Caíño tinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Caíño")

O caíño tinto é unha variedade autóctona galega e do Norte de Portugal de cepa uva tinta (Vitis vinifera) lixeiramente aceda, cultivada no Ribeiro e noutras comarcas, que lle dá ao viño un sabor agridoce.

Outros nomes cos que se coñece a esta variedade son amaral, azal tinto, caíño bravo, caíño cachón, uva caíña e caíño longo[1]. Na zona do Morrazo denóminase tinta femia. Inicialmente pensabase que eran dúas variedades diferentes pero foi demostrado que son a mesma utilizando técnicas de ADN[2].

Trátase dun bago de maduración serodia. O rendemento é baixo. Ten acios de tamaño mediano e non moi compactos. Os seus bagos presentan cor azul escura. Segundo a Orde APA/1819/2007, de 13 de xuño (BOE do día 21), a variedade caíño tinto, caíño bravo ou cachón está recomendada en Galicia. Utilízase na Denominación de Orixe Rías Baixas e tamén no Ribeiro, mentres que no norte de Portugal se cultiva coa denominación Borraçal[3]. Existe outra variedade branca, chamada caíño branco.

O viño que se obtén deste bago denomínase viño caíño, caíño ou tinto caíño.

Notas[editar | editar a fonte]