Germán Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Germán Díaz
Germán Díaz López 01.JPG
Germán Díaz en 2015
Nome completoGermán Díaz López
Nacemento13 de decembro de 1978 (40 anos)
OrixeValladolid, España
OcupaciónZanfonista e compositor
Instrumento(s)Zanfona
Na rede
www.germandiaz.jimdo.com/
editar datos en Wikidata ]

Germán Díaz, nado en Valladolid (Castela e León) o 13 de decembro de 1978, é un músico español afincado en Arneiro (Cospeito)[1] que destaca como zanfonista, sendo considerado como un dos intérpretes deste instrumento máis innovadores de Europa,[2] chamado por algúns "O Jimi Hendrix da zanfona".[3] Ao longo da súa traxectoria ten tocado en numerosos países de todo o mundo. Destaca pola súa fusión da música tradicional co jazz, xénero no que destacan as súas colaboracións co contrabaixista galego Baldo Martínez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Díaz tocando a zanfona.

Germán Díaz naceu en Valladolid en 1978, cursando os seus estudos musicais na capital castelá-leonesa na especialidade de guitarra clásica, así como Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid e o Curso de Postgrao de Especialista Universitario en Estudos sobre a Tradición. Posteriormente estudou zanfona con mestres como Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin, ou Valentin Clastrier entre outros.

En 1996 gañou un concurso de canto tradicional que promovía a Xunta de Castela e León, e decidiu empregar os cartos do premio en comprar no único instrumento decente que se axustaba ao seu presuposto, unha zanfona de segunda man que vendía Carlos Beceiro, do grupo folk La Musgaña. Comezou a súa formación zanfonística da man do seu tío, o etnógrafo e folclorista Joaquín Díaz, e o cantautor berciano Amancio Prada.[2] Froito do seu labor de recompilación e difusión da música tradicional, recibiu en 1999 o premio Racimo de Oro da música.

Germán Díaz foi o único zanfonista do Estado español que perteneceu á Viellistic Orchestra, unha orquestra de zanfonas francesa integrada por algúns dos mellores zanfonistas do mundo e que desaparecería no ano 2004. Trala desaparición da agrupación francesa, Germán, formou un dúo xunto co director artístico da orquestra, Pascal Lefeuvre, amais de cofundar o Symphonía Quartet, e o cuarteto ibérico de zanfonas, xunto con Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre. Ese mesmo ano creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras xunto con Fernando Fuentes, prestando especial atención aos traballos de novos zanfonistas.

Representou a Castela e León no PopKomm de Berlín (Alemaña) en 2005, ao ano seguinte foi escollido para representar o Estado español no 27º Festival da Unión Europea de Radiodifusión celebrado en Finlandia, e en 2009 foi seleccionado pola Embaixada Española para representar ao país nas prestixiosas European Jazz Nights en Oslo (Noruega). Ese mesmo ano recibiu o premio á mellor banda sonora no Festival de Cortometrajes La Fila, por Artículo 349.

O músico aparece citado na novela de Domingo Villar Ollos de auga (2006).

Foi declarado “Mellor artista 2014” polos XIV Premios Opinión (A Coruña)

Nos Premios Mestre Mateo 2018 levou o galardón á mellor musica orixinal pola banda sonora de Dohgs[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Grupo Selo
2003 Zona Acústica Baldo Martínez cuarteto acústico Xingra
2003 Poesía Necesaria, IV Congeso Internacional de la Lengua Deputación de Valladolid VVAA
2003 El suéter de Claudia Germán Díaz Fonomusic Dro Warner
2004 Sin título Rao Trío Producciones efímeras, nube 1001
2005 Dúo de fuego Germán Díaz e Pascal Lefeuvre CDf80
2008 Pi (o sea, Pi) Germán Díaz Producciones efímeras, nube 1001
2009 Músicas populares de la guerra civil Antonio Bravo e Germán Díaz Producciones efímeras - nube 1001
2010 Nube de nanas para ASPACE Varios autores Producciones efimeras - nube 1010
2014 Método Cardiofónico Germán Díaz Producciones efímeras ‎– nube 1011
2014 Oh Trío. Cancionero Gallego Germán Díaz Producciones efímeras - nube 1012
2016 Músicas populares de la gran guerra Brigada Bravo & Díaz Producciones efímeras - nube 1012
2018 Trece cancións bonitas Germán Díaz e Benxamín Otero Producciones efímeras - nube 1015

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Ano Título Grupo Selo
1995 En clave de folk Albehaca GAM
1998 Del romancero segoviano Nuevo Mester de Juglaría RTVE
1998 Siete modos de guisar las berenjenas María Salgado Nubenegra
1998 Bichito César Cuenca Tin records
1999 Romances del cid Joaquín Díaz PNEUMA
1999 I si…? Toni Xuclà Música Global
2000 Canciones Populares de Salamanca Gabriel Calvo Vaivén producciones
2000 ¡¿Peroquésexto?! La Carraca La fábrica de Ideas Música
2000 Andar andola Tradere La fábrica de Ideas Música
2001 A ti, querido cochino Nuevo Mester de Juglaría
2002 Romances españoles Joaquín Díaz Tecnosaga
2002 De tu puerta a la mía Salmantice
2002 Luneda Laio Muxxic
2002 Tornando al abellugu'l llar Brenga Astur Dro Warner
2003 Fronteira de cegoñas Anxo Rei Armando records
2003 Barrunto Acetre Promúsica
2003 La zanfona. La tradición Musical en España. La zanfona Tecnosaga
2003 Trazzeri Fratelli Mancuso Openfolk
2004 Parsifal goes to La Habana Gateway4M
2004 Gran rapsodia de aires populares de galicia Real banda de Gaitas RTVE
2005 Dendrolatrías Joaquín Díaz Factoría Autor
2005 Spain Where Music Lives Popkomm SGAE
2005 Un signe en Passant Maxime Piolot AIR
2005 Awen Magic Land Carlos Soto e María Desbordes Resistencia
2006 Abrecaminos María Salgado
2006 El Evangelio según mi jardinero Martín Buscaglia Love Monk
2006 Tangosophy Gorka Hermosa X-trañas grabaciones
2006 24 rosas Diana Navarro Warner Dro
2007 Dehesario Acetre Nufolk
2007 Medina sonora, Volumen 6 SUPER HÉROES
2008 Canciones Populares del S XVI de Francisco Salinas Joaquín Díaz CDf
2008 Alí Marcos Teira Autoedita
2009 Jaleos Orquesta nacional de jazz de España Sony/BMG
2009 El mundo no se acaba Aínda Several Records
2009 Projecto Miño Baldo Martínez Karonte
2009 Recopilación Joaquín Díaz CDf
2009 Benzón Guadi Galego Autoeditado
2010 Manual de seducción Marful
2010 Abrazo-Abraço María Salgado Unión Europea, FEDER
2011 Desparafusador de Gominola Pedro e Pablo Pascual Xunta de Galicia
2011 Folkidelia Folkidelia Autoproducido
2011 Fetén Fetén D. Galaz e Jorge Arribas Autoproducido
2011 Acróbata Fred Martins e Ugia Pedreira Lonxa Cultural
2012 Vilamor BSO Zeltia Montes
2012 BSO Damned by Despair Dan Jones National Theatre, Londres
2013 Miniaturas de Eugenio Granell Alejandro Vargas Folque
2019 Immersion Guadi Galego Altafonte Music

Bandas sonoras[editar | editar a fonte]

Germán Díaz tamén ten composto numerosas bandas sonoras para curtametraxes, obras teatrais e documentais:

  • Longametraxe: Dhogs (Andrés Goteira), Gaitafilmes / Pixel Films, 2017
  • Spot: Fp funciona (Alex Martin), RQR, 2011.
  • Documental sobre a obra teatral: Arte y Álbumes ilustrados (sobre a obra de Luis de Horna), A mano cultura, 2010.
  • Obra teatral: Construcións Clementina, Dígame?, Palimoco Teatro, 2009.
  • Curtametraxe: Os falantes (Eva Alfonso), 2010.
  • Obra teatral: Guyi Guyi, Periferia Teatro, 2009.
  • Obra teatral: Na(s)cer Cansado, sobre H. Michaux (Luciano Amarelo), 2009.
  • Curtametraxe: En mi memoria (Roberto Quintanilla), 2007.
  • Obra teatral: La Cama Voladora, Calamar Teatro, 2005.
  • Obra teatral: La estrategia de la luz (Adriana Argenta), Azar teatro, 2005.
  • Música para o Festival Internacional de las Artes de Castela e León, Fundación Siglo, 2005.
  • Curtametraxe de animación: A vista é soño, Miguel Lasangre, 2005.
  • Música para o pavillón español na Expo Aichi 2005, Nagoya (Xapón).
  • Obra teatral: Penas x amor perdidas (William Shakespeare), Mallo de Luna Teatro, 2004.
  • Obra teatral: Mucho ruido y pocas nueces (William Shakespeare) Regie: Lembit Peterson, 2003.
  • Obra teatral: Yes, puede ser...? (Marguerite Duras), La Nave Teatro, 2002.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "En Castela non hai cultura de aldea" Arquivado 03 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., entrevista en El Progreso, 31 de decembro de 2012.
  2. 2,0 2,1 "La zanfona impredecible", artigo en El País, 18 de xuño de 2005 (en castelán).
  3. Germán Díaz - Método cardiofónico en Cuadernos de Jazz
  4. "Premio #MestreMateo18 a mellor música orixinal: Germán Díaz por Dhogs". @TVGalicia. Consultado o 13 marzo 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]