Saltar ao contido

Bieito Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBieito Romero

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Bieito Romero Copo Editar o valor en Wikidata
3 de outubro de 1964 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Membro de
InstrumentoGaita galega, acordeón e zanfona Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2055793 BNE: XX1261772 Editar o valor en Wikidata

Bieito Romero Copo, nado na Coruña[1] o 3 de outubro de 1964,[2] é un gaiteiro, multiinstrumentista, compositor, produtor musical e investigador galego, membro fundador do grupo Luar na Lubre.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bieito Romero naceu na Coruña, aínda que ten raíces na Ribeira Sacra ourensá (Xunqueira de Espadanedo e Esgos).[2][3] A súa afección pola música comezou de moi novo, interesado polas músicas tradicionais e de raíz de Galiza e dos países celtas. Con trece anosref name="canela"/> iniciouse coa gaita galega malia a dificultade que supuña avanzar musicalmente naqueles momentos para este tipo de música.

Aos poucos anos creou, canda outros músicos coruñeses, formacións musicais nas que desenvolvía a súa aprendizaxe, como Adro, Neboeiro ou Roi Xordo, coas que fixo varias actuacións.

No ano 1985, e xa cunha formación musical máis madura, creou Luar na Lubre, grupo co que acadou o maior dos seus éxitos, logrando traspasar fronteiras, conseguindo premios, vendas e recoñecemento coma ningún grupo galego fixera antes.[4] Tamén ese ano participou na primeira edición do Trofeo Macallan, no Festival Intercéltico de Lorient, logrando o segundo posto.[5]

Paralelamente a Luar na Lubre, participa en distintas formacións folclóricas e etnográficas de recoñecido prestixio, como o grupo de música e bailes tradicionais Xacarandaina ou o Ballet Galego Rei de Viana, nos que desenvolveu un importante labor no eido musical.[2]

Foi profesor de gaita durante moitos anos, chegando a formar a Banda de Gaitas Os Rexumeiros, na que participaban prestixiosos gaiteiros alumnos da súa escola, como Susana Seivane, Brais e Iago Maceiras, Luisa Sarmiento ou Xan Xove.

Compositor de máis de 200 temas, foi versionado por diferentes grupos e mesmo un dos seus temas, "O Son Do Ar", foi adaptado polo músico británico Mike Oldfield, sendo o tema que abre o seu CD Voyager, converténdose probablemente na canción de orixe galega máis versionada no mundo.[2][6]

Colaborou con diferentes grupos e de moi distintos estilos como Mägo de Oz, Lucía Pérez, Cómplices, Pablo Bicho, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Ghandi, Briganthya ou Brandania.

Foi produtor de todos os traballos discográficos de Luar na Lubre e traballou con artistas de diferentes estilos que teñen colaborado nos seus discos como Hevia, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Lila Downs, Adriana Varela, Donal Lunny, Mairtin O'Connor, Nollaig Casey, Diana Navarro, Pat Kilbride, Miguel Ríos, Víctor Manuel, Coral de Ruada, Nani García, Sés, Marisa Valle Roso, Miro Casabella etc.

No ano 2010, e por encarga da produtora de cine Filmanova, compuxo e gravou a banda sonora da película Doentes, baseada na novela de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Gustavo Balza.[7]

Na actualidade, o seu traballo céntrase en Luar na Lubre á vez que dirixe en Radio Voz o programa Un Mundo De Músicas, dedicado ás músicas étnicas de todo o planeta.[8]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Luar na Lubre

[editar | editar a fonte]
* O Son do Ar (1988)
* Beira Atlántica (1990)
* Ara Solis (1993)
* Plenilunio (1997) Disco de ouro
* Cabo do mundo (1999) Disco de ouro
* XV Aniversario (2001)
* Espiral (2002)
* Hai un paraíso (2004)
* Saudade (2005)
* Camiños da fin da terra (2007)
* Ao Vivo (2009) 2 CD+DVD
* Solsticio (2010)
* Mar Maior (2012)
* Sons da Lubre nas Noites de Luar (2012)
* Extramundi (2015)
* XXX Aniversario (2016)
* Ribeira Sacra (2018) CD+DVD
* Vieiras e Vieiros, historias de peregrinos (2020)
* Luar Na Lubre XX - Encrucillada (2023) Libro+CD

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • Con Xacarandaina: "Xacarandaina" (1990).
  • No L.P. de Finalistas do Trofeo Fin de Siglo interpretando a Xota dos 28 puntos e a Muiñeira de Fumaior (1991).
  • Co Grupo de Gaitas do IGAEM (1993).
  • Con Ghandi, "Xacobeo ya estoy aquí", no LP Airiños de Rock and Roll (1993).
  • Cos Diplomáticos de Monte Alto: "Terra Brava", no LP Arroutada 2 (1993).
  • Con Pablo Bicho, "Home de Verés", no CD Las cosas llegan (1998).
  • Con Brandania, "Nau", no CD El primer viaje (2001).
  • Con Cómplices, "María y las caracolas", no CD Cómplices a veces (2002).
  • Con Briganthya, "Trigallia", no CD Viaje de bruxas (2005).
  • Con Mägo de Oz, "Creo" e "La cantata del diablo", no CD 2 Gaia 2, la voz dormida (2005). CD 2 Runa Llena La ciudad de los árboles (2007).
  • Con Mago de Oz, " A Marcha das Meigas" no seu traballo "Hechizos, pócimas y brujería" do ano 2012.
  • Con Lurte no CD "La última frontera" do ano 2013.
  • Con Luis Emilio Batallán en "Quén poidera namorala" para a banda sonora de "Pradolongo" dirixida por Ignacio Vilar.
  • Con Kepa Junkera en "Pousa" no CD "Galiza" do ano 2015.
  • Con Andrés Penabad en "Álgora" do seu CD "Crossing" do ano 2015.
  • Con Xulio Lorenzo no tema "Saudades" do seu CD "Cantos da ialma".
  • Con Astarot nos temas "Cantar de Romasanta", Chove en Santiago" e "Camariñas" do seu traballo "Baixo a luz de Breogán"
Bieito Romero con Luar na Lubre.

Audiovisual con Luar na Lubre

[editar | editar a fonte]

Videoclips

[editar | editar a fonte]
  • "Tu Gitana" (1997).[9]
  • "Chove en Santiago" (1999).[10]
  • "El derecho a vivir en paz" (2002).[11]
  • "Os animais" (2007).[12]
  • "Deja de llorar" (2008) Colaboración con Mago de Oz.[13]
  • "La Molinera" (2015).[14]
  • "The sailors hornpipe - Pasacorredoiras" (2016).[15]
  • "Os tafenos da gaurra" (2018)[16]
  • "Dum Pater Familias" (2020)[17]
  • "Romeiro ao lonxe" (2023)[18]

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Xeometrías máxicas de Galicia, traballo etnográfico baseado nas formas xeométricas da arte popular galega, dende a época celta ata hoxe en día. Publicado no ano 2009 pola editorial Ir Indo.
  • Simboloxía máxica en Galicia (2019). editado ano 2019 por Baía Edicións compilatorio de fotografías sobre simboloxía acompañado dun C.D. de músicas compostas polo autor e interpretadas por Luar na Lubre.[22]
  • Revista Grial nº 173, artigo sobre "A música galega na emigración". Editado no ano 2007.
  • Conjuro, de Ana M. Rodriguez Edo. Ano 2012. Libro prologado.
  • O Son do Ar, serie de artigos curtos para La Voz de Galicia.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 9 "premios da música" concedidos pola SGAE en diferentes modalidades.[23]
  • 2 premios "Luar" da TVG.
  • 2 discos de Ouro por vendas superiores a 50.000 copias nos seus traballos Plenilunio e Cabo do mundo.
  • Premio "Ideal Gallego" ao mellor grupo folk galego.[23]
  • Premio "La Opinión" ao mellor CD de Folk no ano 2012.
  • Gaiteiro de honra no 1º Festifolk Costa da Morte no ano 2015.
  • XVI Premio "Nordes" outorgado por Radio Nordés / Cadena Ser - Costa da Morte. Ano 2015.
  • Fillo Adoptivo de Esgos. Ano 2019.[24]
  • "Vieira de honor á calidade artística" outorgado pola Enxebre Orde da Vieira - Galegos en Madrid.
Ano Categoría Título Resultado
2004 Mellor música orixinal Un bosque de músicas Gañador
2011 Mellor música orixinal Doentes Nomeado
  1. "Bieito Romero, miembro de Luar Na Lubre: "Después de cuarenta años, seguimos con la misma energía"". Diario de Navarra. 16 de marzo de 2025. Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Bieito Romero en Editorial Canela". Editorial Canela. Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  3. "Bieito Romero: "O meu ADN ten castañas da Ribeira Sacra"". Faro de Vigo. 12 de xullo de 2023. Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  4. "Bieito Romero: «Unha das grandes taras da música galega son as fronteiras»". La Voz de Galicia. 14 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  5. phottic.com (ed.). "Tocando en Lorient (Trofeo Macallan)". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  6. Luar na Lubre (ed.). "O SON DO AR - Luar Na Lubre". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  7. "Doentes". luarnalubre.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 27. 
  8. "Bieito Romero inicia hoy en Radio Voz el programa «Un mundo de músicas»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de maio de 2003. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  9. Warner Music Spain (ed.). "Luar Na Lubre - Tu gitana (Ao Vivo)". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  10. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - Chove en Santiago". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  11. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - El derecho a vivir en paz". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  12. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - Os animais". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  13. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - Deja de llorar". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  14. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - La Molinera". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  15. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - The sailors hornpipe - Pasacorredoiras". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  16. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - Os tafenos da gaurra". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  17. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - Dum Pater Familias". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  18. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - Romeiro ao lonxe". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  19. Luar na Lubre (ed.). "Luar na Lubre - Un Bosque de Música". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  20. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - Doentes". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  21. Luar na Lubre (ed.). "Luar Na Lubre - Torre de Breoghán". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  22. "Simboloxía máxica en Galicia". Baia Edicións. Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  23. 23,0 23,1 luarnalubre.com (ed.). "Luar na Lubre - O grupo". Consultado o 10 de outubro de 2025. 
  24. depourense.gal (ed.). "Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre, fillo adoptivo do Concello de Esgos". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 28 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]