Saltar ao contido

Augardente de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augardente de Galicia
 Instancia de
 Subclase de
Localización
 País de orixe
Wikidata
Fío de augardente na produción tradicional

Augardente de Galicia (Denominación Xeográfica) (en castelán Orujo de Galicia) protexe a augardente elaborada a partir de bagazos de viños colleitados nos viñedos situados no ámbito xeográfico de Galicia.

Os produtos a protexer son: augardentes de bagazo, comercializadas ben no ano da súa obtención ou despois dun período de repouso, e augardentes de bagazo envellecidas que deberán permanecer en envases de madeira durante un período mínimo dun ano.

Son augardentes de aroma e sabor intenso, fino e delicado, exento de elementos estraños; incoloro e de aspecto transparente e limpo nas augardentes de bagazo e ambarino-torrdo nas augardentes envellecidas. A súa graduación alcohólica oscila entre os 37,5 e 50% Vol.

A Denominación Específica Augardente de Galicia é recoñecida en 1989. O primeiro regulamento da denominación específica Augardente de Galicia e do seu consello regulador é aprobado en 1993. O regulamento que actualmente está en vigor foi aprobado pola Xunta de Galicia o 16 de xaneiro de 2012 (orde do 3 de xaneiro de 2012)[1] no que se recollen os cinco produtos amparados: Augardente de Bagazo ou branca (aguardiente de orujo) [2], Augardente de Bagazo Envellecida [2], Augardente de herbas[3], Licor de herbas [4] e Licor café [5].

Territorio

[editar | editar a fonte]

A Denominación Específica abrangue todo o territorio de Galiza e todas a variedades de uva amparadas polas cinco denominacións de orixe de viño galegas. Hai, logo, nove subzonas tradicionalmente produtoras, con peculiaridades propias: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Val do Miño-Ourense, Betanzos, Ribeira do Ulla e Portomarín.

O ente certificador ten un total de 155 empresas inscritas, das que 131 son produtoras de augardente; 31 destiladoras; 38 elaboradoras/embotelladoras e 75 empresas comercializadoras. A produción rolda os 300.000 litros anuais.

Consello Regulador

[editar | editar a fonte]

O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia é o único órgano certificador de destilados de subprodutos viñateiros existente en España. Este órgano avala a calidade e maila orixe da Augardente de bagazo.

  1. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120116/AnuncioC3H1-050112-10774_gl.html
  2. 1 2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2014.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2014. Consultado o 23 de febreiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]