Alexandra Fernández Carnero
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1965 Caracas |
| Actividade | |
| Ocupación | directora artística, director de fotografía |
| Familia | |
| Pai | Emilio Fernández Celeiro |
Alexandra Fernández Carnero, nada en Caracas en 1965[1], é unha directora artística galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do pintor Emilio Fernández Celeiro. Deseñadora gráfica, arquitecta pola Facultade de Arquitectura e Urbanismo de Caracas (1991), participou no obradoiro de Deseño de Escenografía no Anatoli Goldberg - Instituto de Teatro de Caracas. Ten un mestrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos pola Universidade da Coruña (2003).
Iniciou a súa carreira en Venezuela, con obras como Amber Room, Vulcanteufel e Brenda. Chegou a Galicia en 2001 e comezou a traballar no audiovisual (longametraxes cinematográficas, telefilmes e series para a TV) e desenvolveu traballo publicitario. Desde finais dos anos noventa foi axudante e responsable da dirección artística de varias películas.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Mestre Mateo 2011 á dirección artística por Doentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alexandra Fernández". Pintores Gallegos. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2020. Consultado o 09 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no AVG Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.