Pemento do Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pemento do Couto é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) denominación de orixe protexida, orixinaria da comarca coruñesa de Ferrolterra. Toman o seu nome do mosteiro do Couto (Narón), lugar onde os monxes comezaron a selección e cultivo destes pementos.

O derradeiro domingo do mes xullo, celébrase no concello de Narón a Festa do Pemento do Couto.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os pementos do Couto adoitan pesar entre 4 e 6 gramos por unidade, a súa unha lonxitude atópase entre os 4 e 8 cm e a súa anchura rolda os 2 cm. O seu pedúnculo mide entre 2 e 3 cm, sempre de menor lonxitude có froito, ríxido e normalmente recto ou cunha lixeira curvatura. A súa pel é de cor verde escura, con pouco brillo. O froito ten un espesor de entre 1 e 1,5 mm aproximadamente. No tocante ao sabor, este é doce, a diferenza doutros pementos coma os de Padrón, carece de picazón debido á ausencia de capsicina.

Zona xeográfica[editar | editar a fonte]

A zona de produción coincide coa de acondicionamento e envasado, estando constituída pola totalidade da comarca coruñesa de Ferrolterra, integrada polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]