blasquistas 2 Vicente Blasco Ibáñez
Liberais independentes 2
Católicos independentes 2
Unión Nacional 2 Basilio Paraíso
Republicanos independentes 1
Independentes 7

Resultados en Galicia[editar | editar a fonte]

Os deputados elixidos en Galicia foron:[1]

A Coruña[editar | editar a fonte]

Lugo[editar | editar a fonte]

Ourense[editar | editar a fonte]

Pontevedra[editar | editar a fonte]

Final da Rexencia[editar | editar a fonte]

O 17 de maio de 1902, ao cumprir os 16 anos de idade, Afonso XIII foi declarado maior de idade e asumiu as funciones constitucionais de Xefe de Estado.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros Artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]