Quinton Ross
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1981 (43 anos) Dallas, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Justin F. Kimball High School (en) Universidade Metodista do Sur | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 88 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | - 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Quinton Lenord Ross, nado o 30 de abril de 1981 en Dallas, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos New Jersey Nets da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 metros xoga na posición de aleiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Tras liderar ao Instituto Kimball á final do campionato estatal, Ross asistiu á Universidade Southern Methodist, onde se graduou en económicas. Xogou catro anos en SMU, facendo 14,8 puntos, 5,5 rebotes e 1,9 asistencias en 119 partidos, finalizando cuarto en anotación (1.763) na historia da universidade, terceiro en triplas conseguidas (170) e tiros libres (443), quinto en tapóns (81) e sexto en roubos de balón (153). Coma sénior, foi nomeado mellor xogador da Western Athletic Conference e elixido no mellor quinteto da mesma, ademais de All-American e de rematar 37º en anotación en toda a nación, con 20.3 puntos por partido.
NBA
[editar | editar a fonte]Ao non ser elixido no Draft da NBA, Ross tivo que irse a xogar ao Telindus BC Oostende de Bélxica, onde fixo 16,7 puntos e 4,8 rebotes. Na tempada 2004-05, asinou un ano de contrato con Los Angeles Clippers, cos que xa realizara a pretempada en 2003.
Na súa primeira campaña na NBA asinou 5,1 puntos, 2,7 rebotes e 21,3 minutos en 78 partidos, 19 deles de titular. Debido á súa gran defensa no perímetro, comezou a ser asiduo no quinteto inicial dos Clippers, aparecendo dende o principio en 45 partidos da tempada 2005-06, na que fixo 4,7 puntos e 2,5 rebotes. O 17 de xaneiro de 2007, Ross realizou o seu mellor partido ata a data, anotando 24 puntos ante Golden State Warriors. Por entón, a súa actuación máis destacábel eran os 18 puntos que lles anotou aos Phoenix Suns no sexto partido das Semifinais de Conferencia en maio de 2006. O 26 de setembro de 2008 asinou polos Memphis Grizzlies, compartindo vestiario co seu curmán Darrell Arthur. O 8 de xullo de 2009 asinou un contrato cos Dallas Mavericks e o 13 de febreiro de 2010 foi contratado por Washington Wizards, e no verán dese mesmo ano por New Jersey Nets.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en NBA.com de Quinton Ross
- Estatísticas de Quinton Ross Arquivado 04 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
- Entrevista
- Fotos de Quinton Ross