David Hockney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Hockney
Nacemento9 de xullo de 1937
 Bradford
NacionalidadeReino Unido
Alma máterRoyal College of Art e Chelsea College of Art and Design
Ocupaciónpintor, gravador, fotógrafo, escenógrafo e debuxante
Coñecido/a porA bigger splash
Portrait of an artist (Pool with two figures)
PremiosPraemium Imperiale e Salón da Fama de California
editar datos en Wikidata ]

David Hockney, nado o 9 de xullo de 1937, é un pintor, debuxante, gravador, escenógrafo e fotógrafo inglés. É un dos maiores representantes da Arte pop da década dos 60, e un dos artistas británicos máis influíntes do século XX.

O seu estilo pictórico atópase estreitamente relacionado co sur de California, onde viviu e desenvolveu a súa obra entre 1963 e 2005.[1][2] Dende esta última data, Hockney posúe unha vivenda e estudo en Bridlington, Londres.

O 15 de novembro de 2018 a súa obra Portrait of an artist (Pool with two figures) foi vendida na casa de poxas Christie's en Nova York por 90,3 millóns de dólares, sendo a cifra máis alta que se pagou por unha obra de arte dun artista vivo.[3]

Traballo[editar | editar a fonte]

Hockney realizou estampados, retratos de amigos e deseñou escenografías para o Royal Court Theatre, o Festival de Glyndebourne, Teatro alla Scala e a Metropolitan Opera House en Nova York. O artista naceu con sinestesia e en consecuencia observa cores sinestéticas en resposta a estímulos musicais. Isto non se reflicte nas súas pinturas nin no seu traballo fotográfico, pero é un dos principios que utiliza para o deseño de escenografías para óperas e ballet; Hockney basea as cores do fondo e a iluminación nas cores que observa mentres escoita as pezas musicais.

Retratos[editar | editar a fonte]

Adicouse ó retrato en diferentes períodos da súa carreira. Dende 1968 pintou ós seus amigos, amantes e parentes a partir de fotografías. A presenza de Hockney queda implícita nestes retratos, xa que as liñas de perspectiva converxen de tal maneira que suxiren o punto de vista do artista.​ Hockney volta ós mesmos suxeitos en repetidas ocasións; os seus pais, o artista Mo McDermott, varios escritores que coñeceu, deseñadores de moda como Celia Birtwell e Ossie Clark, ó curador Henry Geldzahler, ó marchante de arte Nicholas Wilder, a George Lawson e a súa amante Wayne Sleep.

Cando Hockney chega a California, deixa de pintar con óleo e comeza a utilizar pintura acrílica, aplicándoa de maneira que esta quedara suave, plana e de cor brillante. En 1965, o taller de estampados Gemini G.E.L. achegouse ó artista para crear unha serie de litografías sobre Os Ánxeles. Hockney respondeu coa creación dunha colección de ready-made.[4]

Os joiners[editar | editar a fonte]

A comezos da década de 1980, Hockney comeza a producir joiners, que son collages feitos de fotografías,​ primeiro comezou usando impresións de Polaroid e subsecuentemente estampados de 35mm procesados comercialmente. Hockney creaba imaxes compostas utilizando fotografías feitas con película instantánea ou fotografías reveladas dun só suxeito ordenadas de maneira irregular.​ Unha das súas primeiras foto montaxes foi un da súa nai. Debido a que as fotografías están tomadas dende diferentes perspectivas e en momentos lixeiramente distintos, o traballo resultante é afín ao cubismo (unha das metas de Hockney), nunha reflexión de como traballa a vista humana. Algunhas pezas son paisaxes, como Pearblossom Highway #2,​ outras son retratos, Kasmin 1982,​ e My Mother, Bolton Abbey, 1982.

A creación dos joiners ocorreu accidentalmente. El deuse conta que os fotógrafos de finais da década de 1960 estaban utilizando lentes angulares. A el non lle gustaban estas fotografías porque víanse un tanto distorsionadas. Mentres traballaba nunha pintura dunha sala de estar e terraza en Os Ánxeles, fixo varias fotografías Polaroid e pegounas xuntas sen a intención de que resultaran nunha composición. Ao observar a composición final deuse conta que creara unha nova narrativa: era coma se o espectador se movera a través do cuarto. Comezou a traballar mais coa fotografía despois do seu descubrimento e deixou de pintar por un tempo para desenvolver esta nova técnica. Frustrado coas limitantes da fotografía e o seu enfoque unilateral, regresou á pintura.

Traballo tardío[editar | editar a fonte]

Exposición adicada ós retratos de David Hockney na National Portrait Gallery de Londres.

En 1976, no Atelier Crommelynck, Hockney creou un portafolio de 20 gravados en augaforte. Esta colección titulouse "A Guitarra Azul: gravados en Augaforte por David Hockney, inspirado por Wallace Stevens, quen se inspirou en Pablo Picasso". Os gravados refírense a temas do poema de Wallace Stevens, "The Man With The Blue Guitar" (O home coa guitarra azul). Este poema foi publicado por Petersburg Press en outubro de 1977. Ese mesmo ano, Petersburg tamén publicou un libro no cal o poema estaba ilustrado cos gravados.

En 1985 encargáronlle o deseño da coberta e algunhas páxinas para a edición francesa de decembro da revista Vogue. De acordo co seu interese no cubismo e a súa admiración a Pablo Picasso, Hockney elixiu pintar a Celia Birtwell (quen aparece en varias das súas obras) dende diferentes puntos de vista, coma se o ollo escaneara a súa cara diagonalmente.

En decembro de 1985, Hockney utilizou o Quantel Paintbox, un programa de ordenador que lle permitía ao artista debuxar directamente na pantalla. Utilizar este programa era semellante a debuxar en PET film (biaxially oriented) para a creación de estampados, área na que tiña moita experiencia. O traballo resultante foi exposto nunha serie da BBC que perfilaba a varios artistas.

As súas obras foron utilizadas na portada do directorio telefónico British Telecom para Bradford en 1989.

Hockney volvía con mais frecuencia a Yorkshire na década dos noventa, cada tres meses, para visitar a súa nai, que finou en 1999. En raras ocasións quedaba por mais de dúas semanas, ata que en 1997 o seu amigo​ Jonathan Silver, que se encontraba en estado terminal, alentouno a capturar as súas contornas locais. Ao principio, realizou estas pinturas baseandose nas súas lembranzas (algúns da súa infancia). Hockney volvía a Yorkshire e quedábase cada vez mais tempo, para o 2005 atopábase pintando o campo ó aire libre.​ Comprou unha residencia e un estudio xigantesco ao lado do mar na aldea de Bridlington, a 75 millas de onde nació.​ As pinturas a base óleo que realizou a partir do 2005 estaban influenciadas polos seus estudos intensos en acuarela (2003-2004). Creou pinturas feitas a base de varios lenzos de menor tamaño: nove, quince ou mais. Para auxiliarse a visualizar a esa escala, utilizou reproduccións fotográficas dixitais. Ao final de cada día, o traballo realizado era fotografiado e Hockney levabase unha copia impresa a súa casa.[5]

En xuño de 2007, a pintura mais grande de Hockney: Bigger Trees Near Warter, foi colgada na galería mais grande da Royal Academy na súa exhibición anual de verán.​ Está pintado sobre 50 lenzos individuais, e a maior parte fora pintado in situ ó longo de cinco semanas o inverno anterior.​ No 2008, donou a pintura á Tate Gallery de Londres, dicindo: "pensei que se quería darlle algo ao Tate, tiña que ser algo moi bo. Vai a estar aí por moito tempo. Non quero darlles algo do que non estea completamente orgulloso ... creo que esta é unha boa pintura porque é de Inglaterra ... parece ser o correcto."

Dende 2009, Hockney pintou centos de retratos, bodegóns e paisaxes utilizando a brushesapp para iPhone​ e iPad​ e soe mandar estas obras ós seus amigos.​ Na Fondation Pierre Bergé de París, realizouse o show Fleurs fraîches (Flores Frescas). Esta exhibición inaugurouse no 2011 no Museo Real de Ontario de Toronto e presentou mais de 100 dos seus debuxos en 25 iPads.​ A finais de 2011, Hockney visitou California para pintar o Parque nacional de Yosemite no seu iPad. Para a temporada 2012-2013 da Vienna State Opera, deseñou no seu iPad unha pintura a gran escala (176 metros cadrados) como parte de unha exhibición chamada "Cortina de Seguridade".

Deseño de escenografías[editar | editar a fonte]

O primeiro deseño de Hockney para unha ópera realizouse a base de gotas pintadas. Empregouse para a obra The Rake's Progress de Stravinsky na Glyndebourne Festival Opera en Inglaterra (1975) e para A frauta máxica (1978).[6]​ En 1981, accedeu a deseñar a escenografía e os vestiarios para tres obras francesas do século XX na Metropolitan Opera House, tituladas Festa. As obras foron: Parade, un ballet con música de Erik Satie; As tetas de Tiresias, unha obra cun libreto de Guillaume Apollinaire e música de Francis Poulenc, e O neno e os sortilexios, unha ópera cun libreto escrito por Colette e música de Maurice Ravel.​ Deseñou sets para a obra Turandot de Puccini en 1991 na Opera lírica de Chicago e para a obra de Richard Strauss, A muller sen sombra en 1992 na Royal Opera House en Londres. En 1994, deseñou os vestiarios e escenografía de doce operas arias para Plácido Domingo na Operalia da Cidade de México.

Coleccións[editar | editar a fonte]

Moitas das obras de Hockney están situadas en Salts Mill, en Saltaire, cerca da súa cidade natal, Bradford. Outro gran grupo de obras está en mans da Fundación David Hockney. O seu traballo atópase en numerosas coleccións públicas e privadas en todo o mundo, que inclúen:

Fundación David Hockney[editar | editar a fonte]

No 2012, Hockney, transfiriu pinturas valoradas en 124.2 millóns de dólares á fundación que leva o seu nome, e donou 1.2 millóns de dólares en efectivo para axudar a financiar as operacións da fundación. O artista pensa regalar as súas pinturas a galerías coma Los Angeles County Museum of Art e o Tate Modern en Londres a través da fundación.[7]

Hockney na cultura popular[editar | editar a fonte]

Moda[editar | editar a fonte]

No ano 2005, o director creativo de Burberry, Christopher Bailey centrou toda a súa colección primavera/verán de home arredor do artista e no 2012, a deseñadora Vivienne Westwood, amiga próxima ó artista, nomeou unha chaqueta na súa honra.​ No 2011 a revista GQ británica nomeouno un dos 50 con mais estilo da Gran Bretaña e en marzo de 2013 The Guardian listouno como un dos "50 mellor vestidos de 50 anos".[8]

Cine e televisión[editar | editar a fonte]

Hockney foi o tema principal da película A Bigger Splash de Jack Hazan en 1974, chamada así pola pintura mais famosa da serie de piscinas de Hockney. Tamén serviu de inspiración para o artista Billy Pappas no documental Waiting for Hockney do 2008, que debutou no Festival de cine de Tribeca do 2008.[9]

No terceiro episodio da primeira tempada da serie The Sopranos, Tony Soprano e Irina Peltsin discuten unha pintura dunha piscina que lle lembraba a David Hockey.

Literatura[editar | editar a fonte]

David Hockney: A Rake's Progress é unha biografía do artista dende 1937 ata 1975 polo escritor e fotógrafo Christopher Simon Sykes en 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Hockney (arquivada en Wayback Machine)". The J. Paul Getty Museum (en inglés). 
  2. "About the exhibition (arquivada en Wayback Machine)". Royal Academy of Arts (en inglés). 
  3. Addley, Esther (16 de novembro de 2018). "David Hockney painting earns record $90.3m for living artist". The Guardian (en inglés). 
  4. "A Hollywood Collection (S.A.C. 41-46; Tokyo 41-46)". Christie's. 
  5. "The worlds of David Hockney". Los Angeles Times (en inglés). 6 de decembro de 2009. 
  6. "David Hockney Is Back in Opera, With a Few Ifs, Ands and Buts". The New York Times. 1991. 
  7. "David Hockney art gifts win him top rank in British philanthropy". Los Angeles Times (en inglés). 1 de maio de 2012. 
  8. Cartner-Morley, Jess. "The 50 best-dressed over-50s – in pictures". The Guardian (en inglés). 
  9. "Waiting for Hockney (2008)". IMDb.