Eduardo Cobián Roffignac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eduardo Cobián y Roffignac»)
Infotaula de personaEduardo Cobián Roffignac

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Eduardo Cobián Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1857 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1918 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Mariña de España
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador do Reino
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Eduardo Cobián Roffignac, nado en Pontevedra o 19 de marzo de 1857 e finado en Madrid o 20 de abril de 1918, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa formación escolar en Pontevedra, seguindo no Colexio Libre Municipal dos Escolapios en Celanova, e tras acadar o bacharelato, iniciou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Abandonou os estudos en 1874, pero retomou a carreira en 1876 na Universidade Central de Madrid, rematándoa en 1878. Ese mesmo ano casou con Luisa Benita Fernández de Córdoba Romero, neta de Fernando Fernández de Córdova.

En 1880 ingresou no Colexio de Avogados de Xetafe, onde abriu un despacho. En 1883 afiliouse ao Colexio de Avogados de Madrid. Brillante avogado, a súa fama propiciou a expansión do seu bufete, que en 1897 contaba con despachos en Valladolid, Chinchón e Xetafe, chegando anos máis tarde a defender a María Cristina de Habsburgo-Lorena e ao Conde de San Bernardo. En 1906 foi nomeado avogado da Casa Real, dimitindo en xullo de 1910 trala entrega da illa de Cortegada ao intendente de Palacio, o Marqués de Borja.

Vida política[editar | editar a fonte]

En 1884 presentouse ás eleccións ao congreso dos Deputados pola circunscrición de Xetafe, pero non saíu elixido. Conseguiuno dous anos despois polo distrito da Cañiza. Tanto nas eleccións de 1893 como nas de 1896 accedeu polo distrito de Xinzo de Limia. En 1898 pasouse ao Senado, colaborando con asuntos relativos á defensa. En 1901 volveu ao Congreso, repetindo como deputado por Xinzo de Limia até a súa morte. Foi nomeado Ministro de Mariña en 1903 e 1905. Trala morte de Fernández Villaverde, os villaverdistas agrupáronse en torno ao avogado pontevedrés. O grupo villaverdista disolveuse o 17 de xullo de 1906, e varios deles, como Alba, Gasset ou Burell, integráronse no Partido Liberal.

Eduardo Cobián, retratado por Mariano Oliver Aznar, 1911

O seu novo partido promoveuno en 1906 para a presidencia da Comisión de Orzamentos. Despois do período gris que para Cobián supuxo o longo goberno de Maura, o 9 de febreiro de 1910 converteuse en ministro de Facenda. Nas eleccións do 8 de maio de 1910, ademais de acadar a acta por Xinzo, os seus fillos Eduardo e Juan José foron elixidos por Xetafe e O Barco de Valdeorras. Pero trala súa renuncia á acta de Xinzo de Limia por resultar elixido simultaneamente por Santa Cruz de Tenerife, foi designado deputado o seu secretario Francisco Barber Sánchez.

Entre xuño e setembro de 1910 Cobián presentou diversos proxectos de reforma inspirados nas ideas do economista Flores de Lemus, como o proxecto de reforma dos impostos de consumos específicos e o aumento da tributación do azucre, que acabou atenuándose debido á presión dos produtores. Reformou a contribución de utilidades e intentou introducir un imposto persoal sobre a renda modificando o imposto de Cédulas. Se ben a maioría das súas propostas de reforma foron rexeitadas, as modificacións aprobadas proporcionaron resultados proveitosos para a Facenda Pública. Aumentou a capacidade recaudatoria da Contribución de Utilidades e avanzouse na elaboración do Catastro.

O 3 de abril de 1911 abandonou o Consello de ministros, sendo nomeado pouco despois gobernador do Banco de España, posto que abandonou o 12 de novembro de 1913. O 2 de xuño de 1913 regresou á presidencia da Comisión de Orzamentos del Congreso. Foi presidente do Consello de Estado entre o 31 de decembro de 1915 e o 15 de xuño de 1917

Predecesor:
Joaquín Sánchez de Toca
Marcelo Azcárraga Palmero
 Ministro de Mariña 
1903
1905
Sucesor:
José Ferrándiz y Niño
Miguel Villanueva y Gómez
Predecesor:
Juan Alvarado y del Saz
 Ministro de Facenda 
1910 - 1911
Sucesor:
Tirso Rodrigáñez y Sagasta
Predecesor:
Tirso Rodrigáñez Sagasta
 Gobernador do Banco de España 
1911 - 1913
Sucesor:
Lorenzo Domínguez Pascual

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. ISBN 84-8457-255-2. 
  • Comín, F. et alii. La Hacienda desde sus ministros. Del 98 a la guerra civil. Prensas Universitarias de Zaragoza. Zaragoza, 2000. ISBN 84-7733-540-0 (en castelán).
  • González Clavijo, P.: Las calles de Pontevedra. Deputación de Pontevedra, 2008. ISBN 978-84-8457-312-8 (en castelán).