Serapio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSerapio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Serapion of Algiers Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1179 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1240 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Alxer Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMiles Christianus (en) Traducir , monge guerreiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de tempo13th century generation (en) Traducir e xeración do século XII Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde da Mercé e Q2028821 Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de novembro Editar o valor em Wikidata
Relevo procedente dalgún retablo do século XVIII, hoxe exposto no claustro do Mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra).

Serapio, nado en Londres en 1179 e finado en Alxer o 14 de novembro de 1240, foi un santo e un militar de orixe irlandesa que participou nas cruzadas ao servizo do rei Ricardo Corazón de León.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Londres no ano 1179, mais era de orixe irlandesa. Participou nas cruzadas ao servizo de Ricardo Corazón de León. De regreso viaxou a España, onde participou na Reconquista, servindo nas filas de Alfonso VIII, despois do cal coñeceu a San Pedro Nolasco e aos frades mercedarios.[1] Ingresou na Orde da Mercé en 1222 e participou en varias redencións.[1] Na súa última redención, quedou como parte de pago para a liberación dalgúns cativos, pero o diñeiro para o seu rescate non chegou a tempo. O 14 de novembro de 1240, baixo o reinado de Abu Muhámmad ar-Rashid, foi martirizado polos sarracenos, quen lle ataron a unha cruz en forma de aspa e arrincaron os intestinos; logo cortáronlle as extremidades. É protomártir da orde mercedaria.[2]

Canonización e culto[editar | editar a fonte]

En 1743 foi inscrito no catálogo dos santos. A súa festividade celébrase o 14 de novembro. É considerado o patrón dos enfermos e da cidade de Azul (Buenos Aires), e a devoción a el fixo recorrente o uso do aceite que leva o seu nome, para os padecementos na zona abdominal.

Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia é venerado en Conxo (Santiago de Compostela).[3][4][5][6] Na obra de teatro Doentes, de Roberto Vidal Bolaño, é a talla coa que carga o personaxe don Valeriano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 https://web.archive.org/web/20090114212526/http://www.orderofmercy.org/Saints.htm#stserapion
  2. http://www.angelfire.com/planet/avemaria/mercy/serapion.html
  3. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-01. 
  4. "...Cuando las fiestas de San Serapio eran uno de los actos principales de las fiestas del barrio". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-12-01. 
  5. Reboyras, Arturo. "Duerme en una casa de Conxo desde la Guerra Civil la imagen de San Serapio". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-12-01. 
  6. Marco, Luis Negro. "De Serapis a San Serapio". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-12-01.